FORO CLARIDADE
Entre as numerosas actividades de carácter público que realiza a Fundación ó longo do ano, cabe destacar o FORO CLARIDADE, un espazo de diálogo, en formato de mesas de debate, nas que se abordan os máis diversos temas relacionados coa realidade galega, coas súas problemáticas actuais, afrontando as súas causas e consecuencias, para chegar a expor algunhas posibles solucións. Preténdese así, contribuír ó coñecemento do noso presente de cara a mellorar o noso futuro.
O Foro, cuxa celebración se vai trasladando por diferentes localidades, a fin de levar o debate a tódolos cidadáns, pretende ser aberto a toda a sociedade e participativo, un lugar de encontro e de intercambio de ideas e opinións, que aporte ás diferentes perspectivas dos expertos, a fin de enriquecer as deliberacións. A temática escollida se enfoca a través de tres apartados lineais:
a) Exposición e descrición do tema, asunto ou problema;
b) Debate, reflexión e análise do mesmo;
c) Solucións, actuacións ou respostas que se propoñen a dita cuestión.
a) Exposición e descrición do tema, asunto ou problema;
b) Debate, reflexión e análise do mesmo;
c) Solucións, actuacións ou respostas que se propoñen a dita cuestión.
Coa intención de ofrecer un laboratorio de ideas á sociedade galega, o Foro compleméntase coa revista Claridade e cun Blog coa mesma denominación, cos que se pretende non só achegar o debate á cidadanía, senón tamén fomentar o mesmo na procura dunha comunidade aberta, informada, cunha actitude crítica e progresista, que impida o retroceso dos valores democráticos.
Foro Claridade
O blog da Fundación Luis Tilve.
Un espazo para reflexionar
Revista Claridade
A revista da fundación Luis Tilve
Na primavera do 2006, froito da inquietude da Fundación pola realidade galega e as súas problemáticas, nace a revista “Claridade”, coa vocación de ser un medio útil, ao servizo dos traballadores e do pobo galego, que sirva tamén á Fundación para conseguir os obxectivos polos que foi creada en 1989.
Quere ser unha publicación aberta e participativa que sume novos esforzos cada día. Pretende informar e abrir horizontes con coherencia e rigor. Sabemos que se fai camiño ao andar, e por iso nos esforzamos en que cada número supere ao anterior.