AS ENTIDADES FINANCIEIRAS E O SEU PAPEL NO DESENVOLVEMENTO DE GALICIA
Luís Caramés Vieitez, Coord.
Unha cuestión vital para as empresas, para os traballadores e para Galicia. O libro recolle as ponencias e conferencias expostas nas xornadas celebradas baixo o mesmo título, así como os coloquios e debates a que deron lugar. Interveñen altos directivos das catro principais caixas de aforro de entonces (Caixa Galicia, Caixa Ourense, Caixa Pontevedra e Caixa Vigo), para tratar do Sistema Financeiro, Economía Galega e Papel das Caixas de Aforro. A súa vez, altos directivos do Banco Pastor, do Banco Gallego e do Banco Simeón, tratan sobre o papel da banca rexional. O representante do Banco Central Hispano e diversos profesores universitarios, tratan sobre as Sociedades de Capital Risco. O representante do Banco de Crédito Local trata sobre o papel da Banca Pública. Destacados profesores universitarios abordan o mercado único, a integración en Europa, a converxencia, etc. Unha ampla representación de dirixentes de FEBASO-UGT modera e participa nos debates. Un libro que polos seus contidos, e a relevancia dos ponentes, cobra valor coa perspectiva do tempo. Prólogo de Fernando González Laxe e discurso de Clausura de Manuel Fraga Iribarne. Coordinación das xornadas e dos contidos do libro Luis Caramés Vieitez, Catedrático de Facenda Pública da Facultade de Económicas de Santiago.
5,00€ PVP