OS DESAFÍOS ECONÓMICOS DE GALICIA
Fernando González Laxe
Un certeiro diagnóstico da economía galega e os seus principais desafíos, exposto polo autor que une nesta obra as súas facetas como profesor, político, estudoso e home comprometido, concretando e propoñendo liñas de actuación sobre os grandes temas de fondo da economía galega. Un bo guión de prioridades para os que teñen responsabilidades nos diversos niveis das administracións públicas, nas empresas e no mundo laboral, así como para os xovens que aspiran a coñecer mellor Galicia e as súas necesidades. Fernando González Laxe é Doutor en Ciencias Económicas e Catedrático de Economía Aplicada da Universidade de A Coruña; foi Director Xeral de Ordenación Pesqueira, Presidente da Xunta de Galicia, Senador, membro das Asembleas Parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental e formou parte do equipo negociador de España na integración Comunitaria. Prólogo de Xesus Mosquera
3,00€ PVP