Lembranza a Secundino Couto Solla
Con esta obra os autores desexan brindar unha sentida homenaxe a Secundino Couto Solla, alcalde do Concello de Canedo (hoxe pertencente ó municipio de Ourense) durante a II República. A súa foi unha loita pola liberdade, o progreso e a democracia que a barbarie da Guerra Civil sepultou baixo un tupido velo de silencio, medo e resignación para o que o tempo é cumprido xa. Con esta biografía rescátase a memoria de quen un día deu o mellor de si mesmo para servir ós seus amigos e veciños, mostrando así o máis sincero dos agradecementos polo seu compromiso.
10,00€ PVP