Juan Tizón Herreros. El pensamiento hecho palabra.
Juan Tizón Herreros, Rosa María López González, Raúl Solleiro Mella.
O libro recolle a obra inédita e recuperada, de Juan Tizón, líder obreiro e alcalde de Monforte durante a II República, cuxas inquietudes literarias levárono a plasmar na escrita todas as súas vivencias, ideas e pensamentos, a través dos máis diversos xéneros. Deste xeito, o libro recompila: obras de teatro, contos, narracións biográficas, artigos e poemas. Todos eles marcados por unha preocupación social e a procura da mellora e benestar da clase traballadora. Moitos dos textos son anticlericais, utópicos, apolóxicos, pero o máis importante e que transportan ó lector a eses anos de esperanzas e ideoloxías, facéndoo comprender a época na que se escribiron. O libro complétase cunha extensa biografía que súmase a sentida narración que o propio autor fai do que foi a súa fuxida polos montes, ata Portugal, tralo Golpe de Estado franquista.