Clasificación e descrición de documentos das organizacións obreiras en Galicia

A Xunta de Galicia colaborou cunha axuda no proxecto da Fundación “Clasificación e descrición de documentos das organizacións obreiras en Galicia”, o que permitiu desenvolver novos traballos arquivísticos que supuxeron o tratamento de 40 caixas de documentación procedente das organizacións obreiras galegas dende o ano 1908.


A documentación tratada foi descrita e integrada, para a consulta dos cidadáns, na plataforma da Rede de Arquivos de Galicia: Galiciana.

Arquivo Dixital:
http://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/es/inicio/inicio.do