Presentación en Culleredo de “Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra”.

O venres 16 de marzo de 2012, ás 20:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (R/ Ramón Cabanillas, 14, O Burgo-Culleredo), preséntase a nova publicación da Fundación: “Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ao servizo da República”.

No acto, os autores, Ana Romero Masiá e Carlos Pereira Martínez, gañadores por esta investigación do Premio de Investigación e Difusión Histórica 2011, estarán acompañados polo Presidente da Fundación Luís Tilve, Jesús Mosquera Sueiro; e a Concelleira de Cultura de Culleredo, Alicia Ferreiro Varela. A presentación estará tamén amenizada coa participación de dúas alumnas do Conservatorio de Culleredo.

Os libros poderán mercarse no propio acto grazas a colaboración da librería A Libreira.