ARQUIVO HISTÓRICO DO MOVEMENTO OBREIRO
O Arquivo Histórico do Movemento Obreiro encárgase de recuperar, recibir, conservar e difundir a documentación xerada polas organizacións obreiras de Galicia, sendo depositaria dos fondos de UGT e do PSdeG-PSOE, ademais de preservar outros fondos documentais de organizacións socialistas (PSG, PSP, JJSS, USO) ou de dirixentes das mesmas, así como de movementos sociais e outras entidades sindicais ou políticas, en menor medida.
Os máis de 500 metros lineais de documentación son tratados seguindo as distintas normativas arquivísticas, especialmente a NOGADA (Norma Galega de Descrición Arquivística), en base ás indicacións do Servizo Técnico da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, como arquivo integrado no Sistema de Arquivos de Galicia e no Censo-Guía de España e Iberoamérica (ES.15078.AFLT).
Este importante Patrimonio Documental Galego (recoñecido como tal no artigo 50 da Lei de Arquivos e documentos de Galicia), supón un medio de información fundamental para o estudo da historia social e política da nosa comunidade autónoma dende finais do século XIX ata a actualidade. Por elo, sumado ós proxectos de investigación e á biblioteca, o Arquivo supón un laboratorio de historia social de Galicia ó servizo dos historiadores, estudantes e cidadáns en xeral.
Acceso á documentación
Os fondos do Arquivo se poden consultar a través do Sistema de Descrición Arquivística, DIGIARCH, pertencente á plataforma dixital do Sistema de Arquivos, Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia, o cal permite, grazas ó protocolo de recolección de metadatos OAI-PMH, elaborar repositorios compartidos coas plataformas: Hispana, Europeana e Archives Portal Europe.
Os usuarios poderán ter acceso a documentación sempre que sexa por razóns xustificadas, como a investigación. Así o recolle a Lei de Patrimonio Histórico Español no artigo 52.3 onde di que se “habrá de permitir el estudio por los investigadores, previa solicitud razonada de estos”. O acceso poderá limitarse, segundo a lexislación vixente, para aqueles documentos que conteñen datos ou información que, pola súa consulta pública poidan lesionar os dereitos doutras persoas ou colectivos.
Servizos
Horario e contacto
- información
- xestión documental
- consultas e préstamos
- formación e asistencia técnica
- difusión cultural e educativa
- reprografía e dixitalización
- biblioteca auxiliar
Horario e contacto
O horario de atención ó público é de 9:30 a 14:00 de luns a venres.
Rogamos soliciten as consultas presenciais con antelación. Para pedir a mesma ou requirir calquera outra información pode dirixirse a:
arquivo@fundacionluistilve.com
ou chamar ó teléfono 981 585 490
Fondos Documentais
- UGT-Galicia
- Unións Comarcais de UGT
- FTA (Federación Agroalimentaria)
- CHTX (Federación de Comercio, Hostalería, Turismo e Xogo)
- FIA (Federación de Industrias Afíns)
- FES (Federación de Servicios)
- FSP (Federación de Servicios Públicos)
- FETE (Federación de Traballadores do Ensino)
- FTCM (Federación de Transportes, Comunicacións e Mar)
- MCA (Federación do Metal, Construción e Afíns)
- UU.AA. (Unións Agrarias)
- Unión de Xubilados
- UPTA (Unión de Profesionais e Traballadores Autónomos)
- Sindicalismo Internacional
- CIOSL
- CES
- Consello Sindical Interrexional Galicia-Norte de Portugal (CSI)
- SOG (Sindicato Obreiro Galego)
- USO (Unión Sindical Obreira)
- Sindicato Vertical – AISS
- JOC (Juventud Obrera Cristiana)
- Outros Sindicatos
- PSdeG-PSOE
- XX.SS. (Xuventudes Socialistas)
- PSG (Partido Socialista Galego)
- PSP (Partido Socialista Popular)
- Outros Partidos
- Carteis
- Fondo Sonoro
- Fondo Oral
- Fondo Audiovisual
- Fondo Fotográfico
- Outros materiais
- Fondos persoais
- Sociedades Obreiras (anteriores a 1939)
- Sociedades Agrarias (anteriores a 1939)
- Sociedades Mariñeiras (anteriores a 1939)
- Sociedades de Mestres (anteriores a 1939)
- Xurídico (Consellos de Guerra, Exptes. Responsabilidades Políticas)
- FeSP-UGT (Federación de Empregados dos Servizos Públicos)
- FICA-UGT (Federación de Industria, Construción e Agro)
- FeSMC-UGT (Federación de Servizos, Mobilidade e Consumo)



Doazóns
Un dos obxectivos da Fundación é o de recuperar e recompilar a documentación relacionada co movemento obreiro en Galicia, por elo, agradecemos calquera doazón ou cesión documental que se poida facer tanto dende o ámbito persoal como asociativo, evitando a súa perda e garantindo a súa conservación, de tal xeito que non quede no esquecemento a labor de moitos homes e mulleres na loita polas liberdades democráticas.
Toda doazón ou cesión de material documental será rexistrada e subscrita mediante documento (modelo documento doazón). Ditos documentos levarán expostos no seu respectivo expediente o nome do doante, quen terá dereito ó seu acceso sempre que o solicite, garantíndoselle a conservación e coidado de dita documentación, así como información de calquera uso que se faga coa mesma.
Finalmente, a Fundación Luís Tilve quere agradecer as cesións e doazóns xa realizadas por moitos dirixentes sindicais e políticos (Relación doantes) que contribúen a mellorar o coñecemento do noso pasado.