A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
ACTIVIDADES
Foro Claridade: Os incendios en Galicia. Un problema sen resolver
O martes 14 de novembro, en Ourense, a Fundación Luís Tilve celebrou un novo debate do Foro Claridade para abordar a problemática dos incendios en Galicia. Deixámosvos as conclusións do mesmo.
O Concello de vigo subvenciona un proxecto da Fundación e fomenta o emprego.
O Concello de Vigo, a través do programa para o Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro 2017, subvenciona o proxecto de "Investigación, recompilación e dixitalización documental do movemento obreiro en Vigo" da Fundación.
OUTORGADOS OS PREMIOS DA LUÍS TILVE 2016
O acto público de entrega tuvo lugar o 29 de xuño en Santiago de Compostela 
A FUNDACIÓN LUÍS TILVE CELEBRA O SEU 25 ANIVERSARIO
A entidade, que xestiona o Arquivo Histórico do Movemento Obreiro e a Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo, conmemora os seus 25 anos cun acto.
Nova publicación "Entre a revolución e a reforma: Cuestión agraria e asociacionismo rural (1874-1939)"
Finalizado o I Congreso Nacional sobre Agrarismo en Santiago de Compostela celebrado o pasado mes de Xullo 2009, a Fundación Luis Tilve presenta a súa publicación das actas do congreso.
Organización dos novos fondos documentais do Arquivo Histórico do Movemento Obreiro
A Fundación Luís Tilve ven de desenvolver o proxecto de “Organización dos novos fondos documentais do Arquivo Histórico do Movemento Obreiro” coa colaboración da Subdirección Xeral de Arquivos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
CONVOCADOS OS PREMIOS FUNDACIÓN LUIS TILVE 2016
Os premios serán catro, denominados: “TRABALLO DIGNO”, “ACCIÓN SOLIDARIA”, “DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E DOS BENS COMÚNS” e “INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN HISTÓRICA”.
"Las maestras de la República" en Vigo
A FETE-UGT, coa colaboración da Fundación, presenta en Vigo un documental que recorda a historia das mestras republicanas.
ACTO CULTURAL EN HONOR DE XAIME QUINTANILLA, EN SANTIAGO
O 6 de maio, ás 7 da tarde, no salón de actos do Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar), celebrouse un acto en honor de Xaime Quintanilla, esquecido home das letras galegas.
Presentacion do libro "Largo Caballero. El tesón y la quimera".
A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica de A Coruña e o Ateneo Republicano de Galicia, coa participación do Presidente da Fundación Luís Tilve, organizan un acto de homenaxe ó autor Julio Aróstegui, coa presentazón da súa derradeira obra.

          1 2 3 4 5 6 7 8           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España