LEMBRANZA A SECUNDINO COUTO SOLLA

O xoves 12 de abril de 2018, no barrio de Canedo (Ourense), rendiuse un merecido homenaxe ó alcalde republicano-socialista do antiguo concello de Canedo, Secundino Couto Solla, represaliado e perseguido por defender os seus ideais e ós seus veciños, cuxa memoria merece ser recordada e non silenciada pola barbarie.

 

O acto, que estivo organizado pola Secretaría de Memoria Histórica da Agrupación Socialista Provincial de Ourense, coa colaboración da Fundación Luís Tilve, contou coa intervención do Secretario Xeral da citada agrupación, Rafael Rodríguez Villarino, quen agradeceu á familia a súa presenza e colaboración e manifestou o sorprendente que é o feito de que unha figura como a de Secundino estivera esquecida, polo que a recuperación da súa memoria é un acto obrigado e merecido, de xustiza, así como a todas aquelas persoas que sufriron represión polo simple feito de defender os seus dereitos e os seus ideais; e que, como non podía ser doutra maneira, o tiña esa débeda con él, xa que se trata dunha persoa emblemática do socialismo ourensán.

 

A continuación falou o Secretario de Memoria Histórica e delegado da Fundación Luís Tilve en Ourense, Javier Quintas Ferreño, autor do libro editado pola Fundación que se presentou no acto e que recolle a biografía do alcalde. Quintas dibuxou o perfil de Couto: cantero, masón, socialista, republicano, que en 1899, con 26 anos, foi nomeado Secretario do PSOE de Ourense polo propio Pablo Iglesias. Como alcalde deixou un gran legado, “10 escolas, incrementou o número de médicos e ata instalou un servizo veterinario”, recordó Quintas.

 

Finalmente interveu a neta de Secundino, Hilde Couto Serantes, en nome da familia, cunhas sentidas e honestas verbas que lle puxeron o ton humano ó acto, que rematou cun video homenaxe e a firma de libros.

 

A publicación editada pola Fundación, “Lembranza a Secundino Couto Solla” pode adquirirse na páxina Web da Fundación, na Agrupación Socialista de Ourense, ou a través da nosa distribuidora: Galaxia.