A Fundación “LUÍS TILVE” é unha institución con carácter de Fundación cultural privada, recoñecida como tal pola Consellería de Cultura e Xuventude (D.O.G. de 22 de abril de 1991) e declarada de interese galego por Orde do 1 de abril de 1991 da Xunta de Galicia (D.O.G. do 13 de maio de 1991). A Fundación constitúese en Santiago de Compostela o día 9 de outubro de 1989, a partir da idea do, nese momento, Secretario Xeral de UGT-Galicia, Suso Mosquera, quen consideraba fundamental o estudio histórico dos movementos sociais, sindicais, políticos e culturais contemporáneos, así como a conservación da documentación que obraba en poder do sindicato ou que puidera chegar a el. Obxecto e finalidade da Fundación A Fundación ten entre os seus obxectivos, definidos nos seus propios estatutos: Fomentar o coñecemento e o espallamento da Cultura Sindical. Axudar ó estudio e á investigación da historia dos sindicatos, e en particular da UGT en Galicia. Axudar ó estudio e á investigación do Sindicalismo e da súa problemática na sociedade galega de hoxe. Contribuír ó estudio e á investigación da emigración e a inmigración galegas. Contribuír á formación, no seu lato significado, dos responsables e dirixentes sindicais, en orde a favorecer o mellor cumprimento da súas responsabilidades específicas. Contribuír á formación da clase traballadora, tanto dende o punto de vista laboral como dende unha perspectiva profesional, incluíndo a do profesorado en exercicio. Ser depositaria dos Arquivos Histórico e Documental da UGT de Galicia. Custodiar, ordenar e manter a Biblioteca da UGT de Galicia. Facilitar ós estudantes e investigadores de cuestións relacionadas con este obxecto fundacional o seu labor. Elaborar e subministrar información sobre tódolos temas que signifiquen un progreso para a clase traballadora. Promover os valores do traballo digno, as accións solidarias e a defensa do medio ambiente e dos bens comúns. Fomentar o estudo e a investigación no ámbito das ciencias sociais, históricas e xurídicas, par ao mellor cumprimento dos fins antes salientados. Dende a súa creación a Fundación Luís Tilve traballa pola difusión da cultura galega, concretando o seu campo na recuperación da memoria histórica do País galego preferentemente no mundo laboral, e ao mesmo tempo convocando actos de completa actualidade no seu momento para a análise da realidade social que envolve a Galicia dende distintas ópticas. De feito un dos proxectos presentes nos seus obxectivos dende a súa constitución é o contacto cos centros galegos da emigración, para non deixar no esquecemento aos nosos cidadáns, que por diversas causas tiveron que emigrar lonxe da súa terra. Para acadar todos estes obxectivos a Fundación ven formulando dende a súa creación diversas actividades que conforman a columna vertebral da súa existencia: Organizar cursos, conferencias, congresos, symposiums, conversas e sesións de estudio e investigación arredor de temas e problemas sindicais, laborais, industriais e sociais. Redactar, editar, subvencionar e distribuír folletos, monografías e toda clase de publicacións de información, formación e divulgación de temas relacionados co mundo sindical, laboral, industrial e social. Realizar exposicións monográficas arredor de aspectos e temas laborais, industriais, sociais e sindicais. Subscribir acordos ou convenios con diferentes institucións públicas, ou entidades privadas. Relacionarse con outros Arquivos e Fundacións que poidan aportaren documentos de interese en relación co obxecto e finalidade fundacional. Calquera outra actividade que a Xunta do Padroado estime conveniente para o cumprimento do obxecto fundacional.
                                  fundación luis tilve              
          ____________________________________________________________________________

 Avda. Cruceiro de A Coruña, 22 Baixo. 15705 - Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf:  981 58 54 90                                                              Fax:  981 56 68 30

fluistilve@hotmail.com                                   fluistilve@fundacionluistilve.com

Coñecenos
conocenos fundación luis tilve
Centro documental
centro documental fundación luis tilve
CATÁLOGO DE PUBLICACIÓNS

"ANÁLISIS SOCIOECONÓMICO DEL COOPERATIVISMO TEXTIL GALLEGO"
Mar Iglesias Criado, Coord.

Unha destacada contribución para o fortalecemento do tecido empresarial galego en xeral e do manufactureiro téxtil en particular,...


"PLAN ESTRATÉGICO DE FORMACIÓN EN EL SECTOR TEXTIL GALLEGO I. Necesidades de formación, evolución de profesiones/puestos y diseño de planes formativos"
Mar Iglesias Criado, Coord. Publicación que resume o magnífico traballo de investigación levado a cabo ao longo ...
"PLAN ESTRATÉGICO DE FORMACIÓN EN EL SECTOR TEXTIL GALLEGO II. Perfiles profesionales reales/ideales y programaciones/ especificaciones técnico-docentes"
Mar Iglesias Criado, Coord. A publicación recolle as conclusións elaboradas tomando como base os resultados ...
"LA UGT DE VIGO. UNA APROXIMACION HISTÓRICA (1898 - 1998)"
Antonio Manuel Chaves Cuiñas Magnífico achegamento á UGT e o movemento sindical vigués dende os seus inicios en 1.892 ate 1.936, coa figura de Enrique Heraclio Botana como referente central do relato.
PVP: 10 €
"A SAÚDE NA DOCENCIA. Análise das baixas do ensino público non universitario da provincia de Pontevedra (1980-1992)"
Carlos Teijeiro Agra, Raúl Gómez Farto, Guillermo Meijón Couselo...et al. No curso 80/81 as baixas médicas acadaron o 6,9% do persoal docente na provincia de Pontevedra.
PVP: 3 €
"A FÁBRICA DE TABACOS DA PALLOZA. Produción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas"
Ana Romero Masiá A medida que pasa o tempo, aumenta o interese e o valor deste libro, polo seu carácter de auténtico documento histórico. Dende a súa creación en 1.806 ...
PVP: 8 €
"HISTORIA DA UGT DE FERROL E COMARCA (1.890 - 1972)"
Manuela Santalla López No marco dunha ampla exposición das liñas de actuación e características da UGT no conxunto de España, a autora relata o nacemento da UGT de Ferrol en Xaneiro do 1.892 ...
PVP: 9 €
"OS DESAFÍOS ECONÓMICOS DE GALICIA"
Fernando González Laxe Un certeiro diagnóstico da economía galega e os seus principais desafíos, exposto polo autor que une nesta obra as súas facetas como profesor, político, estudoso e home comprometido,...
PVP: 3 €
"O TRANSPORTE MARÍTIMO GALICIA-EUROPA. Consideracións sobre a viabilidade do Europorto"
Carlos Álvarez Muñoz, Coord. Ponencias e debates das xornadas celebradas para abordar esta cuestión, tal vez precursores do novo porto de A Coruña...
PVP: 4 €
"FERROL: LOS SUCESOS DE MARZO DE 1.972"
Manuela Santalla López Trátase dunha "unidade didáctica" orientada ás aulas de Ensino Medio, nos seus diversos niveis, pero de indubidable interese xeral ...
PVP: 3 €

Anterior          1 2 3 4 5 6           Siguiente

 

Fundación Luis Tilve - Santiago de Compostela. A Coruña. Galicia. España