A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS

"ENERXÍAS ALTERNATIVAS"
Unidade Didáctica : Enerxías Renovables. Autora: Ana Muradas Couselo Edita: Fundación Luís Tilve.
"ALFONSO ORTEGA PRADA. MEMORIAS"
Alfonso Ortega Prada / Pilar Ortega González e Francisco X. Redondo Abal (Edición e notas). "Alfonso Ortega Prada foi secretario do Concello de A Veiga (Ourense) en xullo de 1.936...
PVP: 8 €
"15 XUÑO 2001. FOLGA XERAL"
Emilio Garrido Moreira

A descrición dun dos acontecementos laborais máis relevantes en Galicia no inicio do novo século. Os antecedentes da folga, o contexto no que se produciu e o seu alcance nunha...

PVP: 5 €

"EMIGRACIÓN E RETORNO. Xornadas Marzo do 2006"
VV.AA.

Obra na que se recollen os relatorios expostos nas xornadas sobre emigración e retorno que tiveron lugar en Santiago de Compostela....

PVP: 3 €

"CRÓNICA DE 25 ANOS: FETE-UGT de Galicia (1980 - 2005)"
Roxelio Pérez Poza, Guillerme Pérez Agulla

Un relato pormenorizado e ameno sobre a reorganización e desenvolvemento da FETE en Galicia ao longo da "Transición democrática"...

PVP: 12 €

"APROXIMACION AL SINDICALISMO FERROVIARIO EN GALICIA: La Compañía del Norte"
Fermín Avellaneda Vázquez

O libro é un reflexo da paixón do autor polo tema, e aporta valiosa información sobre o ferrocarril en Galicia dende os seus inicios no último...

PVP: 4 €

"PRECARIEDADE LABORAL EN GALICIA"
Xavier Carro Garrote

Unha análise precisa da situación do mercado laboral en Galicia pouco antes das eleccións autonómicas do 2005, cos problemas do emprego e a precariedade como aspecto central...

"25 ANOS DE UGT-GALICIA: Comprometidos co presente e sementando futuro (1979 - 2004)"
Roxelio Pérez Poza, Emilio Garrido Moreira

Unha crónica de indubidable valor histórico que condensa os acontecementos e o...

PVP: 12 €

"ESTUDIO SOBRE A SITUACIÓN LABORAL DA COMARCA DE FERROL, EUME E ORTEGAL"
Manuel Barbeitos Alcántara, Coord.

Un traballo da Fundación Luís Tilve no que participaron numerosos especialistas nos temas tratados, dirixidos e coordinados polo...

PVP: 4 €

"INFORME SOBRE LA CONVERGENCIA DE GALICIA CON LAS REGIONES EUROPEAS"
Olga Crespo Sánchez e Mar Alfonsín Madrigal

Un rigoroso estudio sobre a situación de Galicia en relación con outras rexións da Unión Europea a partir do seu PIB, dos seus parámetros...

PVP: 3 €

Anterior          1 2 3 4 5 6           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España