A FÁBRICA DE TABACOS DA PALLOZA. Produción e vida laboral na decana das fábricas coruñesas

Ana Romero Masiá
A medida que pasa o tempo, aumenta o interese e o valor deste libro, polo seu carácter de autentico documento histórico. Dende a súa creación en 1.806, a vida da fábrica e o traballo das cigarreiras transcorre o longo dun dilatado período no que se suceden relevantes acontecementos políticos e profundos cambios sociais e económicos. Na actualidade, a fábrica, con partes de indubidable valor arquitectónico, leva algúns anos pechada. Nunha grande parte do solar que ocupa está previsto construír vivendas. O parlamento acaba de aprobar unha lei antitabaco. Certamente, a través dos cerca de 200 anos de vida, a fábrica da Palloza foi un referente incuestionable na historia do sindicalismo coruñés, mais tamén da propia cidade, e aínda de Galicia. O libro describe a fábrica, pero tamén as cigarreiras, cas súas demandas, a súas loitas e conquistas. A obra contén fotos inéditas e conta cunha presentación de Blanca Uruñuela, membro da executiva confederal e exsecretaria xeral da Federación de Alimentación, Bebidas e Tabacos da UGT. Un traballo admirable da historiadora Ana Romero Masi

8,00€ PVP