OFERTA DE EMPREGO DA FUNDACIÓN LUÍS TILVE DENTRO DO PROGRAMA DE FOMENTO DO EMPREGO 2019 DO CONCELLO DE VIGO

A Fundación Luís Tilve convoca dúas prazas na cidade de Vigo, en base ó progrma de Fomento do Emprego de entidades sen ánimo de lucro do Concello de Vigo. O perfil a contratar é o de Licenciados/as en Historia para traballos de investigación, estudo e recompilación documental. Os/as aspirantes deberán facer chegar ó correo fluistilve@hotmail.com, ademáis do seu currículo, copia escaneada do Certificado de empadronamento (terán que estar empadroados en Vigo con anterioridade o 1 de xaneiro de 2018), e da demanda de emprego (é requisito que estean inscritos como demandantes de emprego no SPEG). Para ver a información completa sobre a oferta de emprego consulte na páxina principal da nosa Web, na parte baixa da mesma, o apartado “Documentos de Interese” – “Oferta de emprego na cidade de Vigo”. O Concello de Vigo colaborou no financiamento dos gastos de contratación e fomento do emprego da Fundación Luís Tilve e, en xeral, da inserción laboral, o fomento do emprego, do asociacionismo e da participación cidadá. A Fundación Luís Tilve oferta dúas contratacións de Licenciado/a en Historia na cidade de Vigo. Máis información na páxina principal da nosa Web, no apartado “Documentos de interese”.