A Fundación asina un novo Convenio coa Consellería de Cultura para mellorar a súa presenza na Rede de BibliotecasA Fundación Luís Tilve ven de asinar un novo convenio coa Consellería de Cultura, Educación e Universidade co que se renova a súa integración na Rede de Bibliotecas de Galicia, que xa se formalizara no 2009.
Con este novo convenio asegúrase o acceso ós recursos compartidos da Rede de Bibliotecas a través dun novo Sistema Integrado de Xestión Bibliotecaria, que permitirá a interconectividade técnica e semántica, cun software acorde ós estándares necesarios para o intercambio e acceso á información por parte da cidadanía, mellorando a consulta da nosa colección bibliográfica, considerada pola Consellería “única, tanto pola súa especialización como pola súa calidade”, xa que conserva numerosas publicacións e xornais procedentes da clandestinidade e do ámbito sindical e político difíciles de atopar en moitas bibliotecas. Deste xeito a Fundación poderá acrecentar a súa colaboración na recuperación, conservación e dispoñibilidade pública do seu patrimonio bibliográfico galego, así como da documentación de interese histórico para Galicia, garantindo a súa conservación e difusión. A Consellería comprométese tamén a prestar apoio técnico para acadar servizos bibliotecarios de calidade e a promover accións formativas destinadas á profesionalización e especialización dos nosos técnicos.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénanse no teu navegador e realizanse funcións tales como recoñecer cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
As cookies estrictamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permite mellorar a nosa web.
¡Por favor, activa primeiro as cookies estrictamente necesarias para que poidamos gardar as túas preferencias!