A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
ACTIVIDADES
Acto: "Socialismo e República"

Con motivo da conmemoración do 76 Aniversario da II República, que tivo lugar o sábado 14 de abril, a Fundación Luís Tilve, xunto coa...


(7 / II / 07) PRESENTACIÓN DOS PREMIOS LUÍS TILVE 2007, DA PÁXINA WEB E DO SEGUNDO NÚMERO DE "CLARIDADE".

A Fundación Luís Tilve presentou a segunda edición dos seus premios, dando comezo e recepción de propostas para os mesmos, segundo as bases que se poden consultar nesta mesma web...


(21/XII/06) REPÚBLICA E MOVEMENTO OBREIRO. Lalín.

A Fundación Luís Tilve e a Asociación Manuel Ferreiro celebraron unha conferencia, que viña a supoñer o último acto da Fundación...


(20/XII/06) REPÚBLICA E MOVEMENTO OBREIRO. Vigo.

    O día 20 de decembro, no salón de actos da UGT de Vigo celebrouse outro dos actos que a Fundación ven celebrando con motivo do ano da memoria...


(18/XII/06) REPÚLICA E MOVEMENTO OBREIRO. Vilagarcí de Arousa.

A Fundación Luís Tilve rendeu homenaxe aos homes e mulleres, especialmente aos arousáns que loitaron pola democracia e as liberdades, nun acto que...


(12-13-14/XII/06) ACTOS CONMEMORATIVOS DA DECLARACIÓN UNIVERSAL DOS DEREITOS HUMANOS.
A Fundación Luís Tilve, xunto a Amnistía Internacional, Coordinadora de Crentes Galegos, Coordinadora Galega de ONG's para o Desenvolvemento,...
(9/XII/06) OFRENDA FLORAL ANTE EL MONOLITO DE PABLO IGLESIAS. Ferrol.
O 9 de decembro tivo lugar no monolito de Pablo Iglesias en Ferrol, unha ofrenda floral polo aniversario do falecemento...
(25/XI/06) HOMENAXE AOS FERROVIARIOS REPRESALIADOS. Monforte.
A Fundación Luís Tilve e a UGT homenaxearon aos ferroviarios de Monforte que padeceron represión politica na Guerra Civil...
(22/XI/06) CONFERENCIA: MULLER E REPÚBLICA. OS DEREITOS DA MULLER DENDE A REPÚBLICA.
Coa finalidade de destacar a historia, moitas veces esquecida, da muller na etapa republicana, a Fundación levou a cabo unha charla...
(9-10-11/XI/06) CURSO OS ESPAZOS NATURAIS PROTEXIDOS AO SERVIZO DO CIDADÁN.
A Fundación Luís Tilve en colaboración co Foro Cuña Novás, organizou un curso sobre a importancia e os servizos que poden ofrecer os espazos...

Anterior          1 2 3 4 5 6 7 8           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España