A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
CLARIDADE. Nº 12. A empresa pública.:
A revista Claridade segue abordando os problemas de Galicia e da súa sociedade, cun novo número que cumpre a docena, pese a non vivir momentos doados para seguir adiante con publicacións como esta. Neste número se pon en valor "o público", o que é de todos, como filosofía e como valor a recuperar, para facer fronte, con máis eficacia, ós gravísimos problemas cos que nos atopamos, froito da política económica que nos impoñen dende Bruselas. O número non só aborda os problemas e os analiza, senón que tamén pretende aportar solucións. ISSN: 1886-3639 Pax: 88. Prezo: 6 €
 
1. Recuperámola empresa pública como instrumento de política económica no marco actual de crise?
Ramón Núñez Gamallo
2. A empresa pública en Galicia.
Manoel Barbeitos Alcántara.
3. Reducción do público, síntoma de desigualdade.
Roberto García González.
4. A modernización do sistema ferroviario en Galicia.
Xaime Barreiro Gil.
5. O ave e a política de transportes en Galicia.
Cándido Rodríguez Graña.
6. O sector público naval de Galicia.
Manuel García González.
7. ALCOA: Do público ó privado.
Pedro González Sordo.
8. GEA: Nin empresa pública, nin privada.
Manuel Daveiga Miranda.
9. Atención pública sanitaria minguante.
Xavier Martínez Fente.
10. A recesión da igualdade.
Mª Carme Brea Iglesias.
11. Momento actual da mocidade galega.
Bibiana Calvo Ares.
12. A mocidade hoxe: Unha xeración perdida?
F. Xavier Quintas Ferreño.
13. A.C.-D.C. Somos europa para o que nos interesa.
Amelia Fraga Mosquera
14. Os novos emigrantes galegos: mozos e sobradamente preparados.
Rocío Botana Iglesias.
15. Baltasar Garzón Real. Xuíz.
Xesús Mosquera Sueiro.
16. Luís Soto Fernández, o paradigma dun mestre comprometido.
Xurxo Martínez González.
17. As viaxes de Pablo Iglesias por Galicia.
18. Xaime Quintanilla Martínez.
Xesús Mosquera Sueiro.

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España