LA UGT DE VIGO. UNA APROXIMACION HISTÓRICA (1898 – 1998)

Antonio Manuel Chaves Cuiñas
Magnífico achegamento á UGT e o movemento sindical vigués dende os seus inicios en 1.892 ate 1.936, coa figura de Enrique Heraclio Botana como referente central do relato. Nela fálase da visita de Pablo Iglesias a Vigo en 1894; das organizacións e asociacións obreiras, das publicacións, das loitas, da Casa do Pobo, da grande forza do socialismo vigués naqueles anos, da acta de ocupación da casa do pobo por parte de garda civil o 2 de Agosto de 1.936, do testamento olígrafo de Enrique H. Botana na cárcere de Vigo o 25 de agosto, e da acta da súa execución o día 27, xunto con outros feitos e documentos. Unha obra de Antonio Manuel Chaves Cuiñas, Graduado Social, escritor e documentalista, con prólogo de José Barreiro Somoza, profesor titular de Historia Económica da Universidade de Vigo.

10,00€ PVP