A Fundación Luis Tilve
entrega os seus premios

Ao longo do seu percorrido, a Fundación Luís Tilve, promoveu diversos premios encamiñados a estimular a investigación e a recuperación da Memoria Histórica, así como da historia do movemento obreiro e os seus persoeiros, coa pretensión de rescatar do esquecemento a labor dos nosos devanceiros, verdadeiros culpábeis do noso benestar, grazas ao seu esforzo por transformar as utopías en realidade; sendo conscientes de que os pobos que non lembran a súa historia e aprenden dela, están condenados a repetir os mesmos erros.

 

Unha vez canalizadas estas actuacións, nas que seguimos traballando dende a Fundación hoxe en día, quixemos iniciar unha nova etapa alá polo 2006, agrupando os premios nunha única convocatoria e centrando o interese en cuestións máis actuais pero tamén acordes cos intereses da clase traballadora e dos galegos.

 

En consecuencia convocamos e creamos os “Premios Luís Tilve”, compostos de catro apartados:

TRABALLO DIGNO

ACCIÓN SOLIDARIA

DEFENSA DO MEDIOAMBENTE E DOS BENS COMUNS

INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN HISTÓRICA