A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
Xaime Quintanilla Martínez. Vida e obra dun socialista e galeguista ó servizo da República:
En agosto de 1936 fue asesinada una de las más destacadas personalidades del panorama político e cultural gallego del primer tercio del siglo XX, el médico y alcalde ferrolano, Xaime Quintanilla Martínez. Con esta biografía se da a conocer más de cerca a este hombre genial, polifacético y comprometido, que como político supo combinar tres aspiraciones que debían confluir en una Galicia nueva: el republicanismo como forma de gobierno; el socialismo como sistema económico y social; y el nacionalismo como base de identidad de un pueblo que aspiraba a gobernarse a si mismo.

Os autores:

Ana Romero Masiá (Santiago de Compostela)
Licenciada en Historia y Arte por la Universidad de Santiago y Catedrática de Geografía e Historia. En la actualidad es profesora en el Instituto Monte das Moas de la Coruña y se dedica a la historia contemporánea de Galicia, destacando entre sus últimas publicaciones: A Coruña liberal 1808-1874: a loita polas liberdades a través da documentación municipal (2005); O Orballo da igualdade: asociacionismo feminino progresista na cidade da Coruña (2005); Severino Chacón: líder sindical do mundo do tabaco (2003); Germinal: Centro de Estudios Sociais (cultura obreira na Coruña, 1902-1936) (2003); Republicanismo coruñés: aproximación histórica e selección documental 1868-1936 (2001); Salgadeiras e conserveiras de pescado en Galicia: evolución histórica e o traballo das mulleres (2000);  A Fábrica de tabacos da Palloza: producción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas (1997).
 
Carlos Pereira Martínez (Montevideo)
Licenciado en Geografía e Historia, por la Universidad Nacional de Educación a Distancia (U.N.E.D.). Profesionalmente es Historiador del Ayuntamiento de Culleredo. Es miembro, entre otras instituciones, del Consejo Rector de la Fundación Instituto de Estudios Políticos e Sociais; do Ateneo Republicano de Galicia; y ex vicepresidente da Asociación Cultural Estudios Históricos de Galicia. En los últimos años ha publicado: O Orballo da igualdade: asociacionismo feminino progresista na cidade da Coruña (2005); Germinal: Centro de Estudios Sociais (cultura obreira na Coruña, 1902-1936) (2003); Asociacionismo e movemento obreiro en Oleiros (1900-1936) (2002); A Cultura en Culleredo na IIª República: o “Ateneo de la Villa de Rutis” (2001); Anxo Senra Fernández. Vida e obra (1999); Fábrica de Armas de A Coruña. Seis décadas de historia (1998); O que fixeron en Galicia. 1936 (1998); Historia das parroquias de Sésamo e Sueiro (1998).


Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España