O SINDICALISMO SOCIALISTA EN COMPOSTELA (1890 – 1936)
Emilio Garrido Moreira
Nesta obra, escrita polo Emilio Garrido, licenciado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, recóllense os feitos máis destacados do sindicalismo socialista en Compostela: o intenso período de folgas de 1890 – 1902; as primeiras sociedades de socorros mutuos e sociedades de resistencia; a creación do “Centro Obrero” en 1.891 e da Agrupación Socialista, a constitución da Federación Local de Traballadores de Santiago en 1.902; os canteiros, auténticos impulsores da ideoloxía socialista en Compostela; as loitas e reivindicacións nos comezos de século; a situación durante a Ditadura de Primo de Rivera e durante a República, a Unión Ferroviaria, a Unión General de Dependientes de Comercio, a Asociación de Traballadores do Ensino de Santiago; o sindicalismo socialista na comarca: Padrón, Teo, Ames, Noia, Porto do Son, Arzúa, Melide, Sobrado dos Monxes, Vilasantar, Santa Comba, Boqueixón, Vedra, Ordes; o perfil de trinta dirixentes do sindicalismo ugetista na Compostela de aqueles anos; a festa do traballo a través dos manifestos socialistas; o cadro cronolóxico de datas e feitos dende 1.888 a 1.939; un amplo apéndice documental. A presentación corre a cargo do profesor José Luís Crespo Garrido, exsecretario xeral da UGT compostelana.
8,00€ PVP