A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
ACTIVIDADES
Homenaxe a Nicolás Redondo
O 26 de outubro, ás 10:30 horas, no Hotel Monumento San Francisco (Campillo de San Francisco), a Fundación Luís Tilve, a Fundación Largo Caballero e UGT-Galicia renderon unha homenaxe ao ex Secretario de UGT, Nicolás Redondo.
"O Dereito a saber, a liberdade de investigar"

A Fundación Luís Tilve participa nas xornada que se celebrarán no Grove, do 19 ó 22 de setembro, que abordan o tema, de candente actualidade, das consecuencias da represión franquista en Galiza


"As vítimas do 36 en Galiza. Memoria e Paz para sempre"
A Fundación Luís Tilve foi invitada a participar no curso "As vítimas do 36 en Galiza", organizado pola Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo
Xornadas "El socialismo español hasta 1939. Balance historiográfico y perspectivas de investigación"

Entre os días 2 e 4 de xullo tivo lugar na Universidade de Alcalá de Henares un curso organizado pola Fundación Pablo Iglesias para tratar a historia do socialismo e a súa investigación, que contou coa colaboración da Fundación Luís Tilve.[fi

Inauguración do "FORO CLARIDADE"

O Foro comezou a súa andadura o mércores 27 de xuño, ás 20 horas, na Sala Sargadelos de Santiago


Entrega dos "Premios Luís Tilve 2007"

A Fundación Luís Tilve fará entrega, o día 22 de xuño, en Vigo, dos seus Premios do 2007 "Traballo Digno", "Acción Solidaria" e "Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns".


Curso: El socialismo español hasta 1939. Balance historiográfico y perspectivas de investigación

Dentro dos Cursos de Verán 2007 que organiza a Universidade de Alcalá, este ano ten o pracer de colaborar nun deles a Fundación Luís Tilve.


Presentación do Libro: "Alfonso Ortega Prada. Memorias"

A Fundación Luís Tilve presentou, o sábado día 21, ás 12 horas, na sede do Ateneo de Ourense (R/ Curros Enríquez, 1) a súa última publicación: "Alfonso Ortega Prada. Memorias".


Pronunciamento sobre o "Proxecto de Lei da Memoria Histórica"

A Fundación Luís Tilve, xunto a outras asociacións i entidades galegas da "Memoria Histórica", as cales conforman a INICIATIVA GALEGA POLA MEMORIA, ...


Acto: "Socialismo e República"

Con motivo da conmemoración do 76 Aniversario da II República, que tivo lugar o sábado 14 de abril, a Fundación Luís Tilve, xunto coa...


Anterior          1 2 3 4 5 6 7 8           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España