OUTORGADOS OS PREMIOS DA LUÍS TILVE 2016

No acto de entrega dos Premios Luís Tilve 2016, que presidíu Fernando González Laxe,: José Antonio Gómez Gómez, Salvador Fernández Moreda, Álvaro Ansias Bacelar, Carmen Avendaño Otero, Ana Romero Masiá, Tareixa Navaza González, Mª Xosé Rodriguez Galdo e Roxelio Pérez Poza; este acordou facer públicas as propostas premiadas na edición do ano 2016, que son as seguintes: O premio Traballo Digno desta edición é outorgado ó Movemento de Renovación Pedagóxica Escola Viva, pola súa contribución, dende 1983, á formación do profesorado e á mellora do sistema educativo. O Premio Acción Solidaria outórgase á Plataforma Galega de Afectados pola Hepatite C, polo seu compromiso e labor na consecución do tratamento e a súa inclusión no Sistema público de saúde, así como o seu apoio e servizos ó colectivo afectado, velando polo cumprimento do Plan Estratéxico contra a Hepatite C do Ministerio. O premio Defensa do Medio Ambiente e dos Bens Comúns, recaeu na Asociación Galega do Patrimonio Industrial, polo seu traballo de investigación, defensa e divulgación do Patrimonio Industrial Galego. O premio Investigación e Divulgación Histórica, recalou no historiador Luís Lamela García, pola súa extensa traxectoria, dende 1987, na investigación e recuperación da memoria histórica en Galicia, fronte o esquecemento e o silencio. Achegando ás novas xeracións un coñecemento necesario para saber do noso pasado, comprender o noso presente e evitar cometer os mesmos erros no futuro. O acto público de entrega dos premios terá lugar en Santiago de Compostela o vindeiro día 29 xuño, xoves, nun lugar e hora aínda por concretar.