“O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-1936)”:
O lector ten entre as súas mans a primeira investigación histórica publicada sobre o movemento obreiro socialista na provincia de Lugo. Un proxecto de varios anos, levado a cabo por un equipo de investigación, onde se pretende aproximar ó público a un fenómeno tan relevante e interesante como é a conformación do sindicalismo. Contextualizado na provincia de Lugo ó longo do primeiro terzo do século XX, este estudo ve incrementado substancialmente o seu valor polo gran traballo de recompilación que aparece no seu apéndice, no que entre outras cuestións, se pon nome e apelidos a moitos dos lucenses que se implicaron na consecución de melloras laborais e sociais dende unha vertente socialista, chegando a perder, en moitos casos, a propia vida. Neste contexto actual, máis que nunca se cabe, é unha obriga dar a coñecer esta historia e pola en valor.
A autora, Rocío Botana Iglesias (Teo, 1980), é Licenciada en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, nas especialidades de História Contemporánea, Estudos Américanos e Patrimonio Bibliográfico e Arquivístico. Na actualidade traballa no Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, no que está a realizar a súa tese doutoral. Autora e coautora de varias publicacións bibliográficas e artigos de revistas sobre os fluxos migratorios, esta monografía é a súa primeira achega ó estudo do movemento obreiro.
15,00€ PVP