A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS

CLARIDADE 10. O sindicalismo agora.
O novo número de Claridade aborda un problema de calado como é a necesidade do sindicalismo nun momento como o actual, a súa importancia para a defensa dos traballadores e o seu papel de futuro.
El ferrocarril en Galicia. Una opción de futuro.
Autor: Miguel A. Pavón Rodríguez. Edita: Fundación Luís Tilve. ISBN: 978-84-95773-18-0 PVP: 15€
Juan Tizón Herreros. El pensamiento hecho palabra.
AUTOR: Juan Tizón Herreros, Raúl Solleiro Mella, Rosa Mª López González. EDITA: Fundación Luís Tilve ISBN: 978-84-95773-17-3
Prezo: 10 € 
Salgadeiras e conserveiras de Pescado en Galicia. Evolución histórica e o traballo das mulleres
AUTOR: Ana Romero Masiá, Xosé Alfeirán Rodríguez. Edita: FAYT-UGT-Galicia. ISBN: 84-607-0242-1 PVP: 8 €
Claridade Nº 9: Economía somerxida e paraisos fiscais
Este número da revista claridade aborda as causas e consecuencias deste mal endóxeno, aportando posíbeis solucións. Tamén contén numerosos artigos de opinión da realidade galega.
Memorias. Ricardo Pérez Medín.
Autor: Ricardo Pérez Medín, Xoan Xosé García López, Rosa Mª López Gonzalez et al. Edita: Fundación Luís Tilve ISBN: 978-84-95773-16-6
PVP: 5 €
120 anos do 1º de Maio en Galicia
120 anos do 1º de Maio en Galicia Autora: Rosa María López González Edita: Fundación Luís Tilve ISBN: 978-84-95773-15-9
 
PVP: 9 €
Apuntes para a historia do asociacionismo pontevedrés: 1882-1936
Autora: Natalia Fraguas Fernández  Edita: Fundación Luís Tilve  ISBN: 978-84-95773-10-4
 
Precio: 10 €  
"Unións Agrarias: o sindicato con raices (1933-2008)
Redacción e Documentación: Roxelio Pérez Poza, Manoel Barbeitos Alcántara, Rosa María López González. ISBN 978-8495773-14-2
PVP: 6 €
"Os congresos galegos das organizacións socialistas (1904 - 1936)"
Autor: Xesús Mosquera Sueiro Edita: Fundación Luís Tilve
PVP: 3 €

Anterior          1 2 3 4 5 6           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España