15 XUÑO 2001. FOLGA XERAL

Emilio Garrido Moreira

A descrición dun dos acontecementos laborais máis relevantes en Galicia no inicio do novo século. Os antecedentes da folga, o contexto no que se produciu e o seu alcance nunha sociedade galega que se achegaba ao fin dun ciclo político, o que perfilaba un horizonte novo. Unha reflexión sobre as consecuencias das políticas neoliberais, sobre a unidade sindical e sobre o feito da folga xeral como medio de presión na sociedade actual, xunto a descrición do cúmulo de factores que inflúen e condicionan a posta en práctica da expresión máxima da capacidade de presión das organizacións sindicais.

5,00€ PVP