FONDO FOTOGRÁFICO

O fondo fotográfico da Fundación Luís Tilve contén máis de 7.000 imaxes, tanto en papel como en dixital, que recollen a historia en instantáneas do movemento obreiro galego (manifestacións, congresos, conferencias, actos, mitins, folgas, reunións, entrevistas, firma de acordos, retratos de dirixentes, etc.). Organizado en coleccións fotográficas, en álbums e CDs, pero tamén nun programa de xestión documental informatizado de fotografías, xa que todo o fondo esta dixitalizado, este non deixa de crecer, engadindo tódolos anos novas imaxes que nos van chegando dende as entidades produtoras, a través de doazóns, ou froito de traballos de investigación.


As datas extremas van dende 1920 ata a actualidade. É por tanto unha fonte de moita utilidade para a historiografía actual, necesitada de material visual que engadir ás novas tecnoloxías e formas de comunicación. Tendo en conta esta necesidade, tamén destaca o fondo audiovisual, que se converteu nunha forma de comunicación cada día máis habitual nas organizacións obreiras.

Arquivo da Fundación Luís Tilve na Galiciana [Archivo Digital de Galicia]

 

ACCEDER

Mantente ao día!

Recibe toda a información das nosas actividades, novidades editoriais ou da nosa revista CLARIDADE actualizada e ao día.

Accede ás nosas redes sociais

Coa colaboración de: