CONVOCADOS OS PREMIOS FUNDACIÓN LUIS TILVE 2016

O pasado día 21 de xuño de 2016 o Padroado da Fundación Luís Tilve acordou convocar os “Premios Luís Tilve 2016”, na que será a decimo primeira edición dos Premios na súa modalidade actual. Os premios serán catro, denominados: “TRABALLO DIGNO”, “ACCIÓN SOLIDARIA”, “DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E DOS BENS COMÚNS” e “INVESTIGACIÓN E DIVULGACIÓN HISTÓRICA”. Irán destinados a persoas, asociacións ou entidades que merezan ver destacado o seu traballo e premiada a súa labor, como exemplo e factor de estímulo positivo diante da comunidade galega, en relación ós valores que se pretende impulsar.