ABRIMOS PROGRESIVAMENTE OS NOSOS SERVIZOS
Debido ó estado de alarma e ás medidas decretadas polas autoridades gobernamentais para tratar de frear a propagación do virus COVID-19, a Fundación Luís Tilve tivo que interromper o servizo de carácter presencial neste período, durante o cal seguimos traballando nos nosos proxectos e continuamos prestando servizo a distancia de forma electrónica, podendo contactarse con nós en horario de 09:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h. de luns a venres, por calquera medio dos establecidos na nosa páxina Web ou chamando ó teléfono 645 910 704. Non obstante, hai moitos servizos que, pola súa natureza, non se puideron prestar. Por elo, sempre priorizando a protección da saúde e a seguridade do noso persoal e dos nosos usuarios, en base á Orde SND/388/2020, de 3 de maio, pola que se establecen condicións para a apertura de arquivos; a Orden SND/399/2020, de 9 de maio; e a Orde SND/414/2020, de 16 de maio, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas trala declaración do Estado de Alarma en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade; a Fundación acordou comezar a abrir progresivamente os seus servizos:
O servizo de arquivo se realizará preferentemente por vía telemática, atendendo por orde de recepción calquera consulta. Non obstante, cando sexa absolutamente imprescindible, os usuarios poderán solicitar a consulta presencial mediante petición previa ó Arquivo.
Os ordenadores e medios informáticos destinados ó uso público dos usuarios non poderán ser empregados por estes, segundo indicación da Administración sanitaria, polo que estes terán que empregar os seus equipos e recursos persoais con conectividade á rede durante a súa estancia na sala de consultas.
Os documentos e materiais do Arquivo ós que teñan acceso os usuarios de maneira presencial quedarán en corentena durante un período mínimo de dez días antes de poder ser utilizados de novo.
Os usuarios que accedan ás instalacións da Fundación deberán adoptar as medidas adecuadas para protexer a súa saúde e a dos nosos traballadores, e evitar contaxios, así como cumprir as recomendacións das autoridades sanitarias, mediante o uso de mascarillas e mantendo a correspondente distancia interpersoal en calquera das nosas dependencias e espazos de uso público. Así mesmo, o Arquivo pon a disposición dos usuarios auga, xabón, toallas de papel desechables e solucións hidroalcohólicas.
A Biblioteca da Fundación recorrera principalmente ó servizo de préstamo e devolución, sen embargo permitirase o uso da sala de lectura cando o préstamo non sexa posible ou a súa consulta presencial sexa imprescindible, sempre e cando non se supere o aforo permitido. As obras serán solicitadas polos usuarios e proporcionadas polo persoal da Biblioteca. Unha vez consultadas, depositaranse nun lugar apartado polo menos durante catorce días, durante os cales non poderán ser utilizadas.
Os postos de consulta ou de lectura serán limpados e desinfectados cada vez que un usuario abandone o mesmo.
