APROXIMACION AL SINDICALISMO FERROVIARIO EN GALICIA: La Compañía del Norte

Fermín Avellaneda Vázquez

O libro é un reflexo da paixón do autor polo tema, e aporta valiosa información sobre o ferrocarril en Galicia dende os seus inicios no último terzo do século XIX, centrándose no nacemento do asociacionismo e sindicalismo ferroviario, coa “Unión Ferroviaria”, con Monforte e A Coruña como grandes referentes, ate o comezo da Guerra Civil e a posterior ilegalización e represión.

Tamén aporta unha ampla relación dos perfís biográficos dos principais dirixentes sindicais ferroviarios daqueles anos, recordando que “a algunos de los datos que se reflejan en éste trabajo, no se encuentran en los archivos ni en las hemerotecas.

Ha sido preciso recurrir a la memoria viva, a los recuerdos, en ocasiones dolorosos, de hombres y mujeres que vivieron aquellos hechos y situaciones…”.

O autor é Diplomado en Relacións Laborais e Director de Recursos Humanos de ADIF na zoa noroeste. Presentación de Roxelio Pérez Poza e Prólogo de José Javier Cubillo.

4,00€ PVP