A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
5 de Xuño:


O 5 de Xuño de cada ano celébrase en todo o mundo o Día Mundial do Medio Ambiente. Este día foi establecido en 1972 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, na súa Resolución 2994 (XXVII) do 15 de decembro de 1972 dando inicio desta forma, á Conferencia de Estocolmo, sobre Medio Ambiente Humano. Tamén ese día a Asemblea Xeral da ONU aprobou a creación do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente (PNUMA).

O Día Mundial do Medio Ambiente é un vehículo por medio do cal a Organización de Nacións Unidas sensibiliza á opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política.

Segundo o PNUMA, a idea de celebrar un Día Mundial do Medio Ambiente relaciónase coa necesidade de darlle unha cara humana e sensible ós problemas medioambientais.
Os obxectivos son darlle un contexto humano, motivar que as persoas se convertan en axentes activos do desenrolo sostible e equitativo, promover o papel fundamental das comunidades no cambio de actitudes cara temas ambientais, e fomentar a cooperación, a cal garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro mais próspero e seguro.

O tema elixido para o Día Mundial do Medio Ambiente 2006 foi "Desertos e Desertificación" e o lema ¡Non Abandones ós Desertos!. Este ano 2007 o tema escollido refírese Os Desxeos, e o lema O Desxeo- ¿Un tema candente?.
En apoio ó Ano Polar Internacional, o tema seleccionado do DMMA para o 2007, enfócase ós efectos que o cambio climático está tendo nos ecosistemas e comunidades polares, e as consecuencias ó redor do mundo.

As principais celebracións internacionais do Día Mundial do Medio Ambiente 2007 leváronse a cabo en Noruega, sendo as cidades de Troms e Oslo as que recibiron os principais eventos.

Este ano a problemática en torno o desxeo, produto do quentamento global, é crucial, tanto pola difusión internacional do tema como pola importancia que teñen os cambios locais do clima na súa manifestación global.

Coa celebración deste día, ano tras ano, preténdese sensibilizar e educar á poboación nun tema transversal ós eixes programáticos: que somos parte do noso medio ambiente, que a nosa acción cambia a paisaxe natural e artificial, e que polo tanto todos - en conxunto - e cada un - en particular - somos responsables polas consecuencias medioambientais dos nosos actos.

Preténdese coa celebración deste día darlle unha cara humana ós temas ambientais, motivando ás persoas a converterse en axentes de desenrolo sustentable e equitativo. Tamén se lles incita a promovelo, entendendo que as comunidades son un detonante para o cambio de actitudes cara temas ambientais.

Búscase unha sociedade que pretenda que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro mais próspero e seguro. O Día Mundial do Medio Ambiente é un evento no que participa a sociedade civil con múltiples actividades coma concentracións en calles, concertos ecolóxicos, ensaios e competencia de carteis en escolas, plantacións de árbores, campañas de reciclado e limpeza, etc.

En diferentes municipios de Galicia anúncianse concentracións para denunciar o deterioro dos espazos naturais. Na Coruña, este ano 2007, ademais, realizouse o sábado 9 de xuño, unha marcha ciclonudista para reivindicar a mobilidade sostible e denunciar a impunidade coa que os vehículos de motor desprázanse polos núcleos urbanos.
Outros actos a resaltar deste ano foron por exemplo as XII Xornadas do Día Mundial do Medio Ambiente, promovidas pola Universidade de Santiago de Compostela, así coma unha conferencia sobre as consecuencias do cambio climático que tivo lugar na Fundación Caixa Galicia tamén en Santiago.

Esta celebración serve tamén para que moitos países firmen ou ratifiquen convenios internacionais e, algunhas veces, establece estruturas gobernamentais permanentes relacionadas co manexo ambiental e planificación económica.



Protocolo de Kioto



O 11 de decembro de 1997 os países industrializados comprometéronse, na cidade de Kioto, a executar un conxunto de medidas para reducilos gases de efecto invernadoiro.  Os gobernos signatarios pactaron reducir en un 5,2% de media as emisións contaminantes entre 2008 e 2012, tomando coma referencia os niveis de 1990.
O acordo entrou en vigor o pasado 16 de febreiro de 2005, só despois de que 55 nacións que suman o 55% das emisións de gases de efecto invernadoiro o ratificaran. Na actualidade 166 países ratificaron o acordo.

O Protocolo de Kioto sobre o cambio climático é un instrumento internacional que ten por obxecto reducir as emisións de seis gases provocadores do quentamento global: dióxido de carbono(CO2), metano (CH4) e óxido nitroso (N2 O), ademais de tres gases industriais fluorados: hidrofluorocarbonos (HFC), perfluorocarbonos (PFC) e hexafluoruro de azufre (SF6), nunha porcentaxe aproximada dun 5%, dentro do período que vai dende o ano 2008 ó 2012, en comparación ás emisións ó ano 1990.

O obxectivo principal é diminuír o cambio climático de orixe antropoxénico, cuxa base é o efecto invernadoiro. Estase producindo o que se coñece como "Calentamiento Global": a temperatura media da superficie do planeta aumenta, e segundo a Comisión Europea sobre Kioto "estes cambios repercutirán gravemente no ecosistemas e nas nosas economías".

Estableceuse que o compromiso sería de obrigatorio cumprimento cando o ratificasen os países industrializados responsables de, ó menos, un 55% das emisións de CO2. Coas ratificacións de Rusia en novembro de 2004, despois xa de conseguir que a UE pague a reconversión industrial, así como a modernización das súas instalacións, o protocolo entrou en vigor.

Este instrumento encóntrase dentro do marco da Convención Marco das Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (CMNUCC), subscrita en 1992 dentro do que se coñeceu como a Cumbre da Terra de Rio de Janeiro.




Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España