A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS

"PRECARIEDADE LABORAL EN GALICIA"
Xavier Carro Garrote

Unha análise precisa da situación do mercado laboral en Galicia pouco antes das eleccións autonómicas do 2005, cos problemas do emprego e a precariedade como aspecto central...

"25 ANOS DE UGT-GALICIA: Comprometidos co presente e sementando futuro (1979 - 2004)"
Roxelio Pérez Poza, Emilio Garrido Moreira

Unha crónica de indubidable valor histórico que condensa os acontecementos e o...

PVP: 12 €

"ESTUDIO SOBRE A SITUACIÓN LABORAL DA COMARCA DE FERROL, EUME E ORTEGAL"
Manuel Barbeitos Alcántara, Coord.

Un traballo da Fundación Luís Tilve no que participaron numerosos especialistas nos temas tratados, dirixidos e coordinados polo...

PVP: 4 €

"INFORME SOBRE LA CONVERGENCIA DE GALICIA CON LAS REGIONES EUROPEAS"
Olga Crespo Sánchez e Mar Alfonsín Madrigal

Un rigoroso estudio sobre a situación de Galicia en relación con outras rexións da Unión Europea a partir do seu PIB, dos seus parámetros...

PVP: 3 €

"SEVERINO CHACÓN: Líder Sindical do Mundo do Tabaco"
Ana Romero Masiá

Apaixonante e minuciosa biografía dun dirixente sindical exemplar na Coruña de comezos do século XX. Canteiro, socialista...

PVP: 10 €

"VICTOR FRAIZ: Vida e asasinato dun mestre exemplar"
Emilio Garrido Moreira

Un libro intenso, forte, escrito con paixón e con cariño. Trátase certamente da biografía dun home e dun mestre exemplar, máis...

PVP: 8 €

"MANUEL MAROÑO CALVO: Maroño o boó"
Dolores Vieites Torreiro

O fío da exposición da biografía deste loitador, comprometido e íntegro, tipógrafo, destacado organizador sindical e dirixente...

PVP: 4 €

"MUJERES RURALES: Mano de obra cautiva"
María Isabel Rodríguez Giadás

Un libro que reborda forza e vida, quizá debido ao método de investigación empregado. Tras referirse ao marco teórico dos procesos...

PVP: 3 €

"UGT-CORUÑA: O fogar das esperanzas"
Emilio Garrido Moreira

Un amplo relato que vai dende o nacemento das primeiras organizacións vinculadas á UGT na cidade, a chegada da II República, o Frente Popular,...

PVP: 8 €

"AS MISTEIRAS CORUÑESAS: Loita e asociacionismo na Fábrica de Fósforos (1871 - 1936)"
Ana Pose Romero PVP: 4 € 

Excelente traballo sobre as caracterásticas e problemas dun colectivo de traballadoras da Coruña, as populares misteiras, as mulleres que compoñían a maioría do cadro...

Anterior          1 2 3 4 5 6           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España