A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
ACTIVIDADES
Diccionario Biográfico del Socialismo Español
El Diccionario Biográfico del Socialismo Español, proyecto de investigación iniciado en el año 2006 por la Fundación Pablo Iglesias, puede consultarse en Internet en la www.diccionariobiografico.org
Homenaxe a Manuel Suárez, último alcalde republicano de Ourense
O vindeiro 27 de xullo, luns, Manuel Suárez será homenaxeado en Ourense
I Congreso Nacional sobre Agrarismo en Santiago de Compostela
O vindeiro mes de xullo terá lugar en Santiago de Compostela o I Congreso Nacional sobre Agrarismo: Entre la revolución y la reforma. Cuestión agraria y asociacionismo rural (1874-1939)
A Fundación Luís Tilve e o Consello da Cultura Galega asinan un Protocolo de Colaboración.
Presentación dun Libro sobre a Historia do asociacionismo pontevedrés
O 14 de abril en la Galería Sargadelos de Pontevedra presentouse un libro sobre o asociacionismo na comarca do Lérez.

A Fundación e a USC asinan un Convenio de colaboración
O 27 de febreiro a Fundación e a USC estableceron un acordo marco para a realización de diversas actividades en conxunto.
MESA REDONDA "POBREZA E EXCLUSIÓN SOCIAL"
A Fundación Luís Tilve organiza para o vindeiro 1 de outubro unha nova mesa redonda a redor do tema "Pobreza e Exclusión Social".
MESA REDONDA SOBRE A ECONOMÍA GALEGA
A Fundación Luís Tilve organizou unha mesa redonda sobre " A globalización e a economía productiva galega", o pasado día 24 de setembro, mércores, ás 19,30 horas, na Galería Sargadelos de Lugo.
XORNADA SINDICAL - A CORUÑA- SETEMBRO 2008
O día 19 de setembro a Fundación Luís Tilve xunto coa MCA-UGT de A coruña acolleron unhas xornadas sindicais, no Fórum Metropolitano da Cidade de A Coruña.
IX CURSO DE VERANO DE SANTANDER
Dos días 21 ó 24 de xullo de 2008 terá lugar o IX curso de Verán organizado pola universidade de Cantabria. Este ano leva por título REFORMISMO Y MODERNIZACIÓN. EL SOCIALISMO ESPAÑOL DURANTE LA SEGUNDA REPÚBLICA.

Anterior          1 2 3 4 5 6 7 8 9           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España