Historia do Movemento Obreiro Socialista en Ourense (1895-1936):
Nesta obra, o autor describe minuciosamente a xénese e organización das primeiras sociedades obreiras da provincia de Ourense, facendo especial fincapé na inxente labor levada a cabo polos pioneiros do movemento obreiro na provincia, tales como José Verdes Montenegro, Heriberto Pérez Proenza ou, o tan querido, Manuel Suárez Castro -“Manoliño”, como era coñecido agarimosamente na cidade-, que lideraron a loita polos dereitos das clases máis populares, contribuíndo de forma decisiva á construcción dunha sociedade máis xusta e igualitaria, aínda a custe das súas vidas.
Francisco Javier Quintas Ferreño (Tui, 1979) é Licenciado en Humanidades e Master en Tic’s aplicadas a Educación pola USC. Investigador e Delegado da Fundación Luís Tilve en Ourense, tamén colabora como membro do Consello de Redacción da Revista Claridade. A súa labor como historiador céntrase no estudo dos movementos sociais e obreiros na provincia de Ourense, tendo publicado diversos artigos sobre a materia. A súa labor como docente tamén supón un valor engadido, como se pode ver neste libro, didáctico e de fácil lectura.
12,00€ PVP