CRONOLOXÍA DO SOCIALISMO GALEGO

CRONOLOXÍA DO
SOCIALISMO GALEGO
  • O 18 de Outubro do ano 1850 nace en Ferrol PABLO IGLESIAS, fillo de Pedro Iglesias Expósito, natural de Ourense, e de Juana Posse, natural de Santiago.

  • O día 1 de Maio, decenas de miles de traballadores maniféstanse en Chicago e noutras cidades norteamericanas con motivo da convocatoria da folga xeral reivindicando a xornada laboral de 48 horas semanais. A xornada de traballo obrigatoria era de 10, 12, e 14 horas diarias, da que non estaban exentas as mulleres nin os nenos e nenas, aínda que percibían salarios inferiores. Nos días seguintes continuaron as manifestacións e a folga. Algunhas empresas contrataron esquiroles, entre elas a fábrica de materiais de Mc Cormick, en Chicago. O día 3 de maio concentráronse diante desta fábrica un gran número de folguistas xunto cos seus familiares para recriminar ós esquiroles o seu comportamento. A policía cargou e disparou contra os manifestantes, producíndose varios mortos e un gran número de feridos. Os enfrontamentos seguirían nos días seguintes chegando ate a traxedia de Haymarquet co resultado de novos mortos entre os folguistas e centos de feridos. Tamén faleceron varios policías a consecuencia dos enfrontamentos.

  • O 30 de Xuño, o Goberno de Sagasta promulga a “Lei de Asociacións”, unha lei xenérica, e non unha lei sindical específica, é dicir, de asociacións profesionais, que sen embargo foi o texto legal polo que se rexeron os sindicatos españois durante corenta e cinco anos.

  • O 12 de Agosto fúndase en Barcelona a Unión Xeral de Traballadores, que viña a cumprimentar a vertente sindical do socialismo español, despois da constitución do Partido Socialista Obreiro Español en 1.879. A súa fundación coincidía coa Exposición Universal de Barcelona. Antonio García Quejido elixido primeiro presidente da UGT. Do 23 ó 25 de Agosto celébrase tamén en Barcelona o I Congreso do Partido Socialista no que sae elixido presidente Pablo Iglesias Posse.

  • Fúndase a II Internacional en París. No congreso celebrado na rúa Petrelle, ó que acudiu Pablo Iglesias, adoptouse a resolución de celebrar unha manifestación internacional o 1º de Maio para reclama-la consecución dunha xornada laboral de oito horas.

  • – Na España da Restauración restablécese de novo o sufraxio universal masculino. – Celébrase por primeira vez en España o Primeiro de Maio, con manifestacións en Barcelona, Madrid e Bilbao. O goberno felicita a Pablo Iglesias pola boa e pacífica organización dos actos. – No mes de Agosto, celébrase en Bilbao o II Congreso do Partido Socialista Obreiro Español. Pablo Iglesias reelixido Presidente. – Dende o 31 de Outubro ó 2 de Novembro celébrase en Vilanova y Geltrú, o II Congreso da UGT. Antonio García Quejido, Presidente. – Cayetano Castriz Canzobre, Manuel Álvarez García, Tomas Cibeira Gómez e Antonio Valenciano, aparecen como os afiliados máis antigos da Agrupación Socialista Obreira de A Coruña. – Iníciase en Ferrol a celebración do 1º de maio, como Festa do Traballo, e xornada reivindicativa, lúdica e festiva, promovida polas diversas sociedades de oficio. – O 1º de maio aparece en Ferrol o primeiro número do periódico quincenal “El Obrero. Defensor de la clase obrera”, que dirixe Francisco Fernández García.

  • En febreiro nace en Ferrol a primeira agrupación socialista galega, a iniciativa do mestre Francisco Fernández, que sería o seu primeiro Presidente. En xullo, e tamén por iniciativa do ferrolán Francisco Fernández, constitúese a Agrupación Socialista de A Coruña, que será a segunda de Galicia, sendo o canteiro José Rodríguez o seu primeiro Presidente. En setembro constitúese a terceira Agrupación Socialista de Galicia, que sería a de Santiago, sendo o seu primeiro Presidente Manuel Rodríguez. Primeiras eleccións parlamentarias da Restauración con sufraxio universal masculino. II Congreso da Internacional Socialista en Bruxelas, ó que acude como delegado Pablo Iglesias. O papa León XIII fai pública a Encíclica Rerum Novarum sobre a condición social dos obreiros. Publícase a Miseria da Filosofía, de Marx, traducida por José Mesa. Folga Xeral en A Coruña, o 1º de Maio, para reivindicar a xornada laboral de 8 horas. Trala folga, comeza a división sindical entre os anarquistas e a UGT, liderada nesta primeira etapa polo canteiro, José Rodríguez, amigo de Pablo Iglesias, que inicia tamén o seu labor como correspondente de “El Socialista” en a Coruña. Constitúese a primeira Agrupación Socialista de Ferrol, que preside Francisco Fernández García Constitúese a “Sociedad de Canteros del Ferrol y sus contornos”. Constitúese en Ferrol a “Sociedad de Peones” (224 afiliados). Constitúese en Ferrol a “Sociedad de Hierros y Metales” (406 afiliados). No mes de Decembro (data de aprobación dos seus estatutos) constituíase en Santiago o Centro Obreiro, vertente sindical do socialismo compostelán da época.

  • O 14 de febreiro ten lugar a primeira visita de Pablo Iglesias a Galicia, sendo fundador e Presidente do PSOE, fundador da UGT e Director de El Socialista. Visita primeiro A Coruña e posteriormente Ferrol, para volver a Coruña. Do 25 ao 27 de agosto ten lugar en Valencia o III Congreso do PSOE, ó que asisten 25 delegados representando a 32 agruacións, entre elas, e por primeira vez, dúas galegas: A Coruña e Ferrol, representadas ambas polo ferrolán Francisco Fernández. Celébrase en Málaga o III Congreso da UGT. Josep Comaposada i Gili, Presidente. III Congreso do PSOE, celebrado en Valencia, no que se aproba un programa municipal. Pablo Iglesias, reelixido Presidente. Matías Gómez Latorre, Vicepresidente. En xaneiro, ingresa na UGT a “Sociedad de Hierros y Metales de Ferrol”, constituída polos traballadores da construción naval privada do estaleiro Vila de A Graña, iniciando a súa andadura na cidade ferrolá o sindicalismo uxetista. Constitución da Sociedade de Zapateiros de A Coruña. Constitución en A Coruña da Sociedade de Canteiros “El Trabajo”, liderada por José Rodríguez. Primeira visita de Pablo Iglesias á Coruña.

  • III Congreso Internacional Socialista en Zurich ó que asisten Pablo Iglesias polo PSOE e Antonio García Quejido pola UGT. Atentado anarquista no Teatro Liceo de Barcelona. Constitución en A Coruña da Sociedade de Panadeiros que ingresa na UGT. Constitúese en Ferrol a “Sociedad de Carpinteros” (232 afiliados).

  • IV Congreso da UGT celebrado en Madrid. Basilio Martín Rodríguez, Presidente. O 15 de Abril chega a Vigo Pablo Iglesias, invitado polo gremio de canteiros. O día 16 celebra un mitin no Teatro-Circo Bretón, e o mesmo día pola noite no Liceo Curty. Celebra diversas reunións coas asociacións existentes en Vigo. IV Congreso do PSOE en Madrid. Pablo Iglesias é elixido Presidente por unanimidade dos delegados asistentes, cargo que xa viña desempeñando dende a súa fundación. Matías Gómez Latorre, Vicepresidente. Os socialistas coruñeses están representados no Congreso por Julián Padilla. Constitúese en Ferrol a “Sociedad de Albañiles” (78 afiliados) Constitúese en Ferrol a “Sociedad de Panaderos”. Constitúese en Vigo a “Sección de Carpintería”. 2ª Visita de Pablo Iglesias á Coruña. Hospédase nunha pensión do Orzán. A Asociación Tipográfica acada para os traballadores do seu gremio un horario laboral de 9 horas a semana.

  • Fundación da Confederación Xeral do Traballo (CGT) francesa. Comeza a Guerra de Cuba. Nas eleccións municipais celebradas o mes de maio resulta elixido concelleiro Francisco Fernández García, sendo así o primeiro concelleiro socialista de Ferrol e de Galicia. O 2 de xuño constitúese en Pontevedra a “Sección de Albañiles”. O 10 de Agosto créase en Pontevedra a “Asociación Tipográfica”. No mes de Agosto morre Federico Engels. O 27 de Agosto constitúese en Vigo a “Sociedade de Pintores e Albañiles”. O 6 de Outubro constitúese en Vigo a “Federación de Traballadores”.

  • V Congreso Confederal da UGT, celebrado no mes de Abril en Valencia. Luís Zurdo Olivares, Presidente. IV Congreso da Internacional Socialista en Londres. Antonio García Quejido asiste pola UGT Confederal. O Comité Local da Agrupación Socialista de A Coruña celebra varios mitins para pedirlle ós obreiros o voto para a candidatura socialista nas eleccións. O 26 de xaneiro constitúese en Vigo a “Asociación Tipográfica”. O 16 de Outubro constitúese en Vigo a “Asociación de Toneleros”.

  • Asasinato de Antonio Cánovas del Castillo a mans do anarquista Michelle Angiolillo. Constitúese en Ferrol a “Sociedad de Zapateros” (tamén chamados construtores de calzado). O 15 de xullo constitúese en Vigo a “Asociación de Hojalateros Soldadores”.

  • Remata a Guerra de Cuba despois da sinatura do Tratado de París. Comeza o despexe imparable da Federación Local da UGT de Vigo liderada por Enrique Heraclio Botana e José Araújo.

  • VI Congreso da UGT celebrado en Madrid. Pablo Iglesias é elixido Presidente e García Quejido secretario xeral. Decídese trasladar a sede central de Barcelona a Madrid. O 1 de marzo sae á luz en Vigo “SOLIDARIDAD. Decenario Socialista Obrero. Órgano de la Agrupación de Vigo”. V Congreso do PSOE en Madrid. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Luís Villaoz, Vicepresidente. 3ª Visita de Pablo Iglesias á Coruña. Novamente hospédase nunha modesta pensión da rúa do Orzan. O 2 de xullo constitúese en Vigo a “Asociación de Marineros Pescadores”. O 20 de Agosto constitúese en Vigo a “Sociedade de Obreros Pescadores”. O 11 de Decembro constitúese en Vigo a “Sociedad de Obreros en Hierro y Metales”. O 25 de Decembro, Día de Nadal, Pablo Iglesias visita Betanzos e celebra ás 10 da mañá un mitin no teatro Alfonsetti.

  • Apróbase a Lei na que se prohibe o traballo a menores de 10 anos, e os menores de 14 traballar de noite. Constitúese en Vigo a “Sociedad de Obreros Peones”. V Congreso da Internacional Socialista en París ó que asisten novamente Pablo Iglesias e García Quejido. O 12 de Novembro constitúese en Vigo a “Agrupación Socialista”. Os socialistas coruñeses interveñen en Lugo diante do Gobernador para legalizar as Sociedades de Canteiros e Carpinteiros. O coruñés José Rodríguez asiste en Madrid ó Congreso fundacional da Federación Nacional de Canteiros e Marmoristas. Constitúese en Ferrol a “Sociedad de Obreros Pintores”. Constitúese en Ferrol a “Asociación Tipográfica”. Créase en Ferrol a “Sociedade de Maestros de Talleres”.

  • León XIII publica unha encíclica na que condena a loita de clases. O 28 de febreiro constitúese en Vigo a “Liga Marítima”. I Congreso Galaico-Portugués celebrado en Tui, que preside o coruñés José Rodríguez. Folga xeral no mes de maio en A Coruña. Mitin de controversia entre José Rodríguez e o anarquista José Suárez Duque. José Rodríguez preséntase ás eleccións municipais en A Coruña, retirándose da contenda electoral por causas alleas a súa vontade. O 21 de setembro constitúese en Vigo a “Sociedad de Obreros Curtidores” Constitúese en Ferrol a “Asociación de Dependientes”. Constitúese en Ferrol “Sociedad de Cargadores y Descargadores del Puerto”.

  • VII Congreso da UGT celebrado en Madrid no mes de maio. Pablo Iglesias, reelixido Presidente. II Congreso Galaico-Portugués celebrado na localidade portuguesa de Viana. Novo Proxecto de Lei de Folgas e Coligacións do ministro Alonso González. O 13 de marzo o Gobernador Civil de A Coruña aproba os Estatutos da Federación Local de Traballadores de Santiago. O regulamento da Federación transcribe literalmente moitos artigos dos Estatutos da UGT. No mes de xuño publícase un Real Decreto sobre a xornada de traballo das mulleres e dos nenos. O 9 de abril constitúese en Vigo a “Asociación General de Dependientes de Comercio”. VI Congreso do PSOE celebrado en Xixón. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Matías Gómez Latorre, Vicepresidente. No mes de Xullo celébrase en Barcelona o I Congreso dos Traballadores do Mar-UGT ó que acoden delegados representando o sector mariñeiro de A Coruña e Vigo. Fundación da Compañía de Tranvías de A Coruña. Ingresa na UGT a “Asociación Tipográfica” de Ferrol. Constitúese en Ferrol a “Sociedad de Electricistas”.

  • Tui acolle a celebración do III e derradeiro Congreso Galaico-Portugués ó que acudiron 29 delegados galegos en representación de sociedades de Santiago, Ourense, Vigo, Pontevedra, Marín e Chantada entre outras localidades. Moitas destas sociedades formaban parte da Unión Xeral de Traballadores de España. No mes de Abril créase o Instituto de Reformas Sociais (IRS), continuador da labor desenvolvida pola Comisión de Reformas Sociais. Apróbase a Lei sobre o descanso dominical. Vicente Barrio asume a secretaría da UGT despois da dimisión de Antonio García Quejido.

  • Morte do líder socialista coruñés José Rodríguez. As Trade Unións de Gran Bretaña piden a implantación da xornada laboral de 8 horas. O 6 de maio créase en Vigo a “Unión de fabricantes de Conservas”. VI Congreso da Internacional Socialista en Amsterdam ó que asisten Pablo Iglesias e García Quejido. Novo proxecto de Lei de Folgas e Coligacións presentado polo Senado ó Congreso dos Deputados. Primeiras eleccións de vocais obreiros no Instituto de Reformas Sociais (IRS). Constitúese en Ferrol a “Sociedad Obrera protectora de inquilinos”. O 1 de decembro créase en Vigo o “Círculo Mercantil e Industrial”. O 2 de Decembro constitúese en Vigo “La Unión. Sección Obrera de Oficios Varios”.

  • Durante os días 25, 26 e 27 de novembro celebrouse en Vigo o “Primeiro Congreso das Agrupacións Socialistas de Galicia”. Enrique Heraclio Botana, de Vigo, foi elexido o seu primeiro Presidente. Pablo Iglesias é elixido concelleiro de Madrid polo distrito de Chamberí. Celebración do VIII Congreso da UGT en Madrid. Pablo Iglesias é reelixido Presidente, e Vicente Barrio secretario, cargo que viña desempeñando dende a dimisión de García Quejido. VII Congreso do PSOE celebrado en Madrid. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Francisco Mora, Vicepresidente. A Federación Nacional de Canteiros e Marmoristas decide, no seu III Congreso, trasladar a súa sede de Bilbao a Vigo. Severino Chacón afíliase á Agrupación Socialista da Coruña no mes de Abril, segundo o censo de 1.908. No mes de Decembro aparece o primeiro número do “Boletín de la Federación de Trabajadores de Vigo”. O 28 de decembro constitúese en Vigo a “Sociedade de Canteros y Marmolistas”.

  • O 29 de xuño, inaugúrase en Ourense o II Congreso dos Socialistas Galegos. Enrique Botana é reelixido Presidente do Comité Rexional, organismo que seguirá tendo a súa sede en Vigo. En Francia acádase o descanso dominical de 24 horas. Novo proxecto de Lei de Folgas e Coligacións presentado polo Ministro da Gobernación, Conde Romanones. Do 14 ao 17 de abril, celébrase en Bilbao o Congreso Constituínte das “Juventudes Socialistas de España”. Ruperto Cebrián é elexido Presidente e Feliciano Azar, Vicepresidente. Constitúese en A Coruña a Sociedade de Resistencia “Asociación Tipográfica”. Créase o Montepío da Asociación Tipográfica. Constitúese a “Sociedad de Obreros Peones de Ferrol”

  • O 16 de xuño inaugúrase en Vigo o IV Congreso Nacional da “Federación de Canteros, Marmolistas y Similares”, con participación de 27 sociedades das que 12 pertencen a diversas localidades de Galicia. Acórdase que a dirección da Federación Nacional continúe en Vigo con José Araujo como Presidente. VII Congreso da Internacional Socialista celebrado en Sttugart. O 27 de xaneiro constitúese en Pontevedra a “Agrupación Socialista”. Créase en Ferrol a “Asociación de Artes Gráficas y similares”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). Disólvese en 1.910, e reorganízase en 1.913.

  • Os días 27, 28 e 29 de xuño celebrouse en Lugo o III Congreso Socialesta de Galicia, que decide seguir mantendo en Vigo a sede do Comité Rexional e a Enrique Botana como Presidente. IX Congreso da UGT celebrado en Madrid. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Do 26 ao 30 de agosto, celébrase en Madrid o VIII Congreso do PSOE. As “Juventudes Socialistas de España” ingresan no PSOE. Pablo Iglesias é reelixido Presidente e Francisco Mora, Vicepresidente. O 1 de Agosto constitúese en Vigo a “Cooperativa Socialista Obrera” Creación do Instituto Nacional de Previsión. Lei de Tribunais Industriais. Do 13 ao 17 de outubro celébrase en Bilbao o II Congreso das “Juventudes Socialistas de España”. Presidente, Francisco Domenech, e Salustiano García, Secretario. No mes de novembro inaugúrase a Casa do Pobo de Madrid, na rúa Piamonte, número 2.

  • Semana Tráxica de Barcelona. Fusilamento de Francisco Ferrer Guardia. Apróbase o Dereito de Folga. Desastre do Barranco do Lobo en Marrocos. O 26 de Xullo prodúcese unha folga xeral contra a guerra de Marrocos. Constitúese a “Sociedad de Cargadores y Descargadores del Puerto”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). En 1.914 pasaríase a CNT. Constitúese en Ferrol “La Unión Femenina. Cargadoras y Descargadoras del Puerto, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). Constitúese a “Sociedad de Gabarreros de Ferrol”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). Constitúese a Sociedad de Hierros y Metales”, con sede no Centro Obreiro (UGT).

  • Pablo Iglesias é elixido deputado, converténdose no primeiro parlamentario obreiro e primeiro socialista que se senta no Parlamento. A Federación Local de Traballadores da UGT de Vigo comeza os trámites administrativos para a construción da Casa do Pobo. A mesma Federación adquirira para tal fin un terreo na Avenida García Barbón. A Sociedade de Canteiros “El Trabajo” de A Coruña acada a cifra de 37 afiliados. VIII Congreso da Internacional Socialista celebrado en Copenhague. Constitúese a “Sociedad de Caldereros”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). Constitúese en Ferrol a “Sociedad de Obreros Forjadores y Ayudantes”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). As “Juventudes Socialistas de España” trasladan a dirección da súa sede de Bilbao a Madrid, con Mariano García Cortés como Presidente, Fermín Blázquez Vicepresidente, e o ferrolán Jaime Quintanilla, como secretario. Constitúese en Ferrol “Juventud Socialista”.

  • No mes de xullo, e no Centro Obreiro de Ourense, celebrouse o IV Congreso da Federación Socialista de Galicia. Acordouse que sexa Vigo o lugar onde resida o Comité Rexional da Federación. X Congreso da UGT celebrado en Madrid. Constitución das primeiras federacións nacionais: mineiros e ferroviarios. Pablo Iglesias reelixido Presidente. No mes de Setembro celébrase o I Congreso da CNT en Barcelona. Inxerencias da Federación Local Obreira dentro da Asociación Tipográfica da Coruña. Constitúese en Ferrol a “Sociedade Roturadores de Hierro”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). Constitúese en Pontevedra a “Sociedade de Canteros y Marmolistas”.

  • IX Congreso do PSOE en Madrid. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Francisco Mora, Vicepresidente. Asasinato de José Canalejas na Porta do Sol de Madrid a mans do anarquista Pardiñas. Julián Besteiro afíliase ó PSOE e á UGT. Folga xeral dos ferrocarrís. O 20 de outubro celébrase en Madrid o IV Congreso das “Juventudes Socialistas de España”. Andrés Saborit, Presidente; Luis Torrente, Vicepresidente. Constitúese en Ferrol “La Unión de Oficios”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). Constitúese en Ferrol a sociedade “Dependientes de Comercio”con domicilio no Centro Obreiro (UGT). Constitúese en Ferrol a Sociedade de “Torneros y Manipuladores”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). Constitúese a “Cooperativa de Producción y Consumo Socialista Obrera Ferrolana”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT).

  • No mes de Marzo Pablo Iglesias é reelixido deputado á Cortes. No mes de Abril comeza a publicarse como xornal “El Socialista”. Constitúese a Unión Ferroviaria Sección UGT-Coruña. Severino Chacón acude como delegado da Sección-Coruña o I Congreso Ferroviario do Sindicato Norte celebrado entre os derradeiros días do ano 1.913 e os primeiros de 1.914. Vicente Barrio visita a cidade de A Coruña no verán. O 9 de decembro constitúese en Pontevedra a “Federación de Trabajadores”.

  • O 4 de maio inicia en Vigo os seus traballos o “V Congreso Nacional da Federación de Trabajos en Madera”, con asistencia de delegacións de toda España. XI Congreso da UGT celebrado no mes de xuño en Madrid. Pablo Iglesias reelixido Presidente. O 29 de agosto inaugúranse en Pontevedra os traballos do “V Congreso Rexional da Federación Socialista de Galicia”. Acordouse que a residencia do Comité Rexional continúe sendo Vigo, elixindo a Roxelio Campos Presidente e a Ramón González, secretario. Comezo da máis tarde denominada I Guerra Mundial.

  • No mes de Xullo Miguel Sastre, representante da Federación de Canteiros e Marmoristas da UGT, visita Galicia e Asturias nunha campaña de propaganda. Motín feminista en Madrid contra o fraude ó prezo do pan. Constitúese a Sección Tranviaria da UGT-Coruña. Do 24 ó 31 de Outubro celébrase en Madrid o X Congreso do PSOE. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Julián Besteiro, Vicepresidente. O 27 de novembro celébrase en Madrid o IV Congreso das “Juventudes Socialistas de España”. Andrés Saborit é reelexido Presidente; Antonio López Baeza, Vicepresidente. Constitúese en Ferrol o “Sindicato Obrero Metalúrgico”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT).

  • XII Congreso da UGT no que se aproba o primeiro plan de loita contra o aumento do custo da vida. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Folga Xeral en A Coruña. En A Coruña, constitución da Sociedade de Obreiros e Obreiras da Fábrica de Mistos “La Lucha”. A Sociedade Unión Tabacalera da os seus primeiros pasos sindicais na cidade de A Coruña. Constitúese en Ferrol o “Circulo Socialista de Esteiro”.

  • O 21 de setembro deron comezo na Coruña as tarefas do “VI Congreso Rexional da Federación Socialista de Galicia”. Foi aprobada a xestión do Comité Rexional residente en Vigo, que foi reelexido para continuar dous anos máis. Acordouse emprender unha campaña de organización entre os agricultores para en breve prazo constituir a Federación Rexional Agrícola. XIII Congreso da UGT celebrado no mes de setembro en Madrid. Aprobación do Programa Máximo. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Julián Besteiro, Vicepresidente. Amnistía pola folga xeral de 1.917. Epidemia de gripe en toda España que provocou máis dun millón de mortos. Comézase a constitución da Federación Local de Traballadores de A Coruña, integrada pos sociedades vinculadas a UGT. Despois dunha curta vida reestructuraríase definitivamente en marzo de 1.933. Virginia González visita A Coruña. Do 23 de novembro ó 2 de Decembro celébrase en Madrid o XI Congreso do PSOE. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Constitúense en Ferrol as Sociedades de “Sastres y Similares”, “Moldeadores y Similares”, “Plomeros”, “Ajustadores, Montadores y Ayudantes Mecánicos”, “Unión de Oficios Varios”, e “Sociedad de Camareros”, todas elas con domicilio no Centro Obreiro (UGT).

  • Folga Xeral revolucionaria convocada en todo o territorio español pola crise de subsistencias. Os membros do Comité de Folga Largo Caballero, Saborit, Anguiano e Besteiro son condenados a cadea perpetua. A Unión de Mozos de Comercio de A Coruña comeza a súa vida sindical. A Unión Téxtil de A Coruña elixe a súa primeira Comisión Executiva. Graves problemas na cidade herculina por unha epidemia de varíola. Constitúese en Ferrol o “Circulo Socialista de Canido”.

  • Folga de “La Canadiense” en Barcelona. Largo Caballero e Julián Besteiro participan na Fundación da OIT. Por medio dun Real Decreto establécese a xornada legal de 8 horas de traballo. Fúndase en Moscú a III Internacional. Do 14 o 17 de decembro celébrase en Madrid o V Congreso das “Juventudes Socialistas de España”, no que os delegados por maioría deciden incorporarse a III Internacional. José López y López, resulta elixido Presidente, e Ramón Merino Gracia, Secretario Xeral Do 8 ó 15 de Decembro celébrase un Congreso Extraordinario do PSOE. Constitúese en Ferrol a “Sociedade de Pasteleros, Confiteros y Similares”, con domicilio no Centro Obreiro (UGT). Constitúese a “Mutualidad Obrera de Ferrol”. Sociedade de socorros mutuos con domicilio social no Centro Obreiro (UGT). Constitúese o “Grupo Socialista Femenino de Ferrol”.

  • O 15 de abril reúnese o Comité Nacional das “Juventudes Socialistas de España”, que decide constituírse en “Partido Comunista Español”. Elixe a José Illescas como Vicepresidente, e a Ramón Merino Gracia Secretario/Tesoreiro. XIV Congreso da UGT celebrado no mes de xuño en Madrid. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Do 20 ó 25 de xuño celébrase un Congreso Extraordinario do PSOE. Pablo Iglesias, reelixido Presidente. Antonio García Quejido, Vicepresidente. Do 15 o 27 de xullo celébrase en Valladolid un Congreso Extraordinario das “Juventudes Socialistas de España”. Aínda mantendo o apoio a III Internacional, desapróbase o intento do anterior Comité Nacional de converter a toda a Federación, de forma arbitraria, en PCE. Elíxese un novo Comité Nacional presidido por José López y López, que non participa das posicións maioritarias do anterior Comité, e a Regino González como Secretario. II Congreso da FTE (Federación Tabaquera Española). Severino Chacón (natural de A Estrada e veciño da Coruña) é elexido como o seu secretario.

  • Fundación do Partido Comunista de España. A UGT decide non adherirse a III Internacional. Establécese Seguro Obrigatorio de Retiro. Do 9 ó 14 de abril, Congreso Extraordinario do PSOE. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Julián Besteiro, Vicepresidente. Do 16 o 20 de abril ten lugar un novo Congreso Extraordinario das “Juventudes Socialistas de España”, que ratifica o ingreso da Federación Nacional na Terceira Internacional, aceptando as 21 condicións. Decide igualmente unirse o recen creado Partido Comunista Obrero Español (PCOE), constituíndo a “Federación de Juventudes Comunistas”.

  • XV Congreso da UGT celebrado no mes de novembro en Madrid. Pablo Iglesias reelixido Presidente. Folga de Correos. Constitución da Federación de Funcionarios Municipais da Coruña. Organízase en A Coruña a Asociación de Auxiliares de Farmacia. A UGT conta en Galicia con  92 seccións e 10.106 afiliados, dos que un 70% se atopan na provincia de Pontevedra.

  • Golpe de estado de Primo de Rivera. Comeza a ditadura. Largo Caballero entra no Consello de Estado.

  • O 12 de setembro celébrase a Conferencia Nacional de Delegados das “Juventudes Socialistas de España”, que se converte no “I Congreso” da nova etapa organizativa. Son elixidos Cayetano Redondo como Presidente, Felipe García Vicepresidente e Mariano Rojo, Secretario-Tesorero. O 9 de Decembro morre Pablo Iglesias. Julián Besteiro é nomeado presidente das Comisións Executivas da UGT e do PSOE. Morte de Antonio Maura.

  • Constitución na Coruña da Sociedade do Persoal Obreiro da Fábrica de Mistos “La Unión Cerillera”.

  • Do 11 o 27 de maio celébrase o II Congreso das “Juventudes Socialistas de España” (nova etapa), que elixe como Presidente a Ricardo Alba, Vicepresidente a Felipe García e Secretario-Tesorero a Mariano Rojo. Congreso Extraordinario da UGT celebrado no mes de outubro en Madrid. Constitución da Asociación de Dependentes do Servicio Escénico da Coruña. Manuel Cordero, vocal da executiva confederal, visita A Coruña no mes maio. Do 6 ó 8 de Outubro, Congreso Extraordinario do PSOE.

  • XVI Congreso da UGT celebrado no mes de setembro en Madrid. As Federacións Nacionais de Industria convértense na base organizativa da UGT. Julián Besteiro Fernández, reelixido Presidente. Do 28 de xuño ó 4 de xullo, XII Congreso Ordinario do PSOE. Julián Besteiro elixido Presidente e Francisco Largo Caballero Vicepresidente. Fundación da Asociación Profesional de Dependentes de Comercio da Coruña. Constitución do Montepío Nacional de Auxiliares de Farmacia, Sección-Coruña. Constitución da Sociedade de Obreiros Cociñeiros e Semellantes da provincia da Coruña. Ramón Maseda constitúe a comezos de ano a Sociedade Cooperativa de Casas Baratas “Concepción Arenal”. As misteiras da “Unión Cerillera” subscríbense no mes de xuño ó xornal “Unión Tabacalera”. A UGT conta en Galicia con 122 seccións e 10.746 afiliados, un 50% dos cales pertencen á provincia de Pontevedra. En España conta con 1.198 seccións e 208.170 afiliados.

  • Folgas estudantís. Coincidindo coa celebración do 1º de Maio inaugúrase a Casa do Pobo de Ourense. Entre os actos programados destacan dúas conferencias impartidas polo Delegado da Oficina Internacional do Traballo, Fabra Rivas. O 6 de maio celébrase en Madrid o III Congreso das “Juventudes Socialistas de España” (nova etapa), que elixe como Presidente a José Castro, Vicepresidente a Felipe García e Secretario-Tesorero a Mariano Rojo. No mes de Outubro celébrase en Monforte de Lemos a Asemblea Constituinte da 3ª Zona do Sindicato Nacional Ferroviario. O 8 de outubro constitúese en Monforte de Lemos (Lugo) a 3ª Zona (Galicia) do Sindicato Nacional Ferroviario (SNF-UGT), que elixe a Gregorio Guerra Dean como Presidente, e a Juan Tizón Herreros secretario-contador. O ámbito de actuación abarca toda Galicia, chegando ate Astorga. Folgas estudantís. Entra en vigor en España o novo Código Penal. Constitución na Coruña da Asociación Profesional de Empregados de Banca da Coruña liderada por Francisco Mazariegos. Constitución da Unión de Obreiros Municipais da Coruña. Constitución da Asociación de Dependentes de Espectáculos Públicos da Coruña. Constitución da Unión da Industria da Auga da Coruña. Constitución da Unión de Obreiros Gasistas, Electricistas e Semellantes da Coruña. Na primavera visita A Coruña José Gómez Osorio.

  • Dimisión de Primo de Rivera. Goberno Berenguer. Os capitáns Galán e García Hernández son condenados a morte e fusilados. Na Coruña constitúese a Asociación do Téxtil “La Hilatura”. No mes de Setembro celébrase na Coruña a I Asemblea dos Empregados de Banca. No mes de xaneiro constitúese na Coruña a Unión de Empregados e Obreiros do Petróleo, integrada na Federación Nacional. O día 7 de Abril, na Casa do Pobo de Madrid, inicia os seus traballos o Congreso Constituínte da “Federación Nacional de Traballadores da Terra” (FNTT-UGT). No mes de Setembro folga xeral na Coruña, convocada en solidariedade cos traballadores de Santiago de Compostela e Lugo.

  • O 14 de Abril proclámase a Segunda República. O 28 de Xuño celébranse eleccións xerais, con triunfo dos socialistas e republicanos. Novo goberno presidido por Niceto Alcalá Zamora. Do 10 ó 12 de xullo, Congreso Extraordinario do PSOE. Largo Caballero, Ministro de Traballo da República, promulga leis sobre a xornada de oito horas, salario mínimo, xurados mixtos, asociacións obreiras, etc. A comezos do mes de xuño créase en Santiago a Federación de Entidades Socialistas, Obreiras, Agrarias e Mariñeiras da Comarca de Santiago. No mes de xullo elixe o seu primeiro Comité Directivo. Constitución da Asociación de Mestres da Coruña, antecedente da Asociación de Traballadores da Enseñanza (ATE-Coruña). Constitución da Unión de Obreiros e Empregados Tranviarios de A Coruña. No mes de Setembro, Antonio Martínez Goñi, vocal da executiva confederal, visita A Coruña. Durante os días 17 e 18 de outubro celebrouse en Monforte de Lemos (Lugo) un Congreso Extraordinario da “Federación de Agrupacións Socialistas de Galicia”, coa participación de 69 delegados representando a 35 seccións e 2.360 afiliados. A UGT conta en Galicia con  176 seccións e 21.872 afiliados, dos que un 42% pertencen á provincia de Pontevedra, un 37% á de A Coruña, un 13% á de Ourense, e un 8% á de Lugo. O Total de afiliados á UGT en España é de 654.403, con 3.137 seccións. Aparece o semanario “POLITICA. Órgano dos Socialistas de Vigo”.

  • Folga Xeral en España contra o golpe de Sanjurjo. Celébrase o XVII Congreso da UGT, último congreso sindical en España. Un millón de afiliados. Julián Besteiro, reelixido Presidente. Francisco Largo Caballero non acepta ser secretario xeral. XIII Congreso Ordinario do PSOE, celebrado en Madrid. Francisco Largo Caballero, Presidente. Remigio Cabello, Vicepresidente. En xaneiro ingresa na UGT a Sociedade de Dependentes de Casinos da Coruña. O 13 de xaneiro o Concello da Coruña cédelle un terreo á Sociedade Unión Tabacalera. Naquel terreo construiríase o edificio que na actualidade alberga a actual Unión Comarcal da UGT de A Coruña. No mes de Febreiro Francisco Mazariegos é elixido membro do Comité Nacional da Federación Nacional de Banca da UGT, pasando a ser un dos primeiros galegos en ocupar este posto a nivel nacional, se exceptuamos a orixe galega de Pablo Iglesias. En febreiro celébrase en Madrid o IV Congreso das “Juventudes Socialistas de España” (nova etapa). Son reelixidos José Castro como Presidente, Felipe García Vicepresidente, e Mariano Rojo Secretario-Tesorero. No mes de setembro constitúese no Pazo Municipal de  Coruña a Federación Rexional de Traballadores de Banca de Galicia (UGT). Francisco Mazariegos é elixido Presidente da primeira comisión executiva. No acto participa Amaro del Rosal, Presidente da Federación Nacional de Banca da UGT. O 18 de setembro celebrouse na Coruña o I Congreso da Federación Rexional de Traballadores da Banca de Galicia, participando representantes dos sindicatos bancarios de Lugo, Vigo, Ourense, Monforte de Lemos, Ferrol, Santiago, A Rúa, Padrón, Melide, Carballo, Cee, Pontevedra e Betanzos. Francisco Mazariegos foi elexido o seu primeiro Presidente. Folga Xeral na Coruña convocada pola Federación Local Obreira (Anarquista). Confírmase a existencia no Barco de Valdeorras, dunha Casa do Pobo en calidade de aluguer ocupada polo Sindicato de Traballadores da Terra da localidade Ourensán. No verán visita A Coruña o representante da Federación Nacional de Dependentes da UGT, Antonio Masiá. Creación da Unión de Obreiros das Industrias da Electricidade, Gas e Auga da Coruña. Do 18 ó 24 de setembro celébrase en Madrid o II Congreso da Federación Nacional de Traballadores da Terra (FNTT- UGT). Constitución da Sección de Axentes e Viaxantes da Coruña.

  • En febreiro celébrase en Betanzos o I Congreso dos Traballadores da Terra da UGT en Galicia. Apróbase o plano da Casa do Pobo de Ferrol, proxecto que non se chegou a levar adiante. No mes de febreiro ingresa na UGT a Asociación Profesional de Empregados de Oficinas e Despachos de A Coruña. En marzo ingresa na UGT a Sección de Axentes e Viaxantes de Comercio de A Coruña. No mes de Agosto ingresa na UGT a Sección de Persoal do Servicio de Hospitais “La Salud” de A Coruña. Os días 12 e 13 de agosto, no local do PSOE-UGT da Coruña, sito na rúa Cordelería número 32, tivo lugar a I Congreso Provincial Socialista. Asisten entre outras representacións de Ferrol, A Coruña, Santiago, Mazaricos, Riveira, A Póboa, Cervás, Ares, Pontedeume, Fene, Narón, Serantes, Mugardos, Neda e Mugardos. Contou coa presencia de Manuel Cordero, deputado e membro do Comité Central do PSOE. Asistiron Deputados da provincia como Edmundo Lorenzo, Ramón Beade, así como Jaime Quintanilla, M. Fernández e M. Morado. Na Mesa que presidiu o Congreso atopábanse Tejero Williman de Ferrol como Presidente, e como secretarios Enríquez da Póboa e F. Tudó da Coruña. A dirección provincial quedou conformada por Corbeira como Presidente, Tudó secretario e Naya tesoureiro (os tres da Coruña), e uns vocais polas zonas de Ferrol e Santiago No mes de setembro , Vicente Fernández, secretario-tesoureiro da Cooperativa Española de Casas Baratas “Pablo Iglesias”, impartiu unha conferencia na Coruña invitado pola Federación Local da UGT. O 12 de Setembro dimite o goberno de Azaña. En novembro celébranse eleccións xerais, coa victoria da Confederación Española de Dereitas Autónomas (CEDA). No mes de Decembro Folga Xeral en España, catalogada de revolucionaria. A publicación mensual S.O.S. dos Dependentes de Comercio, con sede na Casa do Pobo de Vigo, acada unha tirada de 1.500 exemplares.

  • O 27 de Xaneiro reúnese o Comité Nacional da UGT que introduce cambios na dirección. Antonio Fernández de Gracia, Presidente. Francisco Largo Caballero, secretario xeral. No mes de febreiro ten lugar o I Congreso da Federación Socialista de Pontevedra, que elixe a Francisco Tilve como Presidente. En abril celébrase en Madrid o V Congreso das “Juventudes Socialistas de España” (nova etapa) que elixe como Presidente a Carlos Hernández Zancajo, Vicepresidente a Rodolfo Obregón e Secretario a Santiago Carrillo. “Revolución de Outubro”. Folga xeral contra a política reaccionaria do goberno da dereita. Fortísima represión, fundamentalmente en Asturias. Constitución da Federación Rexional de Auxiliares de farmacia de Galicia. A Sección-Coruña da Organización Telefónica Obreira Española ingresa na UGT no mes de xuño.

  • O escándalo do estraperlo obriga ó Presidente Lerroux a dimitir. Comeza a formación da Fronte Popular. Constitúese na Coruña a Unión de Estudantes Antifascistas liderada polo secretario xeral da ATE-Coruña, Eugenio Carré Naya. A Unión Tabacalera de A Coruña, liderada por Chacón, da os primeiros pasos para adquirir en propiedade o terreo da rúa Fernández Latorre.

  • A Fronte Popular (PSOE, PCE, UGT, POUM, Partido Sindicalista, Juventudes Socialistas, Unión Republicana, Izquierda Republicana) gaña as eleccións lexislativas celebradas o 16 de Febreiro. O 19 de febreiro fórmase un novo goberno presidido por Manuel Azaña. O 5 de abril, na Praza de Toros das Ventas en Madrid, ten lugar o Mitin de unificación das “Juventudes Socialistas de España” e da “Unión de Juventudes Comunistas”, dando lugar o nacemento das “Juventudes Socialistas Unificadas”, con una dirección provisional paritaria composta por catro socialistas: Santiago Carrillo, Federico Melchor,  José Laín, e  José Cazorla; e catro comunistas: Trifón Medrano, Manuel Vidal, Fernando Claudín e Segis Álvarez. No mes de maio celébrase en Vigo o Congreso Constituinte da Federación Galega de Traballadores da Enseñanza (F.G.T.E.), precedente da actual FETE-UGT de Galicia. Do 17 ao 24 de maio ten lugar en Vigo o I Congreso da FETE-UGT de Galicia, que elixe a Apolinar Torres López como o seu primeiro secretario xeral. A FTE (Federación Tabaquera Española) ingresa na UGT. Inclúe as “cigarreiras” da fábrica de A Coruña. En xuño remodélase a executiva do PSOE. Ramón González Peña, Presidente. Vicepresidente Luís Jiménez de Asúa. No mes de Xullo ingresa oficialmente na UGT o Sindicato Provincial de Contribucións e Impostos da Coruña. O 18 de Xullo prodúcese a sublevación militar contra o Goberno Constitucional Republicano, e iniciase a Guerra Civil. UGT fai un chamamento á folga xeral contra o golpe. Largo Caballero pasa a presidir o Goberno da República, nun intento de unir a todas as forzas obreiras na loita contra a sublevación militar. En Galicia, onde triúnfa o golpe, comeza de inmediato unha durísima represión política. Os principais dirixentes da UGT e do PSOE son fusilados, encarcerados ou vense obrigados ó exilio. Todos os  bens patrimoniais do sindicato son incautados polas novas autoridades militares.

  • O 18 de maio reúnese o Comité Nacional da UGT, que destitúe a Comisión Executiva. O 1 de setembro o Comité Nacional da UGT designa unha nova comisión executiva presidida por Antonio González Peña, con José Rodríguez Vega como secretario xeral.

  • Pleno do Comité Nacional Ampliado da UGT. Reúnense as dúas “tendencias” en conflicto co delegado da Federación Sindical Mundial (Jouhaux). Elíxese unha nova executiva de integración presidida por Antonio González Peña, José Rodríguez Vega como secretario xeneral, na que se inclúen catro membros da anterior executiva presidida por Caballero. En Marzo subscríbese un Programa de Unidade de Acción entre UGT-CNT.

  • O 1 de abril, coa victoria das forzas franquistas, comeza o longo período da ditadura e o traballo sindical da UGT no exilio e na clandestinidade, dirixida por González Peña/Rodríguez Vega.

  • En Outubro, formación da primeira comisión executiva do PSOE no interior.

  • O 10 e 11 de novembro celébrase en Toulouse  o I Congreso da UGT no exilio. Trifón Gómez San José, Presidente, e Pascual Tomás Taengua, secretario xeral. Do 24 ó 25 de setembro, I Congreso do PSOE no exilio celebrado en Toulouse. Enrique de Francisco, Presidente. Vicepresidente, Trifón Gómez.

  • En febreiro cae detida a primeira comisión executiva do PSOE no interior. En Marzo, segunda comisión executiva clandestina PSOE-UGT no interior presidida por Eduardo Villegas. Do 21 ao 22 de abril, celébrase en Toulouse (Francia) o I Congreso no exilio das “Juventudes Socialistas de España” que elixe a José Gregori Martínez como Secretario Xeral, e a Manuel Lasso de la Vega, secretario de organización. UGT participa na creación da Federación Sindical Mundial (FSM). De 1945 a 1971 a dirección do Sindicato está composta por unha Comisión Executiva no interior (1945-1954), vocais e delegados da CE no interior (1958-1964), unha Comisión Permanente (1945-1971), uns coordinadores (1949-1962), e un delegado da CE no exilio en España, Juan Losada Martín (1967-1970).

  • O 23 de Marzo morre en París Francisco Largo Caballero. Do 22 ó 26 de maio II Congreso do PSOE no exilio celebrado en Toulouse. Presidente, Enrique de Francisco. Trifón Gómez, Vicepresidente. En xuño cae  a segunda executiva PSOE-UGT no interior (13 detidos e desarticulación do aparato clandestino de prensa). A partir do 4 de xullo celébrase en Toulouse (Francia) o II Congreso no exilio das “Juventudes Socialistas de España”, sendo elixido Salvador Martínez Dassi como Secretario Xeral, e Victorio Rentero Secretario de Organización. En Xullo constitúese a Terceira Comisión Executiva no interior presidida por Miguel Angel Martínez. II Congreso de UGT no exilio celebrado en Toulouse. Trifón Gómez San José. reelixido Presidente, e Pascual Tomas Taengua, secretario xeral.

  • Do 26 ao 27 de abril celébrase en Toulouse (Francia) o I Pleno das “Juventudes Socialistas de España” no exilio, que reelixe a Salvador Martínez Dassi como Secretario Xeral, e Victorio Rentero de Organización. Do 1 ó 6 de maio, o Consello de Resistencia Vasco (do que son membros o PSOE e a UGT) fai un chamamento á folga xeral no País Vasco, contra os salarios de fame e contra a ditadura. 35.000 traballadores secundan o chamamento. Prodúcense 14.000 despedidos e centos de detidos.

  • En marzo celébrase en Toulouse (Francia) o II Pleno das “Juventudes Socialistas de España” no exilio, que reelixe a Salvador Martínez Dassi como Secretario Xeral e a Victorio Rentero de Organización. Do 25 ó 29 de marzo, III Congreso do PSOE no exilio celebrado en Toulouse. Indalecio Prieto, elixido Presidente. Trifón Gómez, Vicepresidente.

  • En xaneiro, consello de guerra contra 27 militantes da UGT (entre eles a comisión executiva do interior), que son condenados a penas de 1 a 9 anos de cárcere. UGT participa na constitución da Confederación Internacional del Organizacións Sindicais Libres (CIOSL). O 20 de xaneiro, III Congreso de UGT no exilio, celebrado en Toulouse. Trifón Gómez San José, reelixido Presidente, e Pascual Tomas Taengua, secretario xeral. En xuño, nova redada contra as organizacións socialistas. Son detidos máis dun centenar de militantes. Do 19 o 20 de xuño celébrase o III Pleno das “Juventudes Socialistas de España” no exilio. Que reelixe a Salvador Martínez Dassi como Secretario Xeral e a Victorio Rentero, Secretario de Organización. O 27 de Xullo, detencións do Presidente da Comisión Executiva no interior. Os poucos meses organízase o que será a quinta CE.

  • Do 22 ó 25 de Xuño IV Congreso do PSOE no exilio, celebrado en Toulouse. Indalecio Prieto reelixido Presidente. Trifón Gómez, Vicepresidente.

  • Folga en Barcelona contra a subida do prezo dos tranvías. Do 31 de Marzo ó 1 de Abril, Congreso Extraordinario do PSOE no exilio, celebrado en Toulouse. Trifón Gómez, Presidente. Pascual Tomás Vicepresidente. 1 de Abril. Xornada de solidariedade internacional en Francia  cos folguistas españois organizada polo PSOE e a UGT. Recádanse 1.900.000 francos con destino a loita no interior. 2 de abril, IV Congreso da UGT no exilio, celebrado en Toulouse. Trifón Gómez San José reelixido Presidente, e Pascual Tomas Taengua, secretario xeral. Do 14 o 15 de xullo celébrase en Toulouse (Francia) o IV Pleno de Delegados das “Juventudes Socialistas de España” no exilio, que elixe a Salvador Martínez Dassi como Secretario Xeral, e a Antonio García Duarte Secretario de Organización. O 9 de novembro, asalto ós locais do PSOE e da UGT en Toulouse por elementos da policía franquista.

  • O 11 de Marzo redada policial que desarticula parte da dirección nacional. Reestructúrase a dirección no interior elixindo Presidente da Sexta Comisión Executiva a Tomas Centeno Sierra. Do 15 ó 18 de Agosto, V Congreso do PSOE no exilio celebrado en Toulouse. Trifón Gómez, Presidente, e Pascual Tomás Vicepresidente.

  • En Febreiro, represión contra o PSOE e a UGT. Son detidos mais de 50 militantes entre eles a Comisión Executiva da CE clandestina do PSOE e a UGT. Tomas Centeno morre nas dependencias da Dirección Xeral de Seguridade. O 27 de Setembro, V Congreso da UGT no exilio, celebrado en Toulouse. Trifón Gómez San José, reelixido Presidente, e Tomas Taengua, Secretario Xeral. Entre 1.945 e 1.953 foron detidas cinco Comisións Executivas no interior.

  • En maio, desarticulación da UGT de Álava. Os detidos son acusados de propaganda ilegal e de organizar folgas “con incitación a sedición”. Do 6 ao 7 de xuño celébrase en Toulouse (Francia) o I Pleno ampliado con facultades de Congreso das “Juventudes Socialistas de España”  no exilio. Salvador Martínez Dassi e reelixido Secretario Xeral e Antonio García Duarte Secretario de Organización.

  • Do 12 ó 15 de Agosto, VI Congreso do PSOE no exilio, celebrado en Toulouse. Rodolfo Llopis, secretario xeral; Vicesecretario José Barreiro.

  • Inicia a súa actuación na universidade a ASU (Agrupación Socialista Universitaria). Do 20 ao 21 de maio celébrase en Toulouse (Francia) o II Pleno ampliado con facultades de Congreso das “Juventudes Socialistas de España” no exilio. Antonio García Duarte resulta elixido Secretario Xeral, e Violeta Fernández Rodríguez Secretaria Administrativa. O 9 de Agosto, VI Congreso da UGT no exilio, celebrado en Toulouse. Rodolfo Llopis Ferrándiz e elixido novo Presidente, e Pascual Tomas Taengua resulta reelixido secretario xeral.

  • En Febreiro, Acordo de París firmado por PSOE, UGT, MSC, IR, UR, PRF, ERC, PNV, ANU,  e STV.

  • Do 13 ao 14 de xullo celébrase en Toulouse (Francia) o III Pleno ampliado con facultades de Congreso das “Juventudes Socialistas de España” no exilio. Francisco Gómez Astudillo resulta elixido Secretario Xeral, e Carlos Martínez Cobo Secretario de Organización. Do 14 ó 17 de Agosto, celébrase en Toulouse o VII Congreso do PSOE no exilio. Secretario xeral Rodolfo Llopis; Vicesecretario José Barreiro. Acórdase manter a dirección no exterior, aínda que dous dos seus membros permanecerán en España. A UGT adoptará unha medida similar no seu congreso do ano seguinte. O 8 de novembro é detido Antonio Amat Maiz (activo reorganizador socialista alavés). É o comezo de unha grande redada na que caen 50 militantes socialistas de Madrid, Bilbao, Barcelona, San Sebastián, Valencia, Vitoria, Sevilla, Málaga, Granada e Asturias. Entre os detidos figura o médico e escritor José Luís Martín Santos. Nesta acción represiva a UGT e o PSOE, sofren a perda do seu arquivo xeral, 6 aparatos de propaganda e máis de 164.000 pesetas da caixa de resistencia. Os detidos superaron o centenar, sendo procesados 47.

  • O 13 de Agosto, celébrase en Toulouse o VII Congreso da UGT no exilio. Rodolfo Llopis Ferrándiz e reelixido Presidente, e Pascual Tomas Taengua, secretario xeral.

  • En Agosto son detidos 29 militantes socialistas: 2 en Zaragoza, 1 en Málaga, 7 en Santander, 8 en Asturias e 11 en Vizcaya, entre eles Nicolás Redondo Urbieta.

  • Do 2 ao 3 de marzo celébrase en Toulouse (Francia) o IV Pleno ampliado con facultades de Congreso das “Juventudes Socialistas de España” no exilio.  Carlos Martínez Cobo resulta elixido secretario xeral e José Martínez Cobo, Secretario de Organización. En maio créase formalmente a Alianza Sindical, formada por UGT, CNT e STV. En Xuño constitúese a Unión de Forzas Democráticas (PSOE, UGT,  Esquerda Demócrata Cristián, ARDE, PNV, STV,  e Acción Nacionalista Vasca). Do 12 ó 15 de Agosto VIII Congreso do PSOE no exilio celebrado en Puteaux (Seine). Rodolfo Llopis, secretario xeral; José Barreiro, Vicesecretario.

  • En Xaneiro morre Diego Martínez Barrio (Presidente da República Española no exilio). Luís Jiménez de Asúa exerce as funcións de  Presidente da República e encarga formar goberno a Claudio Sánchez Albornoz. O 5 de febreiro son detidos en Madrid Luís Gomez Llorente, Miguel Angel Martínez, Miguel Boyer e Angel de Lucas, acusados de crear unha organización socialista de estudantes universitarios. O 12 de febreiro falece en México Indalecio Prieto. O 2 de Agosto celébrase en París o VIII Congreso da UGT no exilio. Rodolfo Llopis Ferrándiz é reelixido Presidente, e Pascual Tomas Taengua secretario xeral. Onda de folgas, na minería en Asturias; o metal en Euskadi, Cataluña, Madrid e León.

  • Constitución do Partido Socialista Galego

  • Do 13 ó 16 de Agosto IX Congreso do PSOE no exilio, celebrado en Toulouse. Presidente Pascual Tomás Taengua; Vicepresidente, Miguel Armentia Juvete. O 13 de Outubro, a UGT de Euskadi, con CNT e STV, convocan unha xornada de folga xeral en Vizcaya, que é seguida amplamente.

  • O 18 de abril celebrase o VI Pleno ampliado con facultades de Congreso das “Juventudes Socialistas de España” no exilio. Manuel Garnacho resulta elixido Secretario Xeral e Manuel Simón Secretario de Organización. O 5 de Agosto, IX Congreso da UGT no exilio, celebrado en Toulouse. Rodolfo Llopis é reelixido Presidente, e Pascual Tomas secretario xeral.

  • O 17 de xaneiro, diante do TOP (Tribunal de Orde Público), vese a causa contra o militante do PSOE e da UGT de Cenera (Oviedo), Evaristo Martínez Fernández, que é  condenado a unha pena de prisión menor por facer propaganda contra as eleccións sindicais. Pola mesma causa son detidos e procesados militantes de Vizcaya, Guipuzcoa e Asturias. En Abril, e como consecuencia das accións folguistas, máis de 300 traballadores de UGT, STV e USO son deportados, entre eles figuran Ramón Rubial e Nicolás Redondo. A Coruña, chega deportado Valeriano Gómez Lavín, traballador de “Bandas”, e dirixente da USO en Vizcaya. Do 13 ao 15 de maio celébrase en Toulouse (Francia) o III Congreso no exilio das “Juventudes Socialistas de España”. Manuel Garnacho resulta elixido Secretario Xeral, e A. Ruíz Serrano Secretario de Organización. Do 12 ó 15 de Agosto, X Congreso no exilio do PSOE, celebrado en Toulouse. Presidente Ramón Rubial; Vicepresidente Miguel Armentia. Constitución do Partido Socialista do Interior (Enrique Tierno Galván).

  • En xuño son condenados pola súa participación nas accións do 1º de maio (1.967) 10 militantes socialistas, 9 son de Asturias e 1 de Santander, con un total de 16 anos de cárcere. O 1 de Agosto,  X Congreso da UGT no exilio, celebrado en Toulouse. Rodolfo Llopis, reelixido Presidente, e Pascual Tomas secretario xeral. O 10 de Decembro, detención de 13 militantes do PSOE e da UGT, entre os que figuran Ramón Rubial, Eduardo López Albizu e outros, pertencentes todos eles á Federación de Vizcaya da UGT. Na segunda quincena de Decembro, dítase orde de busca e captura contra 10 militantes da UGT en Asturias. O 23 de Decembro, detención de socialistas en Madrid (entre eles o vello militante de banca e seguros: Cristóbal Cáliz).

  • Comisión Executiva da UGT trala dimisión dos membros elixidos no X Congreso. Segue Rodolfo Llopis como Presidente, sendo o novo secretario xeral Manuel Muiño Arroyo. En xaneiro Estado de Excepción en todo o territorio español: 714 represaliados, entre eles figuran 190 militantes da UGT, PSOE e Xuventudes Socialistas, pertencentes ás federacións de Asturias, Álava, Guipuzcoa, Vizcaya, Madrid e outras. En Xullo e Novembro, diversas condenas de militantes do PSOE, UGT e Xuventudes Socialistas no País Vasco.

  • O 15 de febreiro son condenados diversos militantes socialistas de Sevilla. Do 28 ao 29 de marzo celébrase en Toulouse (Francia) o IV Congreso no exilio das “Juventudes Socialistas de España”. O Congreso decide que a Comisión Executiva resida maioritariamente no interior. O Comité Nacional celebrado pouco despois acordou  unha distribución das secretarias zonas xeograficas. A Secretaría Xeral atribúese a Vizcaya, a de Organización a Cataluña e logo a Guipúscoa, e outras a Sevilla e Madrid. O 16 de Abril, novo proceso  e condena contra 16 militantes socialistas, entre eles Ramón Rubial,  que xa contaba con mais de 20 anos pasados nas cárceres franquistas. Do 13 ó 16 de Agosto , XI Congreso do PSOE no exilio, celebrado en Toulouse. Secretario Xeral, Rodolfo Llopis; Secretario de Organización, José Martínez de Velasco.

  • En agosto reúnese o XI Congreso da UGT no exilio. A dirección elixida conta con unha executiva con membros do interior, clandestinos, e do exterior. A dirección no interior queda composta por: Nicolás Redondo Urbieta e Eduardo López Albizu como secretarios políticos, xunto con Agustín González Mendía, Enrique Múgica Herzog, Pablo Castellano Cardallaguet, e Felipe González Márquez. A dirección no exterior queda integrada por: Organización: Antonio García Duarte; Administración: José Mata Castro; Formación: Paulino Barrabés Ferrer; Prensa e Propaganda: Manuel Simón Velasco; Relacións con outras forzas: Juan Iglesias Garrigós. Meses atrás, no mes de febreiro, foran detidos en Madrid Enrique Múgica, Nicolás Redondo, Felipe González, Cristóbal Cáliz e Ambrosio Gutiérrez. En Setembro a UGT convoca folgas en Asturias e Madrid, e na construción conxuntamente con CC.OO. En Setembro constitúese a Asemblea Democrática de Cataluña que aglutina os grupos de oposición, entre eles a Federación Catalana do PSOE.

  • Do 5 ao 7 de xaneiro celébrase en París o V Congreso no exilio das “Juventudes Socialistas de España”. A nova dirección queda integrada por militantes do interior na clandestinidade. José María Benegas (Vizcaya), José Antonio Maturana (Guipúscoa), Sebastián Reina (Madrid), e outros en Asturias, Valencia, Vitoria e Sevilla. En agosto, XII Congreso da UGT celebrado en Toulouse, último no exilio, que tamén conta con unha executiva repartida entre o interior (Secretario Político, Nicolás Redondo Urbieta; Secretario de Administración Eduardo López Albizu; de Organización, Enrique Múgica Herzog; de Acción Sindical,  Agustín González Mendía, e Secretarios  de Relacións Políticas, Marcelino García Suárez, Jesús Ramón Mancho Atienza, Pablo Castellano Cardellaguet, Joaquín Jou i Fonolla, Luís Alonso Novo), e o exterior (a dirección queda integrada por: Organización, Antonio García Duarte; Administración José Mata Castro; Formación, Juan Iglesias Garrigós; Prensa e Propaganda, Máximo Rodríguez Valverde; Emigración. Carlos Pardo Cavado). En Marzo, detencións en Vizcaya de militantes do PSOE por causa das folgas de metalúrxicos. Tres mil obreiros son despedidos de emprego e soldo durante dous meses. En Marzo, dous obreiros son asasinados pola forza pública  en San Adrián de Besós (Barcelona). En xuño, folga xeral en Pamplona. O 20 de decembro. Proceso 1.001 contra dirixentes de CC.OO. O 20 de decembro, morte en atentado de Carrero Blanco, en Madrid.

  • O 6 de xaneiro, a Internacional Socialista decide o recoñecemento do Congreso celebrado en Toulouse o mes de agosto como “legal” e “lexítimo” fronte ó convocado posteriormente por Llopis. En maio, auspiciada polo PSOE, reúnese en París a Conferencia Socialista Ibérica. Do 11 ó 13 de Outubro, celébrase o XIII Congreso do PSOE no exilio (XXVI dende a constitución do partido), que ten lugar en Suresnes. Felipe González é elixido Primeiro Secretario do PSOE. Nicolás Redondo, secretario de organización. En novembro, o Partido Socialista do Interior cambia de nome: Partido Socialista Popular.

  • En abril, o PSOE abandona a Conferencia Socialista Ibérica. En maio, numerosas detencións de socialistas no Cemiterio Civil de Madrid, onde o PSOE e a UGT tiñan convocado o 1º de Maio en conmemoración do 50 aniversario da morte de Pablo Iglesias. En Xuño, creación da Plataforma de Converxencia Democrática (integrada por PSOE, PNV, ORT, MCE, Reagrupación Socialista de Catalunya, Izquierda Democrática Cristiana e Carlistas). Do 18 ao 20 de xullo celébrase en Lisboa o VI Congreso no exilio das “Juventudes Socialistas de España”. Establecese unha dirección colexiada de 8 membros: Ildefonso Gómez (Raúl), Luís Osorio (Rati), Pedro Viana(Gora), Juan Miguel Fernández Ruíz , Pedro García López, Javier Septién Ortiz (Mikel), Luciano González e Inés Dueñas (Raquel). Un Comité Nacional posterior, celebrado en febreiro de 1976 elixiría unha Comisión Executiva con Miguel Angel Prieto como Secretario Xeral, José Recio Secretario de Organización Norte, e Juan Antonio Barragán Secretario de Organización Sur. 20 de novembro, morte de Franco.

  • En marzo, nace a Federación de Partidos Socialistas coas organizacións integradas na Conferencia Socialista Ibérica. En Marzo, Plataforma e Xunta, únense en Coordinación Democrática. En marzo, varios traballadores mortos pola policía ó concluír unha asemblea celebrada nunha igrexa de Vitoria. Do 15 ó 18 de Abril, celébrase en Madrid o XXX Congreso da UGT, o primeiro celebrado en España dende 1.939  trala paréntese da ditadura. De ser celebrado en Bruxelas como estaba inicialmente previsto, sería o número trece, pero ó ter lugar en España pasa a ser o XXX Congreso. Nicolás Redondo Urbieta, reelixido secretario xeral. UGT celebra o 1º de Maio, baixo os lemas: POLA UNIDADE DE ACCION E A RUPTURA SINDICAL. POLA LIBERTADE SINDICAL A UNIDADE. ¡VIVA A UNION XERAL DE TRABALLADORES! ¡VIVA A CAUSA DA EMANCIPACION OBREIRA! Do 19 ó 20 de xuño Xornadas constituíntes da Federación de Partidos Socialistas. O 23 de xullo, UGT, CC.OO e USO participan na creación da Coordinadora de organizacións Sindicais (COS). No mes de outubro constitúese en Asemblea o I Comité Executivo (posteriormente Comisión Executiva) da Unión Local da UGT de Pontevedra. Do 30 de outubro ó 1 de novembro, fundación do Partido Socialista de Cataluña. O 8 de novembro, Comisións Obreiras anuncia a súa constitución en sindicato. Do 5 ó 8 de Decembro, XXVII Congreso do PSOE en Madrid. Convocado para o mes de novembro, foi prohibido e autorizado ó mes seguinte. Congreso que significa o apoio internacional ó socialismo español. Acoden entre outros: Mitterrand; Willy Brandt, Soares, Altamirano, Olof Palme, etc. Presidente Ramón Rubial; Primeiro Secretario, Felipe González. O día 15 de Decembro ten lugar en España o referendo para a reforma política.

  • O 24 de xaneiro, UGT sae da COS. En febreiro celébrase en Santiago o I Congreso da Federación Socialista Galega-PSOE. O primeiro despois da guerra e o exilio. Durante os días 25 e 27 de febreiro celébrase en Santiago o Congreso constituínte do PSOE en Galicia, despois dos longos anos de clandestinidade e exilio. Ten lugar baixo a denominación de “I Congreso de Federación Socialista Galega”. No Congreso participan 150 delegados, pertencentes a agrupacións de A Coruña, Santiago de Compostela, Foz, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo. O Congreso elixe como secretario de organización a Francisco Vázquez. En febreiro é legalizado o PSOE. O 30 de marzo, o Pleno das Cortes aproba un Decreto-Lei recoñecendo a liberdade de asociación sindical e acaba con 40 anos de sindicalismo obrigatorio. O 4 de Abril, acordo entre a Federación Catalana do PSOE e o Partido dos Socialistas de Cataluña para concorrer unidos as eleccións e iniciar un proceso de fusión. O 9 de Abril, legalización do PCE. 28 de Abril, legalización de UGT, USO e CC.OO. UGT celebra o 1º de Maio baixo o lema POLA LIBERTADE SINDICAL. En maio, integración de Convergencia Socialista Madrileña no PSOE. En xuño celébranse as primeiras eleccións democráticas para o Congreso dos Deputados. En Galicia o Partido Socialista Galego (PSG) que non consigue representación, fracciónase, formándose o Colectivo Socialista – PSG, que liderado por Xosé Luís Rodríguez Pardo, Ceferino Díaz e Fernado González Laxe entre outros, propugna a integración no PSOE. O 15 de xuño, coincidindo coas primeiras eleccións democráticas, derrógase a cota sindical obrigatoria. O 15 de Xuño, celébranse as primeiras eleccións  democráticas ás Cortes Xerais. O PSOE obtén 118 deputados e 48 senadores. Do 30 ó 31 de Xullo celébrase un Congreso extraordinario da UGT, como continuación do XXX Congreso. Do 27 ao 29 de setembro celébrase en Madrid o XIII Congreso das “Juventudes Socialistas de España”. Juan Antonio Barragán Rico resulta elixido Secretario Xeral e Francisco Villaverde Secretario de Organización. En xuño de 1977 remodélase a Comisión Executiva, resultando elixido Nicolás Redondo Terreros novo Secretario de Organización. Do 20 ó 22 de novembro celébrase en Pontevedra un Congreso Extraordinario do PSOE. Tras a censura da anterior executiva á elixida unha nova dirección, encabezada por Modesto Seara como secretario xeral. Adóptase o nome de “Partido Socialista de Galicia – PSOE”, que despois de varios contenciosos acabará por denominarse “Partido dos Socialistas de Galicia – PSOE”. O 18 de Decembro deu comezo o Congreso de unificación da UGT e un sector de USO.

  • De xaneiro a febreiro, primeiras eleccións sindicais en liberdade.  No conxunto de España UGT consigue 38.671 delegados, e CC.OO. 47.111. En Galicia, UGT obtén 1.481 delegados, CC.OO. 2.388, USO 271,  CSUT 602, Non Afiliados 1.203 e Outros 2.728. No mes de abril, intégranse no PSdeG-PSOE o Partido Socialista Popular de Galicia, e o Colectivo Socialista Galego (CSG) escindido do Partido Socialista Galego (PSG). Do 19 ó 23 de Abril, celébrase en Madrid o IX Congreso do PCE. O 22 de abril, celébrase a Asemblea Constituinte da Federación Provincial de Banca, Bolsa e Aforro da UGT de Pontevedra. O 30 de abril, celébrase Comité Federal Extraordinario para proceder á unificación  PSP-PSOE. UGT celebra o 1º de Maio baixo o lema A LOITA SINDICAL CONTINÚA. Do 25 ó 28 de maio, XXXI Congreso Confederal da UGT en Barcelona. Nicolás Redondo reelixido secretario xeral. O 15 de xuño, Congreso de Unificación PSOE-PSC. Do 21 ó 25 de Xuño, celébrase o I Congreso de CC.OO. Do 24 ó 25 de xuño, celébrase o Congreso Provincial da UGT de Pontevedra. O 6 de Decembro, referendo constitucional.  A Constitución é aprobada polo 87,79 por cento dos votos emitidos.

  • O 1 de marzo celébranse eleccións  xerais en España: vitoria da UCD de Adolfo Suárez (34,84%), seguido do PSOE de Felipe González (30,4%). O PSOE obtén 121 deputados e 71 senadores. O 3 de abril, o PSOE obtén a maioría en case todas as grandes cidades nas eleccións municipais. En función do acordo PSOE-PCE as cidades máis importantes de España tiveron alcaldes socialistas. UGT celebra o 1º de Maio co mesmo lema do ano anterior A LOITA SINDICAL CONTINUA, co engadido de “UGT por unha política de pleno emprego”, “Polos dereitos sindicais” e “Pola devolución do Patrimonio Sindical”. O 19 de maio Nicolás Redondo e Manuel Simón, da UGT, son elixidos membros do Comité Executivo da Confederación Europea de Sindicatos (CES). Do 17 ó 20 de maio, XXXVIII Congreso do PSOE en Madrid. Felipe González renuncia á reelección ó aprobarse no Congreso unha resolución política en contradición cas súas concepcións políticas. Elíxese unha Comisión Xestora que preside José Federico de Carvajal, encargada de convocar un Congreso Extraordinario. O 10 de Xuño, UGT e CEOE firman o Acordo Básico Interconfederal (ABI). Do 20 ó 22 de xullo celébrase en Santiago o II Congreso do PSdeG-PSOE. A nova dirección encabezada por Xosé Luís Rodríguez Pardo como secretario xeral, recibe o apoio do 66% dos votos dos delegados. Ademais da secretaria xeral, os dirixentes procedentes do Colectivo Socialista Galego (CSG) conseguen a Presidencia (Francisco González Amadiós), e a Secretaría de Relacións Políticas (Ceferino Díaz). O PSdeG muda a súa estructura provincial pola súa división en trinta comarcas. Do 28 ó 29 de setembro, Congreso Extraordinario do PSOE en Madrid. Felipe González reelixido secretario xeral, Presidente Ramón Rubial. Os días 13 e 14 de outubro celébrase en Santiago de Compostela o Congreso Constituinte da UGT de Galicia. Javier Pedrido Fraiz é elixido secretario xeral. Do 8 ó 16 de Decembro, V Congreso da CNT,  celebrado en Madrid. O 21 de decembro celébrase en Barcelona o XIV Congreso das “Juventudes Socialistas de España”. Juan Antonio Barragán Rico resulta elixido Secretario Xeral, Jaume Valls Secretario de Organización, e Javier de Paz Mancho Secretario de Administración e Finanzas.

  • O 5 de xaneiro UGT e CEOE firman o Acordo Marco Interconfederal, (AMI). O 13 de xaneiro celébrase en Pontevedra o I Congreso Constituinte da Unión Comarcal de Pontevedra, sendo elixido secretario xeral Luís Tilve Santos. No mes de febreiro celébrase o I Congreso da Federación Siderometalúrxica da UGT de Galicia, sendo elixido secretario xeral Eduardo del Val. O 10 de Marzo apróbase o Estatuto dos Traballadores. Do 3 ó 6 de Abril, celébrase o XXXII Congreso Confederal da UGT. Nicolás Redondo reelixido secretario xeral. UGT celebra o 1º de Maio, co lema A UNION XERAL DE TRABALLADORES CONTRA AS CAUSAS DO PARO.  Contra A Lei Básica de Emprego do Goberno, Pola Devolución do Patrimonio Sindical, Por un Pleno Dereito de Folga, Contra a Política Económica do Goberno… e a loita sindical continúa. No mes de maio reúnese en Santiago, por primeira vez dende a súa creación, o Comité Nacional da UGT de Galicia. O 21 de maio, moción de censura do PSOE contra o Goberno de Adolfo Suárez (UCD) que é derrotada, pero consigue grande repercusión pública. O 20 de xuño chega a Madrid procedente de Toulouse o Arquivo Histórico da UGT. Pesa preto de dúas toneladas. No mes de xullo celébrase en Lugo o I Consello (equivalente a Congreso) Galego da USO. No mes de xullo celébrase o Congreso Constituinte da Federación da Construción, Madeira e Afíns da UGT de Galicia. Ramón Calvo Romero resulta elixido secretario xeral.. No mes de xullo, José María Zufiaur (secretario confederal de relacións sindicais)  visita Galicia. En Santiago asiste a inauguración da nova sede de UGT Galicia, visitando tamén Lugo, Ourense, Ferrol e A Coruña. Do 9 ó 10 de Agosto celébrase en Vigo un Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE. Dúas candidaturas concorren á secretaria xeral, dunha banda, Indalecio Tizón, doutra Francisco Vázquez, que resulta elixido secretario xeral co apoio do 62% dos delegados. Participan delegados de 92 agrupacións locais. Do 15 ó 17 de Agosto celébrase en Ferrol o II Congreso de UGT- Galicia. Suso Mosquera, resulta elixido secretario xeral. A Composición da executiva pasou de 17 a 14 secretarías, ó suprimirse a secretaría de coordinación de federacións e as vocalías de pesca e agricultura, coa intención de iniciala creación dos sindicatos do sector. A nova executiva celebrou a súa primeira reunión en Vigo, na Casa do Pobo que UGT acababa de recuperar como Patrimonio Sindical. O período de cómputo para representación institucional das eleccións sindicais establécese entre o 15 de Outubro e o 30 de novembro. En Galicia os resultados foron os seguintes: UGT: 2.370; CC.OO. 2.590: INTG 1.737; USO 700; CSUT 22; Non Afiliados 1.348; Outros 916. O 21 de Decembro o Estatuto de Galicia é aprobado en referendo.

  • O 29 de Xaneiro dimite o Presidente Adolfo Suárez. O 23 de febreiro prodúcese un intento de golpe de estado. A votación sobre a investidura de Calvo Sotelo como Presidente do Goberno é interrompida polo asalto de un grupo de gardas civís ó Congreso, ó mando do tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero. O 25 de febreiro, Leopoldo Calvo Sotelo, novo Presidente do Goberno. UGT celebra o 1º de Maio co lema UNHA PRIORIDADE. O EMPREGO; UNHA TAREFA: A IMPLANTACION SINDICAL; UN OBXECTIVO: A CONSOLIDACION DEMOCRATICA. O 9 de xuño fírmase o Acordo Nacional sobre Emprego (ANE) entre UGT, CC.OO., CEOE e Goberno. En xuño, II Congreso de CC.OO. En xullo, X Congreso do PCE (Abandono do leninismo). En Xullo, parte dos arquivos históricos do PSOE durante a Guerra Civil chegan a Fundación Pablo Iglesias procedentes de Moscú. O 31 de Xullo, o PSOE firma co Goberno os pactos autonómicos. O 20 de outubro, primeiras eleccións autonómicas en Galicia (triunfo de Alianza Popular). Do 21 ó 24 de Outubro XXIX Congreso do PSOE en Madrid. Felipe González, reelixido secretario xeral, Ramón Rubial Presidente. Celébrase en Madrid un Congreso Extraordinario das  “Juventudes Socialistas de España”, que elixe a Federico Mañero Ruíz como Secretario Xeral e a Javier de Paz Mancho Secretario de organización.

  • Do 26 ó 28 de Febreiro celébrase en Betanzos o III Congreso do PSdeG-PSOE. O informe de xestión é aprobado co 80% de votos afirmativos. Francisco Vázquez é reelexido como secretario xeral, dunha executiva que recibe o apoio do 88% dos delegados. O 20 de xuño celébrase en Lugo un Congreso extraordinario do PSdeG-PSOE. Francisco Vázquez renuncia á secretaria xeral por causa de defensa da capitalidade de A Coruña. A nova comisión executiva recibe o apoio do 59% dos delegados, sendo elixido Antinio Rodríguez novo secretario xeral, Antolín Sánchez Presedo vicesecretario xeral, e Manuel Couce, Presidente. O 28 de outubro o PSOE gaña as eleccións xerais con maioría absoluta. O 1 de decembro Felipe González é investido Presidente do Goberno. O  3 de Decembro primeiro goberno socialista. UGT celebra o 1º de Maio baixo o lema E TI ¿CANTOS SOLDOS COBRAS?. CONTRA O PARO SOLIDARIEDADE. O 30 de outubro, o IMAC facilita os datos sobre eleccións sindicais que sitúan á UGT como primeira forza. En España UGT obtén o 36,7%. CC.OO. o 33,4% e USO o 4,6%. En Galicia, UGT consigue 2.874 delegados, CC.OO. 2.555, INTG 1.646, USO 260, Non Afiliados 704 e Outros 651. O 22 de Decembro enviase ás Cortes un proxecto de Lei sobre redución da xornada laboral a 40 horas semanais, e vacacións pagadas de 30 días.

  • Do 29 o 30 de xaneiro celébrase en Madrid o XV Congreso das “Juventudes Socialistas de España”, que reelixe a Federico Mañero como Secretario Xeral, e a Javier de Paz Mancho Secretario de Organización. O 15 de febreiro fírmase o Acordo Interconfederal (AI) entre UGT, CC.OO., CEOE e CEPYME. UGT celebra o 1º de Maio co lema POR UNHA POLITICA DE SOLIDARIEDADE. O día 8 de Maio celébranse eleccións municipais. Do 1 ó 5 de xuño, celébrase en Madrid o XXXIII Congreso Confederal da UGT. Nicolás Redondo reelixido secretario xeral. Do 8 ó 10 de xullo, III Congreso da UGT de Galicia, celebrado en Vigo. Suso Mosquera reelixido secretario xeral. Do 12 ó 16 de xaneiro VI Congreso da CNT en Barcelona. En xuño novo Congreso Extraordinario en Madrid. O 13 de outubro o goberno, os sindicatos e a patronal acordan iniciar as negociacións para a concertación dos próximos anos. Do 14 ó 19 de Decembro, XI Congreso do PCE celebrado en Madrid.

  • Do 29 o 30 de xaneiro celébrase en Madrid o XV Congreso das “Juventudes Socialistas de España”, que reelixe a Federico Mañero como Secretario Xeral, e a Javier de Paz Mancho Secretario de Organización. O 15 de febreiro fírmase o Acordo Interconfederal (AI) entre UGT, CC.OO., CEOE e CEPYME. UGT celebra o 1º de Maio co lema POR UNHA POLITICA DE SOLIDARIEDADE. O día 8 de Maio celébranse eleccións municipais. Do 1 ó 5 de xuño, celébrase en Madrid o XXXIII Congreso Confederal da UGT. Nicolás Redondo reelixido secretario xeral. Do 8 ó 10 de xullo, III Congreso da UGT de Galicia, celebrado en Vigo. Suso Mosquera reelixido secretario xeral. Do 12 ó 16 de xaneiro VI Congreso da CNT en Barcelona. En xuño novo Congreso Extraordinario en Madrid. O 13 de outubro o goberno, os sindicatos e a patronal acordan iniciar as negociacións para a concertación dos próximos anos. Do 14 ó 19 de Decembro, XI Congreso do PCE celebrado en Madrid.

  • Do 11 ó 13 de Xaneiro celébrase en Ourense o IV Congreso de  PSdeG-PSOE. Antolín Sánchez Presedo resulta elixido novo secretario xeral e Antonio Rodríguez, Presidente, dunha executiva que recibe o apoio do 28% dos delegados, e unha abstención do 53%. No Congreso participan 162 agrupacións locais. O 28 de maio o Goberno aproba  a reforma das pensións, con forte oposición da UGT que convoca grandes mobilizacións para o 4 de xuño. UGT celebra o 1º de Maio baixo o lema TODOS CONTRA O PARO. O 19 de Abril, o Comité Central do PCE declara formalmente “autoexcluído” do partido a Santiago Carrillo. O 30 de maio, Nicolás Redondo vota no Parlamento contra a reforma das pensións. O 20 de xuño, CC.OO., ELA-STV, e CNT organizan unha folga xeral contra a reforma das pensións. O 1 de agosto, o Goberno acorda a cesión en uso do patrimonio sindical as Centrais máis representativas. O 23 de novembro pásanse a UGT José María Corel e outros dirixentes da corrente socialista de CC.OO. O 24 de novembro, segundas eleccións autonómicas en Galicia, que gaña Alianza Popular. O secretario xeral da UGT de Galicia, Suso Mosquera, resulta elixido Deputado na lista do PSdeG-PSOE pola Coruña.

  • O 19 de xaneiro, morre Enrique Tierno Galván, Alcalde de Madrid dende 1.979. En xaneiro España ingresa na Comunidade Económica Europea. O 12 de Marzo, referendo sobre a Alianza Atlántica. Apróbase a permanencia cos supostos especificados na pregunta do goberno. Celébrase o referendo sobre a pertenza de España á OTAN. Do 2 ó 6 de Abril, XXXIV Congreso Confederal da UGT, celebrado en Madrid baixo o lema de “El Sindicato para la nueva sociedad”. Nicolás Redondo reelixido secretario xeral. En Abril, constitúese “Izquierda Unida”. UGT celebra o 1º de Maio co lema 100 ANOS DE LOITA SINDICAL. IV Congreso da UGT de Galicia celebrado en Lugo do 29 ó 31 de maio. Reelixida a comisión executiva encabezada por Suso Mosquera como secretario xeral. O 22 de xuño, eleccións xerais. O PSOE obtén maioría absoluta, 184 deputados e 124 senadores. O 23 de Xullo, terceiro goberno socialista presidido por Felipe González. Do 19 ao 21 de setembro celébrase en Madrid o XVI Congreso das “Juventudes Socialistas de España”. Son reelixidos Javier de Paz Mancho como Secretario Xeral, e Antonio Benito Cazorla Secretario de Organización. Durante os meses de outubro, novembro e decembro efectúanse eleccións sindicais con unha participación do 80% dos traballadores convocados. UGT obtén o 4o,9% dos delegados elixidos, e CC.OO. o 34,5%.

  • Do 16 ó 18 de xaneiro, Terceira Conferencia Nacional de Sindicatos da CNT, en Madrid. O 25 de abril prodúcese un salvaxe atentado contra a Casa do Pobo de Portugalete, onde faleceron os compañeiros Maite Torrano e Félix Peña. UGT celebra o 1º de Maio co lema LOITEMOS POLA SOLIDARIEDADE. Do 13 ó 15 de maio celébrase en A Toxa o V Congreso do PSdeG-PSOE. O informe de xestión apróbase co 91% dos votos dos delegados. Antolín Sánchez Presedo resulta reelexido secretario xeral co 74,5% dos votos. Asisten ó Congreso 189 agrupacións. 10 de Xuño. O PSOE gaña as eleccións municipais e autonómicas, pero perde as  maiorías absolutas en moitos casos. 10 de Xuño. Eleccións directas ó Parlamento Europeo: O PSOE obtén 28 eurodeputados. 23 de Setembro. Fernando González Laxe, Presidente da Xunta de Galicia, tras presentar unha moción de censura contra Fernández Albor (Alianza Popular). 21 de Outubro. Nicolás Redondo, secretario xeral da UGT, e  Antón Saracíbar, secretario de organización do sindicato, renuncian ós seus escanos no Congreso dos Deputados, por discrepancias cos Presupostos Xerais do Estado para 1.988. Dimiten dos seus escanos pola mesma causa, o 28 de Outubro, o secretario xeral da UGT de Andalucía, Cándido Méndez, e o 19 de novembro Emilio Castro como senador do PSOE. Durante os meses de novembro-decembro realízanse eleccións sindicais na Función Pública, dando lugar á seguinte composición do Consello Superior da Función Pública: UGT, 7; CC.OO., 6; CSIF, 3; e ELA-STV, 1. Do 18 ó 21 de Novembro, IV Congreso de Comisións Obreiras.

  • Do 22 ó 24 de xaneiro, XXXI Congreso do PSOE, celebrado en Madrid. Felipe González, secretario xeral. Ramón Rubial, Presidente. I Centenario da UGT. En febreiro XII Congreso do PCE. Julio Anguita novo secretario xeral. UGT celebra o 1º de Maio co lema POR UN COMPROMISO DE EMPREGO. O 7 de xuño, Cuarto Goberno Socialista de Felipe González. A comezos de decembro, o secretario xeral da UGT de Galicia, Suso Mosquera, renuncia o seu escano de Deputado no Parlamento de Galicia, por “incompatibilidade evidente”. O 14 de decembro, España paralizouse ca maior folga de toda a súa historia. Secundan a folga máis de 8 millóns de traballadores convocados polas centrais sindicais, encabezadas por UGT e CC.OO., en contra da política económica do Goberno. Negociación de unha nova previsión de inflación, recuperación dos dous puntos de poder adquisitivo perdido polos traballadores, retirada inmediata do Plan de Emprego Xuvenil, reforma do INEM e recoñecemento do dereito á negociación colectiva dos funcionarios, eran basicamente as reivindicacións dos sindicatos.

  • 1 de xaneiro. España preside o Consello de Ministros da Comunidade Económica Europea, por primeira vez. O 20 de febreiro constitúese o Consello Galego de Relacións Laborais, do que forma parte a UGT de Galicia. Luís Caramés foi o seu primeiro Presidente, convocando a primeira xuntanza do pleno deste órgano consultivo e asesor da Comunidade Autónoma en materia laboral, para o 27 de febreiro. En febreiro, rómpense definitivamente as negociacións entre o Goberno e Sindicatos o non haber acordo nos catro puntos que motivaron a folga xeral do 14-D. Durante os meses de marzo, abril e maio, estiveron abertas as conversas sobre o emprego nas que UGT presentou a súa proposta de 170 medidas “Por un compromiso de emprego”. O 25 de abril a Comisión Executiva Confederal da UGT determina non apoiar ó PSOE nas eleccións europeas. O 1º de maio, UGT e CC.OO., xuntos despois de 6 anos, co lema PORQUE… ¡XA ESTA BEN! XUNTOS PODEMOS. Por primeira vez non se invita ó PSOE nin ás Xuventudes Socialistas. 24 e 25 de Marzo. Conferencia Nacional de Sindicatos da CNT. O día 15 de xuño, Eleccións ó Parlamento Europeo. O PSOE obtén 27 eurodeputados. O 29 de Outubro, celébranse eleccións a Cortes Xerais. O PSOE quédase a un escano da maioría absoluta. Obtén 175 deputados e 108 senadores. O 17 de Decembro, terceiras eleccións autonómicas en Galicia, que gana o Partido Popular.

  • De xaneiro a decembro celébranse as quintas eleccións sindicais. O 31 de xaneiro, Goberno, UGT e CC.OO. firman un acordo sobre o control dos contratos laborais con fortes reaccións da CEOE. Co fin de axilizar a negociación colectiva e en proba de unidade sindical, CC.OO. e UGT convocan do 26 de marzo o 6 de abril, unha ondada de folgas, manifestacións e asembleas en aqueles sectores onde os convenios colectivos non avancen. As mobilizacións serán secundadas por uns dous millóns de traballadores. Do 11 ó 15 de Abril XXXV Congreso de la UGT en Madrid, co lema “UGT, o Sindicato”. Nicolás Redondo reelixido secretario xeral. Do 11 ó 16 de abril, VII Congreso da CNT en Bilbao. Celébrase o 1º de Maio con lema unitario de UGT e CC.OO, de POLA PROPOSTA SINDICAL PRIORITARIA. XUNTOS PODEMOS. Do 4 ao 6 de maio celébrase en Madrid o XVII Congreso das “Juventudes Socialistas de España”, que elixe a José María Crespo Lorenzo como Secretario Xeral e a  Rafael García como Secretario de Organización. No Coruña ten lugar a celebración do V Congreso da UGT de Galicia dende o día 1 ó 3 de xuño. Suso Mosquera, reelixido secretario xeral. Do 9 ó 11 de novembro, XXXII Congreso do PSOE, celebrado en Madrid. Presidente Ramón Rubial; Felipe González secretario xeral.

  • O 12 de xaneiro, dimite Alfonso Guerra como Vicepresidente do Goberno. O 4 de febreiro, acordo entre UGT, CC.OO. e o Ministro de Traballo e Seguridade Social, Luís Martínez Noval, para a aplicación do subsidio agrario. Do 8 ó 10 de febreiro celébrase en Santiago o VI Congreso do PSdeG-PSOE. O informe de xestión apróbase co 91% dos votos dos delegados. Antolín Sánchez Presedo resulta reelexido secretario xeral co 74,5% dos votos. Asisten ó Congreso 189 agrupacións. O 13 de marzo, quinto goberno socialista de Felipe González. Celébrase o 1º de Maio cos lemas: POLO PROGRESO SOCIAL (lema da UGT); UNHA PROPOSTA SINDICAL POLO EMPREGO (lema de CC.OO.); POLO EMPREGO E O PROGRESO SOCIAL (lema conxunto). O día 26 de Maio celébranse en España eleccións municipais.l UGT e CC.OO.  convocan unha ondada de mobilizacións para todo o mes de maio no sector público, que se inicia o 13 ca folga de IBERIA e os paros de RENFE. Mobilizacións  que culminarán o día 24 nunha grande manifestación para protestar pola situación dos convenios colectivos nestas empresas. O 17 de xuño, o plan de competitividade do goberno (rebautizado como”Pacto Social de Progreso”) é rexeitado pola UGT. En outubro, Congreso do Partido dos Traballadores (dirixido por Santiago Carrillo), que decide disolverse  para integrarse no PSOE. Do 9 ó 11 de novembro, XXXII Congreso do PSOE. O 2 de decembro, Manifestación en Santiago de Compostela, de UGT, CC.OO., CIG e tódalas organizacións agrarias contra a crise e o paro, e pola reindustrialización, baixo o lema “Todos por Galicia”. Asistiron 30.000 persoas. Do 4 ó 7 de Decembro, V Congreso de Comisións Obreiras. Do 19 ó 22 de decembro, XIII Congreso do Partido Comunista de España.

  • En xaneiro, incorporación ó PSOE dos militantes do “Partido de los Trabajadores” (dirixido por Santiago Carrillo). En marzo, 18 días de “marcha negra” dos mineiros de Ponferrada (León)  a Madrid. O 3 de abril, apróbase o Decreto de “Medidas urxentes sobre fomento do emprego e protección por desemprego”, coñecido como “decretazo” que se impuxo sen consultar a ningún dos órganos tripartitos de regulación e control, nin sequera o Consello Xeral do INEM. Celebrase o 1º de Maio baixo o lema conxunto de UGT e CC.OO ¡EQUIVOCANSE! ASI NON E POSIBLE. O 28 de maio, folga xeral de media xornada. A principal causa foi a protesta contra o coñecido como decretazo. Nicolás Redondo estivo en Lugo o día 26, lugar onde concluíu as reunións cos delegados de UGT celebradas en toda España para preparar a xornada de folga. O día 23 de outubro asínase o Acordo Xunta-Sindicatos, un pacto social para Galicia, asinado polos secretarios xerais de UGT, CC.OO, e CXTG-INTG.

  • En abril, Congreso de Unificación entre Euskadiko Esquerra e o Partido Socialista de Euskadi (PSOE). Celébrase o 1º de Maio baixo o lema conxunto de UGT e CC.OO. SEN EMPREGO NON HAI FUTURO. O 6 de xuño, Eleccións Xerais. O PSOE gaña por cuarta vez consecutiva, obtén 159 deputados e 96 senadores. En xullo, sexto goberno socialista de Felipe González. Celébrase o XVIII Congreso das “Juventudes Socialistas de España”, no que resulta elixido Juan Bouza Mera como Secretario Xeral, Antonio Fernández Preciado Vicesecretario Xeral, Marta Benlloch García Vicesecretaria Xeral, e Miguel Franco Carnero Secretario de Organización e Administración. O día 2 de setembro constitúese a Comisión Territorial de Formación  Continua de Galicia.- O día 17 de Outubro celébranse eleccións ó Parlamento Galego.

  • O 27 de xaneiro, folga xeral contra a reforma laboral. É a terceira realizada precisamente contra un goberno socialista presidido por Felipe González. A consecuencia da crise da PSV, UGT hipoteca todo o seu patrimonio. Do 7 ó 10 de Abril, celébrase en Madrid o 36 Congreso da UGT. Cándido Méndez é elixido secretario xeral, substituíndo a Nicolás Redondo. Celébrase o 1º de Maio co lema conxunto de UGT e CC.OO., de POLO EMPREGO E A SOLIDARIEDADE. O día 12 de Xuño celébranse eleccións ó Parlemento Europeo. VI Congreso da UGT de Galicia celebrado en Santiago entre os días 15 e 17 de xuño. Suso Mosquera reelixido secretario xeral. Do 5 ó 6 de Outubro, primeira visita a Galicia de Cándido Méndez como Secretario Xeral. Durante a súa estancia visitou as cidades de Vigo, Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol e A Coruña. Celébrase en Santiago o VII Congreso do PSdeG-PSOE. Francisco Vázquez volve a ser elixido secretario xeral, e Abel Caballero Presidente, nunha executiva que recibe o 57,6% dos votos dos delegados. O 19 de novembro constitúese a “Federación Galega de Alimentación Bebidas e Tabacos” da UGT de Galicia. Manuel Ferreiro Mosquera resulta elixido secretario xeral.

  • O 2 de febreiro os grupos parlamentarios do PSOE, PP, IU e CIU firmaron en Toledo o denominado “Pacto de Toledo”, para o mantemento do sistema de pensións. O 29 de Abril celébrase en Madrid un Congreso Extraordinario da UGT que reelixe a Cándido Méndez como secretario xeral, cerrándose unha crise aberta trala dimisión de tres membros da Executiva Confederal, Gustavo Gardey, Dionisia Muñoz e José Luís Daza. Celébrase o 1º de Maio baixo o lema conxunto de UGT e CC.OO., de POLO EMPREGO, A NOSA FORZA GARANTIZA OS TEUS DEREITOS. O día 28 de Maio celébranse eleccións municipais.

  • O 6 de xaneiro, UGT, CC.OO., CEOE e CEPYME, chegan a  un acordo, no contexto do diálogo social, sobre a “Solución Extraxudicial de Conflictos Laborais” e que entrou en vigor o 11 de febreiro. O día 3 de Marzo celébranse eleccións ás Cortes Xerais, con victoria do Partido Popular e chegada de José María Aznar ó Presidencia do Goberno. Celébrase o 1º de Maio baixo o lema conxunto de UGT e CC.OO. de O PRIMEIRO O EMPREGO. O 15 de maio preséntase un documento conxunto de UGT-CC.OO. “Polo emprego estable e con dereitos” que abre formalmente o Diálogo Social. Celébrase o XIX Congreso das “Juventudes Socialistas de España”, que elixe a José Manuel Caballero Serrano como Secretario Xeral e a Xavier Cardo i García como Secretario de Organización e Administración (en 1998 sería sustituido por Antoni Llorens i Mateu). Campaña “Pola dignidade dos empregados públicos”, contra a conxelación salarial ós empregados públicos a que seguiu unha cadea de mobilizacións que se iniciarían o 15 de outubro e finalizarían o 11 de decembro con unha xornada de folga e manifestacións nas grandes cidades.

  • O 8 de xaneiro iníciase o Diálogo Social. UGT e CC.OO. presentan un documento conxunto sobre as súas propostas para debater coa patronal. Do 1 ó 2 de marzo celébrase en A Coruña o VIII Congreso do PSdeG-PSOE. Francisco Vázquez é reelexido secretario xeral co 86% dos votos dos delegados. Concorren ó Congreso 308 agrupacións locais. O 16 de marzo, en Bruxelas, tivo lugar  a primeira “euromanifestación” da historia comunitaria, polo emprego e contra a desigualdade social en Europa, contra “a UE dos ricos”, convocada polas dúas centrais sindicais maioritarias belgas na que participou UGT. O 28 de abril, UGT, CC.OO., CEOE e CEPYME firman un Acordo para a Estabilidade do Emprego e a Negociación Colectiva. Celébrase o 1º de Maio co lema conxunto de UGT e CC.OO, AGORA EMPREGO ESTABLE. O 27 de setembro celebrouse o congreso constituinte da Federación Nacional de Transporte, Comunicación e Mar (FNTCM) da UGT de Galicia, que elixe a Carlos Álvarez Muñoz como secretario xeral, e a Ignacio Pérez Calzado secretario de organización e administración. O día 19 de Outubro celébranse eleccións ó Parlamento Galego.

  • Do 11 ó 14 de marzo celébrase o 37 Congreso Confederal da UGT. Cándido Méndez é reelixido como secretario xeral. VII Congreso da UGT de Galicia celebrado en Santiago de Compostela entre os días 23 e 25 de abril. Suso Mosquera é reelixido secretario xeral. Celébrase o 1º de Maio baixo o lema conxunto de UGT e CC.OO, POLO EMPREGO E A SOLIDARIEDADE, 35 HORAS. O 10 de outubro celébrase en Ourense un Congreso Extraordinario do PSdeG-PSOE, no que Emilio Pérez Touriño resulta elixido novo secretario xeral co apoio do 61,5% dos votos dos delegados. O 23 de outubro tivo lugar o I Congreso da Federación Nacional de Transporte, Comunicacións e Mar (FNTCM) da UGT de Galicia, que elixe secretario xeral a Ignacio Pérez Calzado, e a Santiago Lamas Piñón secretario de organización.

  • O 20 de febreiro celebrouse na Coruña o Congreso Constituinte da FIA-UGT de Galicia, sendo elexido secretario xeral Juan Fernández García, e Carlos Oliva Castelló secretario de organización. O 16 de decembro, concentración diante do Congreso dos Deputados, convocada por UGT e CC.OO. para esixir melloras económicas e sociais para os desempregados. Esta mobilización forma parte da campaña “Máis subsidio, máis emprego”, que ambos sindicatos levaron a cabo no conxunto do país para reclamar dereitos e solidariedade coas persoas en paro. Celébrase o 1º de Maio baixo o lema conxunto de UGT e CC.OO., PAZ E DEREITOS. O día 13 de Xuño celébranse eleccións ó Parlamento Europeo. Celébrase o XX Congreso das “Juventudes Socialistas de España”, que elixe a José Manuel Caballero Serrano como Secretario Xeral, a Bartos Javier Cañete Cámara Vicesecretario Xeral, e a Herick M. Campos Arteseros Secretario de Organización e Administración.

  • O 26 de xaneiro, UGT presenta  a campaña “Garantía para todos de emprego e protección”, coa súa valoración da primeira lexislatura do PP e as propostas do sindicato para mellorar o emprego e a protección social. O 14 de decembro, os empregados públicos secundaron unha folga xeral convocada polos Sindicatos da Función Pública para esixir que o Goberno, entre outras reivindicacións, non aplique a subida salarial para 2.001 do 2%, cando a inflación do 2.000 está en el 4,1%. Celébrase o 1º de Maio co lema conxunto de UGT e CC.OO., TRABALLAR PARA VIVIR. O 8 de Outubro celébrase en Santiago o IX Congreso do PSdeG-PSOE. Emilio Pérez Touriño é reelexido secretario xeral co 69% dos votos dos delegados. Celébrase o XXI Congreso das “Juventudes Socialistas de España”, que elixe a Herick M. Campos Arteseros como Secretario Xeral e a Laura Seara Sobrado como Secretaria de Organización e Acción Electoral (sería substituída por Raúl Santiago García en xuño de 2002). Laura Seara e a segunda representante de Galicia na dirección das Xuventudes Socialistas en España, xa que o primeiro foi Jaime Quintanilla en 1910. No mes de decembro Pablo Iglesias é nomeado Fillo Predilecto do Concello de Ferrol.

  • Celébrase o 1º de Maio baixo os lemas de PORQUE SEN EMPREGO DIGNO NON HAI FUTURO (lema da UGT), POLO EMPREGO ESTABLE , SEGURO E CON DEREITOS (lema conxunto de UGT e CC.OO.) O día 21 de Outubro celébranse eleccións ó Parlamento de Galicia.

  • Do 13 ó 16 de marzo celébrase en Madrid o 38º Congreso Confederal da UGT, sendo reelixido Cándido Méndez como Secretario Xeral. Celébrase en Santiago o VIII Congreso de UGT – Galicia durante os días 11, 12, e 13 de Abril, baixo o lema de “Traballo con Dereitos”, e coa reelección de Suso Mosquera como secretario xeral. Celébrase o 1º de Maio co lema conxunto de UGT e CC.OO. MELLORA DA PROTECCION POR DESEMPREGO, XA. O 22 de xuño celebrouse o II Congreso da Federación Nacional de Transportes, Comunicación e Mar (FNTCM) da UGT de Galicia, que elixe secretario xeral a Ignacio Pérez Calzado, e a José Antonio Gómez secretario de organización. O 29 de xuño celebrouse no Barco de Valdeorras (Ourense) o II Congreso da FIA-UGT de Galicia, reelixindo a Juan Fernández García como secretario xeral, e a Carlos Oliva Castelló secretario de organización.

  • O 13 de febreiro celébrase un Comité Nacional extraordinario da Federación Nacional de Transporte, Comunicacións e Mar (FNTCM) para remodelar a composición da Comisión Executiva, sendo elixido José Antonio Gómez Gómez novo secretario xeral, e María Rosa Cores Reino, secretaria de organización e administración. Celébrase o 1º de Maio co lema conxunto de UGT e CC.OO., POLA PAZ E O EMPREGO, NON A GUERRA. O día 23 de maio celébranse eleccións municipais. Celébrase o XXII Congreso das “Juventudes Socialistas de España”. Herick M. Campos Arteseros resulta elixido Secretario Xeral, Rafael Velasco Sierra Vicesecretario Xeral (substituido por Susana Díaz en marzo de 2004), Araceli Martínez Esteban Vicesecrataria Xeral (sería logo substituída por Sergio Gutiérrez Prieto), e Raúl Santiago García López, Secretario de Organización e Acción Electoral.

  • O día 14 de marzo teñen lugar eleccións as Cortes Xerais, con victoria do PSOE e chegada de José Luís Rodríguez Zapatero á Presidencia do Goberno. Celébrase o 1º de Maio co lema conxunto de UGT e CC.OO.,  CONSTITUCION EUROPEA PARA A PAZ, O PLENO EMPREGO E O BENESTAR. NON Ó TERRORISMO. O día 13 de xuño celébranse eleccións ó Parlamento Europeo. Os días 16, 17 e 18 de xullo, celébrase en Santiago o X Congreso do PSdeG-PSOE, baixo o lema de “Agora Galicia”. Emilio Pérez Touriño foi reelixido secretario xeral, nunha executiva que recibiu o 90% dos votos dos delegados. O 18 de novembro celébrase o III Congreso da Federación Nacional de Transportes, Comunicacións e Mar (FNTCM) da UGT de Galicia, elixindo secretario xeral a Emilio Baamonde López, e secretaria de organización a María Rosa Cores Reino.

  • O día 20 de febreiro ten lugar o referendo sobre a Constitución Europea. Do 1 ó 4 de xuño, e como lema de “Traballo e Progreso. Mobilizándonos polos cambios”, celébrase en Madrid o 39º Congreso Confederal da UGT, que reelixe a Cándido Méndez como Secretario Xeral. UGT celebra o 1º de Maio baixo o lema MAIS EMPREGO ESTABLE, MELLOR PROTECCION SOCIAL. Do 30 de xuño ó 2 de xullo, celébrase en Santiago o 9º Congreso da UGT de Galicia, José Antonio Gómez Gómez resulta elixido novo secretario xeral. O 21 de outubro celebrouse en Santiago de Compostela o I Congreso Ordinario da FES-UGT de Galicia, que elixe a Ernesto Fontanes Blanco como secretario xeral, e a José Manuel Carreira García secretario de organización. O 3 de decembro celebrouse na Coruña o III Congreso da FIA-UGT de Galicia, que reelixe como secretario xeral a Juan Fernández García, e a Carlos Oliva Castelló secretario de organización.

  • UGT celebra o 1º de Maio baixo o lema POLA PAZ. EMPREGO ESTABLE EN IGUALDADE. O 21 de novembro ten lugar unha reunión extraordianria do Comité Nacional da FNTCM-UGT de Galicia para remodelar a comisión executiva, sendo elexido secretario xeral Emilio Bahamonde López, e secretario de organización José Manuel Fernández Pontigo.

Ano 1850Ano 1886Ano 1887Ano 1888Ano 1889Ano 1890Ano 1891Ano 1892Ano 1893Ano 1894Ano 1895Ano 1896Ano 1897Ano 1898Ano 1899Ano 1900Ano 1901Ano 1902Ano 1903Ano 1904Ano 1905Ano 1906Ano 1907Ano 1908Ano 1909Ano 1910Ano 1911Ano 1912Ano 1913Ano 1914Ano 1915Ano 1916Ano 1918Ano 1917Ano 1919Ano 1920Ano 1921Ano 1922Ano 1923Ano 1925Ano 1926Ano 1927Ano 1928Ano 1929Ano 1930Ano 1931Ano 1932Ano 1933Ano 1934Ano 1935Ano 1936Ano 1937Ano 1938Ano 1939Ano 1943Ano 1944Ano 1945Ano 1946Ano 1947Ano 1948Ano 1949Ano 1950Ano 1951Ano 1952Ano 1953Ano 1954Ano 1955Ano 1956Ano 1957Ano 1958Ano 1959Ano 1960Ano 1961Ano 1962Ano 1963Ano 1964Ano 1965Ano 1967Ano 1968Ano 1969Ano 1970Ano 1971Ano 1973Ano 1974Ano 1975Ano 1976Ano 1977Ano 1978Ano 1979Ano 1980Ano 1981Ano 1982Ano 1983Ano 1984Ano 1985Ano 1986Ano 1987Ano 1988Ano 1989Ano 1990Ano 1991Ano 1992Ano 1993Ano 1994Ano 1995Ano 1996Ano 1997Ano 1998Ano 1999Ano 2000Ano 2001Ano 2002Ano 2003Ano 2004Ano 2005Ano 2006

Nota:


Esta cronoloxía, elaborada en base ós fondos documentais do noso Arquivo Histórico e á bibliografía depositada na nosa Biblioteca Especializada, non é un traballo acabado, pois iranse incorporando datos, como resultado de novas investigacións da Fundación, a medida que estas vaian avanzando, xa que a Fundación ten iniciados novos proxectos sobre o socialismo en Galicia durante o século XX. Acontecementos máis recentes, relacionados coa UGT e o socialismo galego están a ser igualmente obxecto de estudio, clasificación e concreción e os seus resultados iranse incorporando progresivamente.

Mantente ao día!

Recibe toda a información das nosas actividades, novidades editoriais ou da nosa revista CLARIDADE actualizada e ao día.

Accede ás nosas redes sociais

Coa colaboración de: