El ferrocarril en Galicia. Una opción de futuro.

Miguel A. Pavon Rodríguez
Este traballo, editado pola Fundación Luís Tilve e promocionado pola Federación Nacional de Transportes, Comunicacións e Mar de UGT Galicia, está escrito dende a experiencia e dende a perspectiva de Galicia, achegando solucións interesantes. É un libro técnico, pero que tamén podería ser válido para a docencia, fronte a outros escritos non documentados, xa que intenta ser comprensible a tódolos lectores.


A obra prantexa solucións, realiza consideracións, tanto técnicas como económicas e de explotación, co obxectivo final de que o deseño do ferrocarril en Galicia sexa social, económicamente rentable e con perspectivas de futuro. O obxectivo é, por tanto, enriquecer a cultura ferroviaria en Galicia dende o punto de vista dun profesional do ferrocarril.


O libro consta de catro partes:
1.- Análise da situación actual.
2.- Análise da normativa aplicable e das peculiaridades de Galicia.
3.- Descrición das solucións a adoptar.
4.- Conclusións e necesidades

15,00€ PVP