Entre os meses de agosto e setembro de 2019, a Fundación puido continuar co seu proxecto de investigación sobre o movemento obreiro na comarca de Vigo, grazas a colaboración do Concello de Vigo, a través do programa de Fomento do Emprego 2019, o que permitiu, ademais, contribuír a mellorar a formación e a ocupación laboral da cidade. Nesta ocasión, abordouse o período que vai entre o ano 1928 e 1936, estudándose as máis diversas fontes en arquivos, bibliotecas, centros documentais, hemerotecas ou fondos persoais.
En canto ós traballos de campo, propiamente ditos, gran parte destes se levaron a cabo no Arquivo Municipal de Vigo e en distintas hemerotecas, continuando e rematando as liñas de investigación abertas e que aínda estaban pendentes, así como abrindo outras novas.
En total, obtivéronse e dixitalizáronse 2.536 documentos correspondentes ó período que vai entre xaneiro do ano 1.928 a marzo do ano 1.931, ambos incluídos. Toda esta documentación integrouse na base de datos realizada en anteriores actuacións, e na que están reflectidos os principais acontecementos, os líderes do movemento obreiro vigués e as asociacións, facilitando a súa localización e, en consecuencia, o seu estudo, de cara unha futura publicación das conclusións da investigación.
Continuase, deste xeito, unha investigación sobre a comarca de Vigo que esperamos poder rematar nos próximos anos, co que a cidade se verá enriquecida cunha nova publicación e un maior coñecemento da súa historia a disposición dos cidadáns. A temática é ademais sobre un tema que abarca a maioría da cidadanía, xa que se trata, en definitiva, da historia dos traballadores.
Coa colaboración de:
Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénanse no teu navegador e realizanse funcións tales como recoñecer cando volves a nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.
As cookies estrictamente necesarias teñen que activarse sempre para que poidamos gardar as túas preferencias de axustes de cookies.
Se desactivas esta cookie non poderemos gardar as túas preferencias. Esto significa que cada vez que visites esta web terás que activar ou desactivar as cookies de novo.
Esta web utiliza Google Analytics para recopilar información anónima tal como o número de visitantes do sitio, ou as páxinas máis populares.
Deixar esta cookie activa permite mellorar a nosa web.
¡Por favor, activa primeiro as cookies estrictamente necesarias para que poidamos gardar as túas preferencias!