COMUNICACIÓN DE MASAS E SOCIEDADE GALEGA. Contexto, variables e tendencias para comprender os medios de comunicación

Vicente González Radío

Un libro que pretende transmitir a importancia dos medios de comunicación de masas na vida política e nas relacións sociais, e polo tanto na de cada cidadán, máis se cabe na Galicia de entón. De xeito esquemático, sinxelo e comprensible para os non especialistas, abórdanse aspectos tan importantes como a información de masas na sociedade actual, a dimensión internacional da información, dos medios de comunicación e da opinión pública, os creadores e difusores de información, a prensa e a súa estrutura e poder, con importantes e curiosos anexos sobre a difusión da prensa en Galicia naqueles anos. O autor é sociólogo, xornalista e profesor de socioloxía na Facultade de Socioloxía da Universidade de A Coruña. Prologo de Antón Saracábar, quen destaca: “…un libro de estas características es de gran interés no solamente para periodistas y sociólogos, sinó también para todos aquellos sindicalistas que en su trabajo cotidiano se relacionan con los medios de comunicación para dar una trascendencia pública a sus reivindicaciones y a sus opiniones”.

3,00€ PVP