HISTORIA DA UGT DE FERROL E COMARCA (1.890 – 1972)

Manuela Santalla López
No marco dunha ampla exposición das liñas de actuación e características da UGT no conxunto de España, a autora relata o nacemento da UGT de Ferrol en Xaneiro do 1.892, a partir da “Sociedad de Hierros y Metales de Ferrol”, constituída polos traballadores da construción naval do asteleiro da Graña. A obra percorre os anos de crecemento e expansión hasta chegar a ditadura de Primo de Rivera, a II República, a vitoria do Frente Popular, o alzamento militar, a guerra civil, a represión, os bens incautados ao sindicato, o longo período do exilio e da clandestinidade, hasta chegar os sucesos de 1.972, sobre os que autora elaborou un libriño, tamén publicado pola Fundación. Manuela Santalla é licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Barcelona, e doutora pola Universidade de Santiago. O libro conten ampla e interesante documentación: Datos de afiliación a UGT en España, Galicia e Ferrol en 1.931; facsímiles; selos de sociedades,composición das comisións executivas do sindicato dende o ano 1.888 hasta 1.986, todo un século, que vai dende Antonio García Quejido a Nicolás Redondo.

9,00€ PVP