A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
10 de Decembro:

A promoción e protección dos Dereitos Humanos ten sido unha das grandes preocupacións para as Nacións Unidas dende 1945, ano no que os países fundadores da organización acordaron tratar de impedir que os horrores da Segunda Guerra Mundial volveran a reproducirse. Esta Declaración foi concibida poucos anos despois do remate da II Guerra Mundial, cando a comunidade internacional comezaba a reaccionar ante as atrocidades que se produciran no período de 1939 a 1945, custándolle a vida a millóns de persoas en todo o mundo.

En 1.948, na Declaración Universal dos Dereitos Humanos, a Asemblea Xeral expresou que o respecto os dereitos humanos e a dignidade da persoa "son fundamentos para a liberdade, a xustiza e a paz no mundo".

En 1.950, a Asemblea Xeral invitou a tódolos estados membros e as organizacións interesadas a que observaran o 10 de Decembro de cada ano como Día dos Dereitos Humanos, incidindo na necesidade de defender o cumprimento destes dereitos a nivel mundial.

A Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos, é a principal funcionaria das Nacións Unidas en materia de dereitos, e desempeña un papel principal nas medidas de coordinación para celebrar anualmente o Día dos Dereitos Humanos. Con sede en Ginebra, a Oficina tamén está presente en mais de 40 países. Traballa para garantira que se poñan en vigor as normas dos dereitos humanos universalmente recoñecidas, incluso mediante a promoción da ratificación e a aplicación universal dos tratados de dereitos humanos e o respecto polo imperio da lei. Tamén trata de eliminar obstáculos para la plena realización de tódolos dereitos humanos e de impedilos abusos de dereitos humanos ou pórlle fin.

Co transcurso do tempo fóronse desenvolvéndose diversos instrumentos e mecanismos para asegurar a primacía destes dereitos e facer fronte as violacións dos mesmos, ocorran onde ocorran.

Sen embargo estamos asistindo a unha profunda crise dos valores e principios contidos na Declaración Universal, incluso no seo de aqueles países que foron os seus principais promotores. Os exemplos son moitos e afectan a países con réximes de moi variado signo político, cultural e xeográfico.

Acontecementos recentes non fan mais que constatar esta constatación.
Parece que retrocedemos a tempos de fundamentalismos fanáticos e excluíntes, no que os fins xustifican a utilización de calquera tipo de medios. Parece coma si tiveramos esquecido as grandes leccións da historia mais recente.

"A   Asemblea Xeral proclama a presente Declaración Universal dos Dereitos Humanos coma ideal común polo que todos os pobos e nacións deben esforzarse, a fin de que tanto os individuos coma as institucións, inspirándose constantemente nela, promovan mediante a ensinanza e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universal e efectivos, tanto entre os pobos dos Estados Membros coma entre os dos territorios colocados baixo a súa xurisdición".

No ano 2006, diversas asociacións e fundacións galegas, con fins e obxectivos específicos diversos, pero relacionados coa defensa dos dereitos recollida na Declaración Universal, poñen en marcha a " Iniciativa polos Dereitos Humanos", co obxectivo de recordar a súa importancia. As asociacións asinantes desta iniciativa son as seguintes:

- Amnistía Internacional
- Coordinadora Galega de ONGD
- Coordinadora de Crentes Galegos
- Encrucillada
- FESGA
- Foro da Inmigración
- Fundación 10 de Marzo
- Fundación Luís Tilve
- Irimia
- Seminario Galego de Educación para a Paz (Fundación Cultura de Paz)
- Xustiza e Sociedade

Entre os actos conmemorativos da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o ano pasado leváronse a cabo en Santiago unha serie de actividades nas que participaron diversas asociacións. Entre estas actividades destacou a lectura da "Declaración Universal dos Dereitos Humanos", sendo lido cada artigo por unha persoa distinta, e tamén a proxección da película de ficción documental " Camino a Guantánamo", unha crítica dura e real, respecto ó retroceso sobre os dereitos máis fundamentais que ten unha persoa nun lugar e nunha data actuais.



Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España