A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
ACTIVIDADES
Presentación do libro "Las Memorias olvidadas. Los desheredados de la Guerra Civil" en Ourense.
A Fundación Luís Tilve presenta a súa nova publicación en Ourense, o próximo mércores 29 de xuño, ás 20:10 horas, na librería Torga (R/ da Paz, 12).
Presentación do libro "Las memorias olvidadas".
O xoves 9 de xuño, ás 19:30 horas, na librería Couceiro, presentouse a última obra da Fundación: "Las memorias olvidadas".
Unha publicación conmemora o 80ª aniversario da Agrupación Socialista de Cambados
A Fundación Luís Tilve colabora coa Agrupación Socialista de Cambados na conmemoración do seu 80ª aniversario cunha publicación que recolle o seu periplo existencial.
Nova distribución do catálogo editorial da Fundación.
A Fundación mellora a súa distribución grazas ó apoio e ó acordo levado a cabo coa distribuidora de Editorial Galaxia.
Presentación do libro: "El ferrocarril en Galicia"
O 30 de marzo a FNTCM presentou o libro, editado pola Fundación, "El Ferrocarril en Galicia".
NOVA DOAZÓN DE LIBROS PARA A BIBLIOTECA DA FUNDACIÓN
A Biblioteca Especializada no Mundo do Traballo da Fundación recibiu a doazón da Biblioteca particular do líder obreiro Francisco Tilve.

A Fundación Luís Tilve e o PSdeG-PSOE subscriben un convenio para a xestión do Fondo Histórico Documental do Socialismo Galego
O venres 11 de marzo a Fundación Luís Tilve e o PSdeG-PSOE asinaron un convenio de colaboración para crear un fondo histórico documental do socialismo galego.

Solicitada unha placa conmemorativa para Mercedes Romero Abella
O Presidente da Fundación Luís Tilve e o Presidente da CRMH da Coruña, solicitaron unha placa conmemorativa para Mercedes Romero Abella na Coruña.

Pablo Iglesias en su tiempo. Cien años de socialismo parlamentario (1910-2010)
O pasado día 21 de decembro presentouse a nova publicación do Club de Prensa de Ferrol, sobre a figura de Pablo Iglesias, na que colabora a Fundación Luís Tilve.
Entrega dos Premios Luís Tilve en Pontevedra o 3 de decembro
A Fundación Luís Tilve fará entrega o próximo día 30 de novembro, ás 19 horas, no Teatro Principal de Pontevedra, dos seus Premios anuais: Traballo Digno, Acción Solidaria, Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns, Investigación e Divulgación Histórica

Anterior          1 2 3 4 5 6 7 8           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España