Hildegart na prensa socialista. Artigos

Moito se ten dito e escrito de Hildegart, da súa figura como personaxe tráxico, en novelas, obras de teatro, estudos, películas… pero poucas veces parámonos a escoitar a súa propia voz, os seus escritos e o seu pensamento. Esa é a intención deste libro, amosar á Hildegart descoñecida, a real, a propagadora e activista feminista, moi afastada da imaxe de vítima á sombra da súa nai. 79 artigos, da súa etapa máis activa, que nos mostra a unha muller libre e vivaz, que tivo a valentía de falar das pésimas condicións de traballo, da explotación infantil, da defensa dos animais, da lacra da guerra que facía das clases traballadoras “carne de cañón”, do prexuízo dos caciquismos, pero que sobre todo destacou pola defensa do feminismo dende un punto de vista moi vangardista apra a súa época, en sintonía coas correntes máis progresistas que estaban tendo lugar en Europa, avogando por conceptos como a educación sexual, a anticoncepción ou o divorcio, dos que era gran coñecedora a nivel internacional, publicando ensaios de relevancia como “La rebeldía sexual de la juventud”, “La educación sexual”, ou “El control de la natalidad”, e participando na constitución da “Liga para la reforma sexual”, da que era secretaria.


Hildegart Rodríguez Carballeira (Madrid, 09/12/1914 – Madrid, 09/06/1933).
Licenciada en dereito e xornalista, foi unha nena precoz que os 8 anos xa falaba seis idiomas e ós 17 converteuse na avogada máis moza de España, sendo membro da “Academia de Jurisprudencia y Legislación”. Ademáis de escribir artigos en diversos xornais daba conferencias por toda o territorio nacional.


 Francisco X. Redondo Abal (Introducción, compilación e notas)

Licenciado en Xeografía e Historia e bibliotecario da USC, é autor de diversos libros sobre a histórica contemporánea de Galicia e a represión.


Eliseo Fernández Fernández (Introducción, compilación e notas)

Diplomado en Biblioteconomía e Documentación, foi presidente do Ateneo Ferrolán. Entre as súas áreas de estudo e traballo destaca a clasificación de fondos arquivísticos e o estudo do anarquismo galego, o exilio, a represión, ou as bibliotecas obreiras. 

12€ PVP