A Fundación Luís Tilve ten entre os seus fins a recuperación da historia do movemento obreiro en Galicia e, intrínseco a elo, a memoria das persoas que formaron parte destas organizacións. Esta recuperación adquire un cariz de necesidade, especialmente, no que se refire ás persoas represaliadas pola ditadura franquista, moitas delas esquecidas e cunha traxectoria sindical e política silenciada polo medo e a persecución. Non debemos omitir que se trata dun colectivo que se veu oprimido dende o seu nacemento, a finais do século XIX, sendo acosado ó longo da historia contemporánea en diversos períodos, especificamente tralo Golpe de Estado de 1936 que daría comezo á Guerra Civil e que en Galicia significou unha dura represión pese a no ser campo de batalla, dirixida moi particularmente á clase obreira. É por tanto unha obriga recuperar a súa Memoria.
Coa intención de cubrir este obxectivo, a Fundación propúxose levar a cabo un Dicionario Biográfico do Movemento Obreiro Socialista Galego, tomando como base os traballos xa iniciados pola Fundación Pablo Iglesias, co Diccionario Biográfico del Socialismo Español, de cuxo equipo de investigadores tamén forma parte Guillerme Pérez Agulla, en representación da nosa entidade, que se encarga da rexión galega. Sen embargo, a diferencia deste proxecto estatal, que se centra en membros do PSOE, a nosa iniciativa inclúe todo o ámbito socialista galego, incluíndo non só o marco político (PSG, PSdeG, PSP, MSG…) senón tamén o sindical (UGT, USO…).
Nunha primeira etapa, o Dicionario abarcou dende os inicios do movemento obreiro en Galicia ata 1975. Nesta fase resultou fundamental o apoio do Ministerio de Defensa, que asinou un convenio coa Fundación para permitir o acceso ós arquivos militares. Actualmente o proxecto ampliouse ó período da Transición.
Colabora co Proxecto
As persoas interesadas en colaborar coa elaboración deste dicionario poden facelo poñéndose en contacto con nós, axudándonos a completar a historia do socialismo galego e a recuperar a memoria das persoas que contribuíron a lograr os dereitos laborais e o Estado democrático dos que desfrutamos hoxe en día.
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénanse no teu navegador e realizanse funcións tales como recoñecer cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
As cookies estrictamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permite mellorar a nosa web.
¡Por favor, activa primeiro as cookies estrictamente necesarias para que poidamos gardar as túas preferencias!