Presentación do libro “As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia” en Ourense
A Fundación Luís Tilve presentará a súa nova publicación “As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia”, gañadora do Premio de Investigación e Divulgación Histórica 2010, o vindeiro mércores 15 de febreiro en Ourense.
O acto terá lugar no Liceo de Ourense (R/ Valentín Lámas Carbajal, 5) a partir das 20 horas, e contará coas intervencións do Secretario Xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez Gómez; do Secretario Xeral de UGT-Ourense, José Luís Fernández Celis; e do autor, o historiador Emilio Garrido Moreira.
O libro recolle, a través de multitude de documentos consultados, os periplos de Pablo Iglesias pola súa terra natal, os contactos con líderes obreiros locais que irían configurando o organigrama do futuro movemento obreiro en Galicia, as problemáticas que foron encontrando os traballadores para a súa organización, entre outros datos que nos mostran unha Galicia de entre séculos necesitada de cambios. O texto recolle as “visitas” que Pablo Iglesias realizou entre 1892 e 1915.