A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
1º de Maio:
O 1º de Maio representa unha data emblemática para os traballadores, unha data coñecida por selo "Día Internacional dos Traballadores" e por ser a festa por antonomasia do Movemento Obreiro Mundial.   1.886: A ORIXE Para coñecer un pouco as orixes deste día tan sinalado habería que remontarse a finais do século XIX, concretamente ó ano 1886, cando unha folga pola xornada de oito horas estala de costa a costa dos EEUU. Só tendo presente o que ocorreu, e que a continuación intentaremos mostrar, adquire total significación a data designada desde entón coma "Día Internacional dos Traballadores". Remontándonos no tempo, temos que ter en conta que a situación laboral a mediados do século XIX nada tiña que ver coa actual. Naquela época tanto en Europa coma en Norteamérica nas emerxentes factorías industriais esixían ós obreiros traballar doce e ata catorce horas diarias, durante seis días á semana, incluso a nenos e mulleres, en faenas pesadas e nun ambiente insalubre ou tóxico. Esas pésimas condicións de traballo acaban calando na sociedade, e xa polo ano 1827 na cidade de Filadelfia rexístrase a primeira folga,do gremio dos carpinteiros. Pronto a axitación estendeuse a outros núcleos de traballadores e a diversas cidades de Norteamérica. O resultado desas primeiras folgas que marcan o nacemento do sindicalismo nos EEUU influíu primeiro no Goberno Federal antes que nos patróns. Os primeiros pasos estaban dados: en 1840, o presidente Martín Van Buren recoñece legalmente a xornada de 10 horas para empregados do goberno e para obreiros que traballan en construcións navais e nos arsenais. Pero a axitación obreira continuou. Dende o outro lado do mar chegaban noticias alentadoras: o Goberno inglés promulga unha lei no ano 1844 que reducía a sete horas diarias o traballo dos nenos menores de 13 anos e a doce o das mulleres. Nese ambiente reuniuse o 1º Congreso Sindical Nacional dos EEUU, o 12 de outubro de 1845, en Nova York; neste tomáronse as medidas concretas para coordinar a loita dos diferentes gremios e a que estaba levando a cabo en diferentes cidades. A axitación cobra novo impulso ó divulgarse, en 1848, a noticia de que uns obreiros dunha sociedade colonizadora en Nova Zelandia obtiveran a xornada de oito horas. Pero foi só a comezos de 1866, unha vez terminada a Guerra de Secesión, cando renaceu a loita por acurtar esta xornada laboral. Finalmente os esforzos da clase obreira norteamericana lograron modificar a actitude do goberno, xa que non a dos empresarios privados. En 1868 ditouse a Lei Ingersoll, pola que a xornada de oito horas pasaba a ser obrigación "legal" nos EEUU para obras públicas. Co estímulo de loitar por acurtar a xornada de traballo, as organizacións obreiras fóronse estendendo e fortalecendo. É destacable dentro deste contexto a posición que ocupaba Chicago dentro dos EEUU. Esta era a segunda cidade en extensión e albergaba centos de miles de traballadores, ó igual que acolleu a emigrantes vidos de todo o mundo o longo do século XIX. Será nesta cidade onde se van xerar os preparativos para a primeira folga xeral, do 1º de maio de 1886, cando dous anos antes reuniuse alí o IV Congreso da AFL (chamábase entón Federación de Sindicatos Organizados e Unións Laborais dos EEUU e Canadá). O obxectivo a corto prazo era alcanzar a xornada de oito horas, e a medio prazo, ir pregando o caldo de cultivo para a revolución social. Os obreiros norteamericanos recollían o legado da loita pola redución da xornada que se plasmara xa no Congreso da I Internacional en Ginebra no ano 1866. A convocatoria de folga do 1º de maio de 1886 nos EEUU saldouse cunha represión desmedida por parte das autoridades. Sómente na cidade de Chicago, a folga foi secundada por mais de 50000 obreiros. As autoridades e a burguesía déronse conta de que a axitación estaba tomando un cariz perigoso para eles. A policía comezou a perseguir ós manifestantes e ametrallar os obreiros durante a celebración dos mitins. Pero a resposta destes non se fixo esperar. Os mecanismos do real cambio púñanse en marcha: folga salvaxe e guerra social. Oito anarquistas foron detidos por aquel incidente. As detencións foron totalmente arbitrarias e os xuízos caracterizáronse por unha falta absoluta de probas. Pero aínda así firmaron sentencia de morte para cinco deles e cadea perpetua para os outros tres. As execucións provocaron unha reacción de protesta a nivel internacional. Todos os primeiros de maio dende entón serían aproveitados polos anarquistas, e por todos os obreiros en xeral, para recordar ós mártires axustizados, vítimas dos prexuízos e da represión policial. O 1º de maio pronto se convertería nun día reivindicativo, o día dos "Mártires de Chicago".   1889: O ACORDO DE PARÍS   O 1º de maio dende o seu establecemento na maioría dos países, (inda que o seu establecemento coma día festivo foi en moitos casos tardío), por acordo do Congreso Obreiro Socialista da II Internacional , celebrado en París no ano 1889, é unha xornada de loita reivindicativa e de homenaxe ós Mártires de Chicago que foron axustizados, coma queda dito, pola súa participación nas xornadas de loita pola consecución da xornada laboral de oito horas, que culminaron na folga do 1º de maio de 1886 nos EEUU, feito que foi a orixe de que dita celebración se celebre nesa data. Esta reivindicación foi emprendida por obreiros norteamericanos e inmediatamente adoptada e promovida pola Asociación Internacional dos Traballadores, que a converteu en demanda común do sector obreiro de todo o mundo.   1890: 1ª CELEBRACIÓN EN ESPAÑA Será nesta data cando se celebre por primeira vez en España o Primeiro de Maio, con manifestacións en Barcelona, Madrid e Bilbao. Ese mesmo ano iniciábase tamén en Ferrol a celebración do 1º de Maio, como Festa do Traballo, e xornada reivindicativa, lúdica e festiva, promovida polas diversas sociedades de oficio. Ese 1º de Maio aparece en Ferrol o primeiro número do periódico quincenal "El Obrero. Defensor de la clase obrera", que dirixe Francisco Fernández García. O ano seguinte aproveitase esa data do 1º de Maio para facer unha Folga Xeral en A Coruña, na cal reivindicaban a xornada laboral de 8 horas. En 1954, a Igrexa Católica, baixo o mandato de Pío XII, apoiou tacitamente esta xornada proletaria, ó declarar ese día coma festividade de San Xosé obreiro. Curiosamente nos EEUU non se celebra esta conmemoración. Alí celébrase o Labor Day , o primeiro luns de setembro. O presidente Grover Cleveland, auspiciou a celebración a setembro por temor a que a data de maio podería reforzar o movemento socialista nos EEUU. Na actualidade case todos os países democráticos rememoran o 1º de maio coma a orixe do movemento obreiro moderno. EEUU, Reino Unido e o Principado de Andorra, son os únicos países, do mundo occidental, que non o recordan. É curioso destacar que para os historiadores, un punto non está claro : ¿por qué se elixiu precisamente o 1º de maio coma data en que debería estalar a folga xeral en todos os EEUU? A explicación mais atendible é a que recorda que por ese entón o 1º de maio era a data en que debían renovarse os contratos colectivos de traballo, así coma outras obrigacións xerais, os arrendos de terra e convencións similares. Era o " moving- day" ( día de mudanza) norteamericano, equivalente ós compromisos de traballo que se iniciaban o día de San Xoán no sur de Francia por eses anos, ou en Nadal noutras rexións de Europa, ou no día de San Martín. Ademais, o ano designado (1886) daba o tempo suficiente para que os patróns foran advertidos e coñeceran as demandas e as consecuencias da súa negativa. Co inicio da Transición democrática normalízase a celebración do 1º de Maio por parte das organizacións sindicais, prohibidas perante o franquismo. Estes foron os lemas de carácter xeral para España empregados a partir do ano 1976. É preciso destacar que estes lemas son os mesmos para Galicia, pero con engadidos de algunhas reivindicacións de carácter galego. Os lemas do 1º de Maio (1976-2014)   1976: POR LA UNIDAD DE ACCION A LA RUPTURA SINDICAL. POR LA LIBERTAD SINDICAL A LA UNIDAD. ¡ VIVA LA UNION GENERAL DE TRABAJADORES ! ¡ VIVA LA CAUSA DE LA EMANCIPACION OBRERA ! 1977: POR LA LIBERTAD SINDICAL 1978: LA LUCHA SINDICAL CONTINÚA   1979: LA LUCHA SINDICAL CONTINÚA UGT por una política de pleno empleo, por los derechos sindicales y por la devolución del patrimonio sindical 1980: LA UNION GENERAL DE TRABAJADORES CONTRA LAS CAUSAS DEL PARO contra la ley básica de empleo del gobierno por la devolución del patrimonio sindical por un pleno derecho de huelga contra la política económica del gobierno ... y la lucha sindical continúa 1981: UNA PRIORIDAD: EL EMPLEO UNA TAREA: LA IMPLANTACIÓN SINDICAL UN OBJETIVO: LA CONSOLIDACIÓN DEMOCRÁTICA 1982: Y TU ¿CUANTOS SUELDOS COBRAS?. CONTRA EL PARO, SOLIDARIDAD 1983: POR UNA POLÍTICA DE SOLIDARIDAD 1984: SOLIDARIDAD MÁS QUE UNA PALABRA 1985: TODOS CONTRA EL PARO 1986: 100 AÑOS DE LUCHA SINDICAL 1987: LUCHEMOS POR LA SOLIDARIDAD 1988: POR UN COMPROMISO DE EMPLEO 1989: PORQUE... ¡YA ESTA BIEN! JUNTOS PODEMOS (conjunto UGT-CCOO) 1990: POR LA PROPUESTA SINDICAL PRIORITARIA. JUNTOS PODEMOS. (conjunto UGT-CCOO) 1991: POR EL PROGRESO SOCIAL (lema de UGT) UNA PROPUESTA SINDICAL POR EL EMPLEO (lema de CCOO) POR EL EMPLEO Y EL PROGRESO SOCIAL (lema conjunto) 1992: ¡SE EQUIVOCAN! ASÍ NO ES POSIBLE (conjunto UGT-CCOO) 1993: SIN EMPLEO NO HAY FUTURO (conjunto UGT-CCOO) 1994: POR EL EMPLEO Y LA SOLIDARIDAD (conjunto UGT-CCOO) 1995: POR EL EMPLEO. NUESTRA FUERZA GARANTIZA TUS DERECHOS (conjunto UGT-CCOO) 1996: LO PRIMERO, EL EMPLEOl (conjunto UGT-CCOO) 1997: AHORA, EMPLEO ESTABLE (conjunto UGT-CCOO) 1998: POR EL EMPLEO Y LA SOLIDARIDAD, 35 HORAS (conjunto UGT-CCOO) 1999: PAZ y DERECHOS (conjunto UGT-CCOO) 2000: TRABAJAR PARA VIVIR (conjunto UGT-CCOO) 2001:: PORQUE SIN EMPLEO DIGNO, NO HAY FUTURO (lema de UGT) POR EL EMPLEO ESTABLE, SEGURO Y CON DERECHOS (lema conjunto) 2002: MEJORA DE LA PROTECCIÓN POR DESEMPLEO (lema conjunto UGT-CCOO) 2003: POR LA PAZ Y EL EMPLEO, NO A LA GUERRA (lema conjunto UGT-CCOO) 2004: CONSTITUCIÓN EUROPEA PARA LA PAZ, EL PLENO EMPLEO Y EL BIENESTAR. NO AL TERRORISMO (lema conjunto UGT-CCOO) 2005: MÁS EMPLEO ESTABLE, MEJOR PROTECCIÓN SOCIAL 2006: POR LA PAZ. EMPLEO ESTABLE EN IGUALDAD 2007: POR LA IGUALDAD, EMPLEO DE CALIDAD 2008: É O MOMENTO DA IGUALDADE, O SALARIO DIGNO E O INVESTIMENTO PRODUTIVO   2009: FRONTE Á CRISE: EMPREGO, INVESTIMENTO PÚBLICO E PROTECIÓN SOCIAL   2010: POLO EMPREGO CON DEREITOS E A GARANTÍA DAS NOSAS PENSIÓNS 2011: EMPREGO CON DEREITOS. CONTRA OS RECORTES SOCIAIS   2012: QUEREN ACABAR CON TODO. TRABALLO, DIGNIDADE E DEREITOS   2013: NON TEÑEN LÍMITE. LOITA POLOS TEUS DEREITOS  2014: SEN EMPREGO DE CALIDADE NON HAI RECUPERACIÓN   2015: ASÍ NON SAÍMOS DA CRISE

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España