A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
12 de Xuño:



Calcúlase que na actualidade, ano 2007, existen aproximadamente 246 millóns de nenas e nenos que traballan. Deles, case tres cuartas partes, o fan en situacións ou condicións de perigo, coma por exemplo, en minas ou manipulando produtos químicos ou pesticidas en tarefas agrícolas ou manexando maquinaria perigosas. Están en todas partes, pero non se lles ve: traballan no servizo doméstico en casas particulares, como obreiros tralos muros das fábricas ou ocultos á vista en plantacións.

A primeira edición de esta conmemoración celebrouse o 12 de Xuño do 2002 a instancias da Organización Internacional do Traballo para destacar o movemento mundial para eliminar o traballo infantil. Converteuse dende entón nunha oportunidade para reforzar e promover a vontade política e o compromiso dos gobernos e de diferentes actores sociais (escolas, universidades, medios de comunicación, ONGs, sindicatos, etc.) coa erradicación do traballo infantil.
A celebración converteuse nun dos momentos do ano no cal realizan esforzos simultáneos en diferentes países para chamala atención sobre a necesidade de coñecer e recoñecer a situación de explotación económica da infancia que padecen millóns de nenos e nenas.

Este ano 2007 dedícase o día os millóns de nenos en todo o mundo que traballan no campo, e por iso faise necesario traballar pola eliminación do traballo deses nenos e nenas na agricultura.

O Programa Internacional para a eliminación do traballo infantil (IPEC) da OIT, estima que mais de 100 millóns de rapaces e rapazas traballan en campos e plantacións de todo o mundo.

Durante o seu traballo, están expostos con frecuencia a perigos e riscos asociados á manipulación e aplicación de pesticidas tóxicos, o uso de ferramentas afiadas, a realización de tarefas baixo temperaturas extremas, a operación de vehículos e maquinaria pesada, entre outros.

Co obxectivo de fortalecer o movemento mundial contra o traballo infantil, a OIT lanza este 12 de Xuño unha nova alianza con cinco organizacións dedicadas á agricultura: a Organización de Naciones Unidas para la Agricultura y la Alimentación (FAO), o Fondo Internacional do Desarrollo Agrícola (FIDA), o Instituto Internacional de Investigaciones sobre Políticas Alimentarias (IFPRI), o Grupo Consultivo para a Investigación Agrícola Internacional (CGIAR), a Federación Internacional de Productos Agrícolas (FIPA), e o Sindicato Internacional de Alimentos, Agricultura, Hoteis, Restaurantes, Abastecimientos, Tabaco e Asociaciones de Trabajadores Aliada (IUF).

O obxectivo desta alianza é o desenrolo de estratexias, programas e actividades conxuntas en contra do traballo infantil na agricultura, tanto a nivel nacional coma internacional. As organizacións traballarán cos Ministerios de Agricultura, coas consellerías agrícolas, con institucións de investigación e outros organismos relacionados coas políticas agrícolas. No futuro será posible ampliar esta alianza para incluír a outras organizacións que se ocupan do sector agrícola.

A OIT destacou que tódalas nenas e nenos que traballan na agricultura poden ser considerados traballadores infantís baixo os termos dos Convenios Num. 138 e Num. 182, en referencia a quen pode estar realizando tarefas adecuadas para a súa idade e coma parte do proceso de desenrolo normal no medio rural.

O obxectivo da Organización Internacional do Traballo con respecto ó traballo infantil é lograr a eliminación progresiva de todas as súas formas no mundo. As peores formas de traballo infantil, incluíndo o traballo perigoso, a explotación sexual, a trata de nenos e tódalas formas de escravitude deben ser abolidas en forma prioritaria.

A OIT busca posicionar en forma estratéxica a eliminación do traballo infantil a nivel macro no desenrolo socioeconómico e no marco das políticas para a redución da pobreza dos Estados Membros. De esta forma a OIT, a través do IPEC, pon énfases nas necesidades de avaliar as dimensións e natureza do problema, no fortalecemento das capacidades institucionais, e na entrega de asistencia para o desenrolo e implantación de políticas nacionais.

Este ano destaca tamén a celebración do I Foro Español sobre Traballo Infantil que se celebrou en Madrid organizado pola Fundación Telefónica e a OIT. No informe presentado por esta reflexa que o mapa de explotación infantil mostra un planeta cultivado por nenos.

Estamos diante dun xigantesco "dumping social", é dicir, a inundación nos mercados internacionais de produtos elaborados incumprindo os mais elementais principios de Dereitos Humanos.

O Día Mundial contra o Traballo Infantil é conmemorado en todo o mundo o 12 de Xuño. A ocasión e oportuna para respaldar o movemento mundial contra o traballo infantil.

Confiemos que todos estes actos e celebracións, non queden só na labor dun día e se poida realizar un seguimento e solución a un problema impensable no século XXI.




Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España