PRECARIEDADE LABORAL EN GALICIA

Xavier Carro Garrote

Unha análise precisa da situación do mercado laboral en Galicia pouco antes das eleccións autonómicas do 2005, cos problemas do emprego e a precariedade como aspecto central.

Propostas para facer fronte ao problema a través da negociación colectiva, da corrección e cambios nas modalidades de contratación, no sistema de subcontratacións, na normativa que regula a actividade das empresas de traballo temporal, con capítulos referidos ao servizo público de emprego, aos servizos de orientación profesional, é formación ocupacional, e intermediación entre demandantes e ofertantes de emprego, entre outros aspectos de notable interese.

Un traballo de utilidade indubidable para os responsábeis sindicais, directivos de empresas e xestores das administracións públicas nos seus diversos niveis.

O autor foi secretario de acción sindical na executiva de UGT-Galicia e na actualidade e Deputado polo PSdeG-PSOE nas Cortes Xerais. Presentación de Roxelio Pérez Poza e Prólogo de Xesús Mosquera Sueiro.

5,00€ PVP