As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia
O autor mergúllase na vida de Pablo Iglesias e os seus contactos e reunións cos traballadores galegos e as súas sociedades, así como a súa amizade e confluencia ideolóxica cos líderes locais do socialismo, que comezaba, entón, a configurarse en Galicia dun xeito orgánico. A través de diversas visitas realizadas polo líder socialista entre 1892 e 1915, Emilio Garrido introdúcese nos problemas que dificultan o asentamento da ideoloxía socialista e o desenvolvemento da organización nunha Galicia atrasada e conservadora, e valora especialmente o impulso que Pablo Iglesias lle dá á configuración do Partido Socialista e da UGT nas diferentes localidades e sectores laborais, en estreita colaboración cos que serán os máis fieis seguidores, a proxección da personalidade e do pensamento do dirixente socialista, así como a súa vinculación á Galicia de entre séculos, necesitada de cambios.
O autor, Emilio Garrido Moreira, natural de Zas e licenciado en Historia Contemporanea pola Universidade de Santiago de Compostela, comezou o seu labor de investigación no CIHUGA (Colectivo de Investigación Histórico-Universitario Galicia-América). Gañador do Premio Luís Tilve 2010 de “Investigación Histórica” e do 2º Premio do Certame de Relatos Breves de UGT-Andalucía, ten publicadas outras obras de investigación tales como: “Víctor Fraiz: vida e asasinato dun mestre exemplar”; “UGT-Coruña, o fogar das esperanzas”, “O sindicalismo socialista en Compostela”, “Comprometidos co presente e sementando futuro. 25 aniversario da constitución da UGT de Galicia” ou “Historia del Regimiento de Artillería de Ferrol”.
12,00€ PVP