O Concello de Vigo asina un convenio coa Fundación Luís Tilve para o fomento do emprego

A Fundación Luís Tilve asinou hoxe, nas dependencias municipais do Concello de Vigo, un convenio para o fomento do emprego na citada cidade. Na firma estiveron presentes o Presidente da Fundación, Jesús Mosquera, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero. Este convenio permitirá a contratación de dúas persoas para desenvolver proxectos de investigación e de recuperación do Patrimonio Documental.