MUJERES RURALES: Mano de obra cautiva

María Isabel Rodríguez Giadás

Un libro que reborda forza e vida, quizá debido ao método de investigación empregado. Tras referirse ao marco teórico dos procesos de globalización, a autora advirte que, logo, estes aplícanse en ámbitos locais e actividades concretas. Os efectos e as consecuencias os analiza estudando a realidade do sector do textil-confección en tres municipios do sur de Santiago: Boqueixón, Vedra e Teo. As súas conclusións, tomadas da experiencia local, adquiren, a súa vez, dimensión global. Axuda a comprender as necesidades e o perfil actual dese importantísimo sector de mulleres que viven nos concellos que rodean as principais cidades e vilas galegas, alternando traballos asalariados con tarefas agrícolas. Tamén se fai un estudo da situación familiar, da historia laboral, do traballo produtivo, do traballo reprodutivo, do tempo de ocio e das relacións sociais, da proxección persoal, do futuro, etc.

A autora, natural de Boqueixón, un dos municipios estudados, é Licenciada en Xeografía pola Universidade de Santiago. Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia e 3º Premio Nacional. Recibiu o Premio de Investigación Luís Tilve do ano 2000 por este traballo de investigación. Prólogo de Fernando González Laxe.

3,00€ PVP